28.5.21

2º_A Xanela do Maxín: A viaxe de Saira


As aulas de 2º e 3º de Primaria desfrutaron, no día de hoxe, coa representación en streaming de A viaxe de Saira de A Xanela do Maxín.

Agradecer a Celtia Figueiras a súa atención contactando con nós, facilitando o encontro en liña e protagonizando o mesmo fantasticamente.

Seguimos creando...experiencias culturais!

1°EP - LeoLab

Boas a todos e a todas!
O pasado xoves volvemos visitar o LeoLab para desfrutar e aprender co noso recuncho robótico e cos múltiples recursos dos que dispoñemos no centro. 

Pica na fotografía para ver máis imaxes no LeoLab.


20.5.21

Booktubers_2º de Primaria

Rematamos o Mes das Letras amosando o mural da entrada da aula que titulamos LEO LE, EU LEO. 

Cada neno/a elexíu un dos seus contos preferidos e gravou un pequeno video contando porque o recomenda. Tamén elaborou o seu propio cartel co que montamos este mural. 

Podedes ver os vídeos accedendo ao blog BOOKTUBERS. LEOLHE.

Premendo nesta imaxe do mural podedes ver o álbum de fotos.


 

18.5.21

Visita sorpresa en 2º de Primaria

Hoxe recibimos unha sorpresa moi agradable. A inesperada visita da que foi a nosa titora en 4º e 5º de Educación Infantil: a profe Vero.

Estivo un ratiño con nós falando no patio durante o recreo e logo achegouse á aula na Hora de Ler. Dounos un agasallo que nos encheu de ilusión e aproveitamos que estamos lendo O lapis de Rosalía para amosarlle o ben que lemos cada un de nós.

Grazas Vero. Volve pronto!


17.5.21

Coidemos a auga_2º de Primaria


O alumnado de 2º de Primaria queremos  contribuir a acadar algún dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 porque OUTRO MUNDO MELLOR É POSIBLE!

A escaseza de AUGA no planeta é un tema que nos preocupa. 4 de cada 10 persoas no mundo non teñen acceso á auga potable nin ao saneamento,  preucúpanos a contaminación dos mares e ríos…

Podemos e queremos pór en práctica no noso día a día pequenos xestos que contribuén a non malgastar a auga e a concienciar á poboación da importancia que ten que coidar os recursos hídricos da Terra porque, tal como podedes ler nun dos carteis que elaboramos SEN AUGA NON HAI VIDA

COIDEMOS A AUGA, COIDEMOS O NOSO PLANETA!!

Preme na imaxe para ver o noso album de fotos


 

 

14.5.21

1°EP - Malpica nun mar de letras: O exército das paxariñas

Hoxe, o alumnado de Infantil e 1º de Educación Primaria, visitamos o Centro Cívico onde gozamos dunha actuación da man de Soraya Lema e Adela Dios , chamada "O exército das paxariñas", unha representación de obras escritas e obras traducidas de Xela Arias dentro do programa das Letras Galegas 2021 do Concello de Malpica.




11.5.21

LEOLAB_2º de Primaria

 

Temos a sorte de pertencer a un colexio que conta con multitude de recursos e espazos de aprendizaxe aos que nos temos que achegar de vez en cando para seguir creando e aprendendo.  

Hoxe tocou visitar novamente o LEOLAB. 

Preme na imaxe para acceder ao album do día.

 


4.5.21

1º de EP - A reciclaxe

Boas a todos e a todas!

Neste trimestre celébrase a conmemoración do Día Mundial do Ambiente (5 de xuño) polo que, facendo coincidir o correspondente tema de Ciencias da Natureza, comezamos traballando cos diferentes colectores de lixo. 

Todos os nenos e nenas están acostumados a velos pola rúa pero, saben o que hai que botar en cada un deles? Ao principio non o tiñan moi claro: cantos tipos hai? de que cores son? Ademais destes catro colectores, hai algún máis? (pilas, aceites, roupa...).

Preme na imaxe para ver máis fotografías do proceso.

3.5.21

2º_Creatividade con Pablo Otero


PABLO OTERO - Kizoa Movie Maker

Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu aos centros Plan LIA2 unha xornada de formación para o alumnado dentro da programa Biblioteca Creativa.

Os obradoiros ofertados eran todos moi interesantes, pero neste caso decantámonos por Pablo Otero, un gran artista e ilustrador, que nos axudou a sacarlle máis partido á parte creativa e imaxinativa do noso LeoLab; xa que dentro do PDI Visión 3C, neste trimestre traballamos a construción  a partir das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

                             

Nesta formación participaron os cursos de 2º e 3º de Educación Primaria, que gozaron cun obradoiro sobre letras, Alfabetos, e o curso 4º de Educación Primaria que realizaron o obradoiro Como me ves? Unha experiencia sobre retratos, autorretratos e outros animais fantásticos.

Nesta xornada formativa, tras escoitar e ver as mostras que trouxo Pablo, e os consellos para sacar o máximo rendemento a toda a nosa imaxinación e fantasía, o alumnado púxose mans á obra e tiveron que crear letras do alfabeto ou realizar un retrato dun compañeiro/a, utilizando os materiais, recursos e ferramentas dispoñíbles no LeoLab. Foi unha xornada na que, a partir da reciclaxe e reutilización de materiais, o alumnado tivo que pensar, organizar, planificar e desenvolver a súa imaxinación. PASÁRONNO XENIAL!!!

Picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos da xornada.

Moitísimas grazas a Pablo, foi un gran pracer e grazas á Asesoría por concedernos esta oportunidade!