30.10.23

2º RETO: o corpo humano - Órganos


 



Nesta ocasión traballamos os órganos, axudados por todas as maquetas elaboradas polas familias. Podedes ver as imaxes premendo no seguinte enlace: 2º reto.

Kamishibai_A bruxa divertida. 1ºB

Queremos achegar ás familias as actuacións feitas polos nenos e nenas de 1º B de primaria na tradicional Semana das Lecturas Terroríficas. 
Nesta ocasión preparamos a lectura do conto A bruxa divertida, de Ricardo Alcántara. Editorial Kalandraka en kamishibai ou teatro de papel. 




18.10.23

Aniversario Lector_Valentino

Onte foi o aniversario de Valentino e convidamos a súa familia a que viñese a aula de 1ºB/2º de Primaria a compartir unha lectura con todos/as nós. Actividade de centro que denominamos ANIVERSARIOS LECTORES. 

O conto elexido foi A bruxa divertida, de Ricardo Alcántara. Editorial Kalandraka. 

Encantounos. Grazas por vir, mamá!  E moitos parabéns Valentino!







16.10.23

MAQUETAS CORPO HUMANO

 Estamos encantados coas fabulosas maquetas sobre o corpo humano que ides traendo, estupendo traballo en familia que facedes, imos presentarllas tamén aos máis pequenos que están traballando o corpo humano. Moitas grazas pola vosa colaboración.








11.10.23

ABELLAS NA ESCOLA

O alumnado do 1º ciclo de Primaria aprendemos un montón sobre o mundo das abellas grazas ao programa Abellas na Escola. Un insecto superimportante para a saúde das persoas e o planeta. 

Foi moi divertido e interesante. 

Picade na imaxe para acceder á galería. 



9.10.23

1º RETO: proxecto corpo humano


Como xa sabedes estamos co proxecto do corpo humano no 1º ciclo de Educación Primaria, para traballalo de maneira motivadora, ademais de empregar as maquetas que estades creando en familia, elaborei un genially onde a través de diferentes retos estudiaremos diversos aspectos do corpo humano (cando rematemos deixarei o xogo completo). Empezamos co aspecto exterior do corpo e tiveron que facer todas estas actividades, podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: 1º reto.





6.10.23

1ª MÁQUETA DO CORPO HUMANO




Hoxe recibimos a primeira maqueta do corpo humano feita pola familia de Mateo Fernández. Como podedes ver é supercompleta e Mateo explicounos como funciona todo o sistema respiratorio. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.



 

2.10.23

COMPROMI-SAS (1º ciclo E.P.)

 


Comezamos o novo PDI dos próximos dous cursos, "Medicus curat natura sanat", co primeiro reto que nos propón a serea Leo para o mes de setembro: "Leo anímate a... lograr hábitos saudables". Para iso cada alumnado escribiu un compromiso para intentar cumprir ao longo do curso e ademais fixemos un rexistro conxunto de compromisos para cada un dos meses do ano para realizalo en familia. Se o conseguides non dubidedes en colocar a pegatina da estreliña.