30.5.25

Aula sensorial primavera (1º E.P.)


 Traballamos a primavera na aula sensorial con diferentes actividades sendo a que máis lle gustou a de crear diferentes formas máxicas con xel, podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: primavera.

Aniversario Lector_Daniela 2ºB

Dentro do Programa Lectura e Familias recibimos á mamá de Daniela para compartir un conto con toda a clase co gallo do seu aniversario que será durante as vacacións do verán, concretamente o 8 de xullo. 

O conto que nos leron foi Una historia de dos bestias, de Fiona Roberton. 

Moitas gracias por vir e moitos parabéns por adiantado, Daniela. Unha aperta ben forte de tod@s nós. 




20.5.25

2ºA e 2ºB/3º_Encontro con Antón Cortizas

O escritor Antón Cortizas, mestre xubilado, mantivo un encontro coas aulas de 2ºA e 2ºB/3º de primaria para falar sobre o seu libro, "Os versos da mariola", incluído no Plan Lector das aulas.

Unha xornada entre libros, brinquedos de papel e xogos de palabras que tan ben argalla Antón. Ao tempo, asinou os exemplares do alumnado, da biblioteca e entregounos un fermoso agasallo en forma de libro, "Tenrura", tamén asinado polo autor.

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Agradecid@s a Antón pola súa amabilidade e bo facer, así como a Edicións Embora que nos facilitou o encontro.

Todo un éxito de xornada na nosa lingua, entre libros e brinquedos!

Festival das Letras 1º E.P.

 Actuación do alumnado de 1º E.P. coa colaboración da mestra de canto do conservatorio de Carballo e veciña de Malpica, Gloria Pardines, "San Hadrián é barqueiro".


17.5.25

2ºA_Festival das Letras 2025

Presentamos a nosa participación no Festival das Letras 2025 do CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños.

Atendendo ao Día das Letras Galegas, que homenaxea á poesía popular oral, ás cantareiras e pandeireteiras, a aula de 2ºA cantamos e contamos!

Grazas infindas a Tania, María, Suso e familias pola colaboración e participación para que a nosa actuación se materializara.

Valorando e preservando a nosa rica tradición oral e cultural, todos os días do ano.

Feliz Día das Letras Galegas!

15.5.25

2ºA_Natureza en Familia!

Conmemoramos o Día da Familia 2025 coas saídas, en familia, de cada un e cada unha de nós. Imaxes que forman parte do mural de centro, pechando o PDI que nos ocupou estes dous últimos cursos.

As imaxes falan por si soas, felices compartindo momentos en familia e se son na natureza... moito mellor!

Grazas familias, por compartir os vosos momentos con tod@s nós, e feliz día a todas!

12.5.25

2ºA_Galicómic: "Axolotes a lotes no Milladoiro"

Presentamos o noso cómic para o libro de produción propia de centro, Galicómic 2025, que garda relación co PDI.

Un cómic no que recollemos a nosa fascinación por un animal estraño e marabilloso: o axolote.

Ler para crer!

7.5.25

Aniversario Lector_Sara 2ºB

Seguimos celebrando aniversarios entre compañeiros/as coa lectura compartida de contos e a colaboración das familias. Hoxe tocoulle a Sara, que fai 8 aniños, e veu visitarnos a súa prima Isa. Leron para todos/as nós o conto Pápote a bicos, de Carmen Gil. 

Moitas grazas por vir e MOITOS PARABÉNS, SARA!! 




1.5.25

Aniversario lector_Rosalía 2ºB

Entramos no mes de maio celebrando o aniversario da nosa compañeira Rosalía. Desta vez achegouse a súa nai para compartir con tod@s nós o conto Rosalía y las verduras que no se comía, de Paula Merlán. Un conto escrito en verso moi interesante e divertido que nos gustou moito. 

Moitas grazas Rosalía e MOITOOOOSSS PARABEEEENNNS!!