28.3.19

Peixeira e numeración

Este trimestre rematamos a nosa peixeira, os peixes-número e os peixes-signos.
Agora só toca...xogar cos números!




27.3.19

Visita C.E.M.MA


Hoxe visitáronnos responsables da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños; tanto investigar, este trimestre, sobre as baleas tiña que ter premio.
Máis coma de baleas xa sabíamos moito, faláronnos doutros mamíferos coma os leóns mariños e outros animais coma as tartarugas.
E lembráronnos que si atopamos un animal varado temos que chamar ao 112, eles encargaránse de avisar ao C.E.M.MA
Unha marabilla de visita para ir pechando proxectos!

11.3.19

Muller e Mar 2019: O mar tamén ten mulleres

Estas últimas semanas tivemos varias visitas moi especiais: as nosas mulleres (avoas e nai) traballadoras do mar.
Conmemoramos así a Semana da Muller 2019, outorgándolle todo o protagonismo que se merecen ás incansables mulleres traballadoras do mar.
Grazas a todas elas pola súa colaboración!



Ermitas Arcay: armadora e redeira.





Carmen Veiga: armadora e redeira.



Esther Varela; estibadora.


                                                 Carmen Garrido: traballou nunha cetárea.