22.3.24

Formación Biblio Creativa: programando!

Pechamos o 2º trimestre coa formación de Biblioteca Creativa impartida, por Cati e Flor de Maker Store (Carballo), ao alumnado de 1º ciclo de primaria.

Biblio Creativa
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha xornada na que desenvolveron a programación por bloques mediante a ferramenta Scratch Junior, a cal se pode acceder premendo no seguinte enlace:

SCRATCH JUNIOR

Ao tempo, achegamos enlace ao recurso recollido na nosa páxina "Recursos dixitais" para saber máis:

Agradecemos a Cati e Flor o seu bo facer, nen@s disfrutaron da sesión aprendendo a programar, ademais de aprender a organizar o seu pensamento, a resolver problemas, a ser creativ@s...

Continuará...

Obradoiro de pesos 1º E.P.

 O pasado xoves na clase de 1º E.P. realizamos un obradoiro de medidas de pesa onde o alumnado puido experimentar con diferentes balanzas, pesar obxectos en gramos, buscar polo cole obxectos que pesaran en kilos... podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: pesos.




21.3.24

Aniversario lector de Brais (1º E.P.)

 Festexamos o cumpreanos de Brais co estupendo libro "Un universo na súa maleta" que nos invitou a viaxar por diferentes lugares. Foi un aniversario lector familiar onde os seus papás o acompañaron na lectura deste fermoso conto.





19.3.24

Obradoiro medidas de peso_1ºB/2º

Hoxe visitamos o Laboratorio de cociña da man do profe Iván para realizar un obradoiro de medidas de peso que estamos aprendendo na área de Matemáticas. 

Repartidos por grupos, fomos rotando polas diferentes estacións. Nunha, tiñamos que representar o peso de diversos animais cos carteis dos diferentes pesos. Noutra, medimos  obxectos e alimentos que trouxemos da casa estes días e no último, tiñamos que pesar e comparar o peso de animais de xoguete. 

Aquí vos deixamos algunha imaxe da xornada. Picade na foto para acceder á galería



12.3.24

Aniversario Lector_Alexia

Unha xornada especial a de hoxe! Por unha banda, fixemos a nosa actuación polo Día da Muller interpretando unha canción sobre a biografía de Isabel Zendal na biblioteca. Saíunos xenial!
Por outra, Alexia está de aniversario e recibiu na aula a visita da súa mamá e da súa irmá Uxía que viñeron  contarnos un fermoso conto. 

MOITOS PARABÉNS, ALEXIA! Aperta de todxs!





 

11.3.24

Día da Muller_Entrevista fantástica a Isabel Zendal. 1ºB_2º EP

Conmemoramos o Día da Muller achegándonos á biografía da persoa que a Organización Mundial da Saúde considera a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria internacional, encargada de levar a vacina da variola dende o porto da Coruña ata América a comezos do século XIX. Falamos de Isabel Zendal. 
Investigamos sobre a súa vida, elaboramos e gravamos unha entrevista na nosa radio ademáis de aprender unha canción que interpretaremos para todos na biblioteca un día desta semana coa axuda do profe Keko e Iván. 
Podedes escoitar a entrevista neste podcast.

Entrevista fantástica Ángeles Alvariño (1º E.P.)

 


Na clase de 1º E.P. para o día da muller traballadora, estudamos a figura de Ángeles Alvariño, a primeira muller oceanógrafa galega. Non deixedes de ver o fermoso vídeo que montou o profe Queco, onde os nenos entrevistan a figura de Ángeles Alvariño, interpretada esta polas nenas.

Excursión ao Aquarium de Coruña

 



Aquí deixamos un vídeo resumo da excursión ao Aquarium de Coruña, elaborado polo profe Queco, e se queredes ver máis fotos da xornada pinchade no seguinte enlace: excursión.