Boas a todos e a todas!
Para despedir este trimestre, déixovos unha recompilación de fotografías de
diferentes actividades que levamos a cabo no día a día na aula.
Pasade boa Semana Santa!
Pica na imaxe para ver máis fotografías.
Boas a todos e a todas!
Para despedir este trimestre, déixovos unha recompilación de fotografías de
diferentes actividades que levamos a cabo no día a día na aula.
Pasade boa Semana Santa!
Pica na imaxe para ver máis fotografías.
Boas a todos e a todas!
Hoxe convertémonos por un momento en Inspectores Urbanísticos! Si, si, Inspectores! Dentro do Proxecto Terra levamos a cabo unha actividade desenvolta pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Na xornada de hoxe vimos as características da nosa paisaxe, os elementos naturais e os elementos humanizados, e como, en moitas ocasións, as persoas estragamos o entorno con construcións que non se poden facer.
Boas a todos e a todas!
Na xornada de hoxe, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP, desfrutou da visita ao Ecomuseo Forno do Forte situado en Buño. Alí, repartímonos en dous grupos para poder realizar a visita guiada, da man de Lola, e o obradoiro de barro, da man do oleiro Tonio.
Lola ensinounos como vivían as persoas nas diferentes casas que conforman o museo, que durmían nunha mesma habitación ata doce persoas, que non había baño nin auga corrente... vimos as lareiras, os fornos para o pan, como conseguían o barro e o gran forno para cocer as pezas elaboradas. Todo isto nunhas pequenas casas de pedra con solos de madeira que hai que pisar lixeiriños.
Por outra banda, Tonio mostrounos como traballar o barro e axudounos a elaborar as pezas que levaremos para casa dentro dunhas semanas.
Foi unha visita que nos encantou e que desfrutamos moito!
Para ver as imaxes da actividade pica na seguinte fotografía.
Boas a todos e a todas!
No día de hoxe acudimos ao Centro Cívico para ver a película “Valentina”, unha nena que soña con ser trapecista e que pensa que non poderá chegar a selo por ter Síndrome de Down.
“Se as eirugas conseguen converterse en bolboreta, nada é imposible!”
Boas a todos e a todas!
Xa temos aquí a nosa entrevista polo Día Internacional da Muller!
No día de onte, todos os nenos e nenas da aula foron pasando pola nosa radio para elaborar unha entrevista a unha muller traballadora. Esta muller falounos un pouco sobre o seu traballo, a parte máis bonita e tamén a menos bonita (aínda que deixou algunha cousiña sen contar para que non nos puxeramos tristes).
Noela, grazas por vir á Radio Balea e responder a todas as nosas preguntas! Tamén quedamos moi contentos/as cos agasallos que nos trouxeches ;)
Boas a todos e a todas!
Este curso xa comezamos a gravar algún Booktuber. Invítovos a que piquedes na seguinte imaxe para ir ao blogue Leohle para velos (ou en cada un dos seguintes enlaces). Segundo se vaian gravando, iranse colgando todos. Ata o momento están os seguintes:
Juan Luis: Cachorros & Cachorros
Valentina: Queda sitio na vasoira?
Benito: Animalia 3. Azul
Saúl: Canta miña rula canta
Breixo: ¡Hay un oso en mi silla!
Clara: A paso de tartaruga
Santiago: Facer dedo
Anna: La princesa NO
Leo: Guay
Candela: El pez que nunca lloraba
Antía: O aprendiz de home do saco
Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos aos centros do Plan LIA.2 unha formación dentro do programa Biblioteca Creativa, este ano dirixida ao alumnado, ás familias e en xeral a toda a comunidade educativa.
Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos pola realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal; xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!, neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e Costa da Morte, e en marzo dirixido ao traballo realizado por Mulleres.
Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ao remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como comunidade educativa que somos.
Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos das diferentes xornadas desenvoltas ao longo do xoves 10 e venres 11 de marzo.
Agradecer á Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación; así como a todas as familias que puideron vir ao cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!
Boas a todos e a todas!
Como todos os cursos, chegado o 8M conmemoramos o Día Internacional da Muller. Este ano levamos a cabo dúas actividades:
Cada 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da muller, data na que reinvindicamos a igualdade entre mulleres e homes. Nesta ocasión realizamos diversas actividades:
- Visualización dunha curta de animación sobre o feminismo, adaptado para nen@s, e debate posterior.
- Visita á exposición MULLERES TIÑAN QUE SER!, colocada no segundo andar e realizada polo alumnado de 6º de Primaria guiados pola súa titora Uxía. Aquí coñecemos algunhas das mulleres que fixeron historia polo seu traballo e aportacións á ciencia fundamentalmente. Mulleres coma Ángeles Alvariño, Vera Rubin, Jane Goodall, Lyn Petra Alexander ou Ana Prieto López.
Picando nesta imaxe podedes ver máis fotos da galería.
Boas a todos e a todas!
Estes días estamos cheos de actividades! O mestre Óscar, coordinador da Radio Balea, ofreceunos unha actividade de formación na radio.
Xa case somos uns expertos!
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
Boas a todos e a todas!
Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, este 23 de febreiro realizamos diversas actividades.
A nivel de aula, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP pintou e decorou unhas macetas que posteriormente empregaría para colocar cadansúa plantiña.
Por outra banda, realizamos o tradicional marcapáxinas co retrato de Rosalía de Castro e coa súa flor preferida: o pensamento. Ademais disto, dende a Biblioteca decidiuse agasallar a todo o alumnado cun libro de expurgo para darlles unha segunda vida a todos eses libros que xa foron descatalogados da nosa Biblioteca.
Para finalizar, a nivel de centro levouse a cabo unha actividade conxunta que pronto poderedes ver no blogue da Biblioteca Escolar.
Esperamos que desfruten moito dos libros e recordade botarlle auga ás plantiñas ;)
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
Queremos amosarvos un par de imaxes de como nos quedou o lapbook no que estivemos traballando durante o primeiro trimestre na área de Ciencias da Natureza. O bloque de contidos xiraban arredor do Ser Humano e a Saúde: as partes do corpo, os sentidos e os seus órganos, os coidados do corpo...
Aprendemos moito!