Radio Balea

Radio Balea, a radio nas ondas... Radio Balea, a nosa radio!

Nesta páxina podemos escoitar os programas da nosa Radio Balea feitos no 1º e este 2º trimestre no Laboratorio de Son; así como poderedes escoitar algúns dos programas feitos neste 3º trimestre.

Na columna dereita do blogue hai un espazo adicado a RADIO BALEA, na cal veredes todos os reproductores dos programas que compoñen a nosa parrilla e que se van actualizando segundo creamos novas seccións.

Queremos que Radio Balea sexa a nosa compañía todos estes días!

Dende a biblioteca publicouse en todos os blogues do Milladoiro unha proposta polo Día da Poesía, gravar unha poesía que vos guste e enviarnos o audio..

Animádevos a participar e...
crearemos un novo programa FEITO DENDE AS CASAS!



Programas Radio Balea: DENDE A CASA PARA O MUNDO!

Este apartado recollerá todos os programas que vaiamos realizando dende as nosas casas: alumnado, familias, profesorado...
Iremos dándovos propostas, como a publicada pola biblioteca polo Día da Poesía para que vos animedes a enviarnos audios e...GRAZAS a todos/as por facer que Radio Balea sega funcionando e nos acompañe dende o CEIP Milladoiro nas nosas casas!

Programa Millainforma 2º: Mascotas 4.0
O alumnado de 2º informa dende Radio Balea das súas mascotas familiares ou dos animais que lles gustan.
Parabéns nenos/as e familias, por crear o voso mundo animal e compartilo con NÓS.
Escoitade con atención, pois apoiados na ficha descritiva previa que realizaron enviaron as gravacións feitas dende as súas casas para Radio Balea.
Moitísimas grazas nenos/as e familias polo voso esforzo e colaboración.




Programa Festexamos: Letras Galegas 2020
Este programa xurde para recoller o recurso incluído nunha das propostas lanzadas dende a nosa Biblioteca Escolar e EDLG co gallo das Letras Galegas 2020.
Escoitamos á mestra Vanesa de A.L. recitando o poema O arco da vella do libro Os soños na gaiola de Manuel María para que vos animedes a realizar o caligrama proposto para E.I. e 1º ciclo de E.P.
Esperemos que vos guste!




Programa Festexamos: Día da Poesía 2020
Este programa xurde para recoller a proposta que fixemos dende a nosa Biblioteca Escolar polo Día da Poesía 2020.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración, unha fermosura de programas!
Nomeamos aos participantes deste podcast, pois non todos/as recordaron presentarse e aproveitamos para animar a quenes aínda non participaron, que o fagan! Editaremos outro podcast para encher a nosa Radio Balea de Poesía, integrando as nosas dúas linguas: galego e castelán.
Recordade presentarvos antes de comezar a recitar e...que medre a poesía dende as nosas casas para o mundo polas ondas de Radio Balea!
Os/as participantes neste programa son:
  • Celia, Lola, Damián e Marco García de 1º E.P.
  • África, Daniel, Natalia, Mara e Mónica de 2º E.P.
  • Lucas de 2º de E.P., Antía de 4º E.P. e os seus pais Ana e Benjamín.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!

ESCOITADE CON ATENCIÓN, EMOCIÓNS E SENTIMENTOS EN CADA RENGLÓN!




Segundo programa coas últimas audiopoesías recibidas de:  Carlos (1º), Gonzalo (2º) e Leticia (2º)
Animádevos a seguir participando e enviarnos as vosas audiopoesías, ampliaremos este segundo programa e estaremos encantados/as de facer un terceiro.
Grazas nenos/as e familias pola vosa colaboración!


Programa Que me contas? Contos de Leo
Este programa nace para que nos entretamos escoitando contos de Leo, moitos contos...
Anímaste a enviarnos o teu conto? O único que pedimos é que sexa contado, non lido e non olvidedes dicir que libro é, autor/a e editorial.

30.4.2020
A profe Susana cóntanos As aventuras de osiño, esperemos que vos guste!
24.4.2020
O profe Óscar cóntanos Elmer, esperemos que vos guste!



15.4.2020
A profe Olga cóntanos Xan de Outeiro, esperemos que vos guste!


A profe Olga cóntanos Os tres bandidos, esperemos que vos guste!



14.4.2020
A profe Sandra cóntanos A cebra Camila, esperemos que vos guste!

A profe Marta cóntanos Os seis barbudos, esperemos que vos guste!




1.4.2020
A profe Susana cóntanos Pilú Pilú!, esperemos que vos guste!




31.3.2020
A profe Fátima cóntanos Crocodilo namorado, esperemos que vos guste!




27.3.2020
A profe Sandra cóntanos O coelliño branco, esperemos que vos guste!


A profe Marta cóntanos Chivos chivóns, esperemos que vos guste!





Programas do 1º e 2º trimestre 2019/20 - Laboratorio de Son

Ningún comentario: