Hoxe celebramos o Día do Libro cunha lectura polas rúas de Malpica e engadimos un pícnic saudable, con galletas de avea feitas pola clase de 1º e 2º E.P. e batido de froitas elaborado na clase de 1º E.P. Fumos ata o mirador da Atalaia, lugar que moitos nenos e nenas non coñecían, ata o porto, a fonte do Concello e a praia, unha gran xornada de lectura, onde tamén poidemos facer unha fotos preciosas que podedes ver premendo no seguinte enlace: Día do Libro.
23.4.24
Batido de froitas (1ºA)
O pasado luns acudimos a biblioteca para buscar o libro que queríamos baixar a ler as rúas de Malpica para o día do libro, pero tamén fomos a cociña a buscar nos seus libros que receita saudable podeíramos facer xa que a proposta deste ano de de celebración era "Lectura na rúa con picnic saudable". Non chegamos a un acordo polo que finalmente fixemos batidos de froita, algo que nos encantou xa que moitos deles non habían usado nuncha unha licuadora e ademais co que nos sobrou imos facer xeados de froitas. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Batido de froitas.
22.4.24
Merenda saudable: Galletas de avea
No día de hoxe o alumnado de 1º B e 2º de Primaria estivemos na aula de cociña elaborando unhas ricas e saudables galletas de avea que levaremos mañá de merenda durante a actividade LECTURA NA RÚA!, co gallo do Día do Libro.
Picade na imaxe para acceder á galería de fotos.
20.4.24
CROS (FINAL PROVINCIAL) Alexia
18.4.24
Búsqueda de obxectos
O pasado venres na clase de Ciencias da Natureza baixamos a buscar diferentes materiais ao patio e a psico, podedes ver as imaxes da xornada premendo no seguinte enlace: materiais.