9.12.21

2º EP - Doces de Nadal

Boas a todos e a todas!

Hoxe visitamos a cociña do centro para desfrutar da elaboración e degustación dos nosos doces de Nadal.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

3.12.21

1ºEP/6º EI_Visitamos o Laboratorio Experimental

Como vos contabamos aí atrás o colexio Milladoiro adicamos o mes de novembro á ciencia en galego levando a cabo o Laboratorio Experimental. Todas as aulas desenvolveron unha serie de experimentos convertindo o noso centro nun gran museo científico que fomos descubrir estos días. Moi interesante!!
 
Deixámosvos algunhas imaxes







1.12.21

2°EP - Visita á instalación de 6°

Boas a todos e a todas!

Hoxe visitamos a instalación artística montada polo alumnado de 6°EP inspirada en Yayoi Kusama, unha artista xaponesa que plasma nas súas obras o seu interese polos patróns e a repetición.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.



25.11.21

2ºEP - 25N

Boas a todos e a todas!

Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, visitamos o mural do corredor adicado ao 25 N. Con este mural pretendemos cambiar a visión ante a violencia de xénero. Para iso, puxemos as gafas 3D para descubrir diferentes títulos da nosa Biblioteca que tratan esta temática, vendo que tipo de violencia se plasma en cada unha das historias. Para completar o mural, deixamos a nosa pegada morada como mostra de apoio e loita.

Para rematar a actividade, levamos para a clase dous libros propostos polo Equipo de Biblioteca: "La princesa No" e "A historia dos bonobos con lentes".

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



24.11.21

2ºEP - Laboratorios

Boas a todos e a todas!

Para darlle continuidade á proposta do Laboratorio Experimental, hoxe percorremos os corredores do centro para levar a cabo os experimentos preparados por cada unha das aulas. 

Picando na imaxe poderedes ver as fotografías deste e dos demais laboratorios desenvoltos ata o momento.



19.11.21

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Laboratorio Experimental

Boas a todos e a todas!

Ao longo deste mes de novembro levamos a cabo o Laboratorio Experimental. 

Dentro da proposta de Ciencia en galego na Biblioteca Escolar, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP puxemos en práctica o noso espírito científico para desenvolver diferentes experimentos relacionados cos cinco sentidos:

  • Caixa misteriosa (tacto: organizado polo alumnado de 6ºEI)
  • A bandexa invisible (vista: organizado polo alumnado de 6ºEI)
  • Areas movedizas (oído: organizado polo alumnado de 1ºEP)
  • O xilófono acuático (oído: organizado polo alumnado de 1ºEP)
  • O olfacto divertido (olfacto: organizado polo alumnado de 2ºEP)
  • O gusto misterioso (gusto: organizado polo alumnado de 2ºEP)

Para isto, empregamos o método científico: observamos, preguntámonos, informámonos, experimentamos e comunicamos. 

Velaquí as fotografías de todo o proceso. Pica na imaxe para ver todas as fotografías.



29.10.21

2°EP - Magosto

Boas a todos e a todas!
Aquí vos quedan unhas imaxes do día de hoxe onde gozamos dunha xornada de xogos tradicionais e castañas.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

Plástica. 1º EP/6º EI

Mouchos, curuxas, sapos e bruxa...

Amosámosvos algunhas das realizacións plásticas que fixemos no que levamos de outono e que decoran o noso corredor. 

Sodes uns e unhas grandes artistas!

(Máis imaxes na galería)




27.10.21

2°EP - 18 Escritoras Galegas

Boas a todos e a todas! 

Para celebrar o Día das Escritoras (18 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro) unimos ambas conmemoracións a través da Tarefa Integrada "Pondo cara a...18 Escritoras Galegas". 
Nesta tarefa, o alumnado pon en práctica a Formación de Usuarios/as da nosa Biblioteca e a Alfabetización en Información para asociar cada título, cada nome e apelidos á imaxe da escritora correspondente.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.


25.10.21

Samaín 1ºEP/6ºEI

Co gallo da festividade do Samaín conmemoramos estos días a tradicional Semana de Lecturas Terroríficas. Este ano o Equipo de Biblioteca/EDLG propuxo indagar sobre contos, lendas, cantigas... de Malpica/Costa da Morte. 

Presentamos varios dos produtos que nos chegaron por parte das familias. 

- A lenda das Torres de Mens, contada por Izan Cambón. 
- A lenda do Xigante Xacintón, contada por Xulia Ordóñez.
- Cantiga popular, recitada por Martina, Adrián, Alba, Ismael, Rita e Martín Veiga. 


Grazas a todas pola vosa participación. 










22.10.21

2º EP - Todos/as con La Palma

 

2° EP - Exposición de cabazas (Samaín 2021)

Boas a todos e a todas!

Como xa é tradición, este Samaín fixemos a nosa exposición de cabazas diante da aula. Ademais, hoxe percorrimos os corredores da escola para ver todas as cabazas feitas polos nosos compañeiros e compañeiras dos demais cursos.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

Exposición de cabazas. 1ºEP/6ºEI

A nosa tradicional exposición de cabazas elaboradas en familia, coa temática de Malpica/Costa da Morte foi todo un éxito este outono. Orixinais e marabillosas. 
Moitas grazas pola vosa colaboración. Sodes uns/unhas artistas!






20.10.21

2º EP - Laboratorio Documental

Co gallo da conmemoración do Samaín propúxose, desde o Laboratorio Documental, indagar sobre lendas, mitos, refráns, adiviñas, cantigas...de Malpica. 

Para levar a cabo este laboratorio, comezamos realizando unha formación de usuarios dende a aula e na Bibliteca do centro, fomentando o coñecemento e a distribución da nosa biblioteca, os materiais que nela atopamos, e como buscar de forma efectiva. 


Este laboratorio completámolo elaborando un produto audiovisual dunha obra escollida, no noso caso, a canción de Malpica Ten.

Aquí vos quedan unhas imaxes e o vídeo!






17.10.21

Hoxe Le...

A biblioteca vai recuperando actividades que tivemos que interrumpir coa chegada do COVID-º9. Unha delas é o programa de animación a lectura HOXE LE no que nenos e nenas a partir de 3º de Primaria comparten unha lectura cos máis pequenos/as. 

O xoves é o día da semana no que os nenos e nenas de 6º de Infantil e 1º de Primaria visitaremos a biblioteca durante a Hora de Ler para desfrutar desta actividade.