18.12.19

Obradoiro Makey Makey (2º)

A Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu a todos os centros que participamos no Plan LIA2, unha sesión de formación para o alumnado dentro da Biblioteca Creativa.

Entre os obradoiros ofrecidos, todos moi interesantes, nós escollemos E-Téxtiles, que consiste na creación de circuítos en papel e en téxtiles.




O venres pasado fixemos este obradoiro da man de Paola Guimeráns , unha das maiores expertas neste campo, e organizouse en tres sesións para distintos grupos:


- Makey makey: o alumnado de 2º de primaria utilizou o makey makey para facer un xogo en Scratch. Paola contoulles unha historia sobre un lobo, e uns animaliños escondidos na granxa ós que tiñan que ir descubrindo. Para poder escoitar e recoñecer a cada animal utilizouse o makey makey e circuítos con adhesivo de cobre.

                                 FOTOS

- Circuítos e papel: o alumnado de 4º de primaria realizou unha postal de Nadal, para iso construíron un circuíto sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds. As postais quedaron moi bonitas e foi increíble a forma en que aprendían a base de facer e de errar, e ver como entre eles axudábanse para que todos os circuítos funcionaran.

                                 FOTOS


- Circuítos e téxtiles: na última sesión de formación , o alumnado de 5º de primaria creou un adorno para árbore de Nadal. Utilizaron un trociño de fieltro no que construíron un circuíto utilizando fío conductor para coser, e engadiron luces leds e adornos. Todos utilizaron a agulla perfectamente, axudáronse mutuamente  e a base de aprender facendo e colaborando, todos conseguiron levar a súa obra para casa con moita emoción.

                                 FOTOS

Nas tres sesións destacou a colaboración entre o alumando, que tivo un papel moi activo, e a alegría de construir algo verdaderamente significativo para eles.


Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns no noso centro. Moitísimas grazas por todo!!!!

Ningún comentario: