19.5.22

Malpica, vila baleeira

Hoxe foi unha día especial de cole xa que os nenos e nenas de 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria  fomos de excursión á vila de Malpica. Camiñamos ata o mirador privilexiado da atalaia para coñecer parte da nosa historia da man do mestre xubilado Xurxo Alfeirán. 

Seguimos deste xeito mergullándonos no PDI deste curso_NÓS: patrimonio in-MATERIAL.

En Malpica, fai 300 anos aproximadamente, cazaban baleas que pasaban pretiño da nosa costa, tras as illas Sisargas. Derretían a graxa para fabricar saíl  que era un tipo de aceite que servía para o alumeado das casas e rúas. A graxa tamén servía para a fabricación de xabón e o curtido de peles. 

Aprendemos vocabulario novo como talieiro, arpoeiro, mareante, chalupa, motila, saíl...

Tamén visitamos a Casa do Pescador, actual Fogar dos pensionistas, onde vimos os cadros, lámparas e outras obras que o pintor Urbano Lugrís deixou no seu paso por Malpica, fai máis de 60 anos. 

Nun deses cadros aparece escrito un texto que fai referencia ao pasado baleeiro da nosa vila

En tempos, os fortes homes de Malpica cazaban a balea por lonxanos mares.

Picando nesta imaxe podedes ver máis fotos desta xornada.




Ningún comentario: