Lingua Galega
Feliz Día das Letras Galegas 2020!
O 17-5-2020 celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carballo (Carbalho) Calero.
Imos coñecelo...xogando!
Picade na seguinte imaxe e accederedes a un xogo en liña de retos varios.
Na páxina veredes esta imaxe, para comezar o xogo só teredes que picar no altofalante (rodeado cun círculo vermello na imaxe) e a enredar.
Cada reto superado é un número de recompensa (recordade ir anotando nun papel cada número conseguido), ao final do xogo necesitaredes todos eses números para descubrir a mensaxe segreda.
Animádesvos a superar cada reto e...descifrar a mensaxe segreda final?
Reto a reto...as Letras Galegas supero!
NON É UNHA FOLLA
Un conto cheo de maxín e amor escrito e contado por Mónica Pérez Rivera.
A xogar co maxín!
POEMAS CON CANELA
Picando na imaxe accederedes á lista de reprodución de vídeo-poemas musicados da canle A foliada dos Pícaros. Animádevos a gravar un dos poemas e envialo para o programa de Radio Balea, Festexamos: Día da Poesía 2020.CONTOS CONTADOS. KALANDRAKA TV
Kalandraka é unha editorial galega especializada en Literatura
Infantil e Xuvenil. Teñen un canal chamado Contos Contados nos que diferentes
persoeiros do mundo da cultura nos contan un conto.
Mirade e escoitade que marabillas e despois animádevos a
facer a ficha de Que me contas?
- Rosa Caramelo. Por Sandra Senra
- O pequeno indio. Por Paco Nogueiras
- A que sabe a lúa?. Por Bea Campos
- Que é ese becho? Por Paco Nogueiras
- O pirata valente. Por Loli Blanco e Helena García
CANTOS E CONTOS DESDE O POLEIRO. Mágin Blanco
Deixámosvos un vídeo que publicou no seu perfil de facebook o gran Magín Blanco, onde podedes escoitar a canción que escribiu en galego e gravou co seu móbil para todos/as nós.Disfrutade da súa letra e música e...BAILADE, BAILADE MOITO EN FAMILIA!
E despois de bailar, se non estades moi cansos animámosvos a escoitar e escribir a letra da súa canción; para rematar se nos enviades esas fermosas copias con debuxo ou debuxos feitos por vós publicaríamolos na pestana NÓS, coa vosa autorización. A escoitar, bailar e escribir!
Picade no título e accederedes ao vídeo.
TODO O DÍA NA CASIÑA
Lengua Castellana
Canle CLAN de RTVE. Este canal ofrece un espacio para aprender desde casa de 9 a 10 horas de lunes a viernes.
En el siguiente enlace accedereis a todos los capítulos emitidos diariamente.
Lunnis de leyenda. En el siguiente enlaxe accedereis a la página oficial de RTVE donde podéis ver algunos de los capítulos de los Lunnis que vimos en el cole.
Visitar esta página, hai muchos más capítulos por descubrir.
A vivir las aventuras de Don Quijote de la Mancha!
Lengua Castellana
Canle CLAN de RTVE. Este canal ofrece un espacio para aprender desde casa de 9 a 10 horas de lunes a viernes.
En el siguiente enlace accedereis a todos los capítulos emitidos diariamente.
Lunnis de leyenda. En el siguiente enlaxe accedereis a la página oficial de RTVE donde podéis ver algunos de los capítulos de los Lunnis que vimos en el cole.
Visitar esta página, hai muchos más capítulos por descubrir.
A vivir las aventuras de Don Quijote de la Mancha!
Ningún comentario:
Publicar un comentario