14.12.10

1º Premio "La casa de mis sueños"

Os pícaros de 1º A estamos de noraboa, pois gañamos o 1º premio no concurso "Dónde viven los niños del mundo".
Cada un imaxinamos onde nos gustaría vivir e reflexámolo no papel facendo chegar as nosas obras, baixo o título "La casa de mis sueños", ao concurso que organizou Cuentamundos.
E hoxe mesmo coñecemos que un dos nosos debuxos foi premiado e recoñecido con este fermoso comentario por parte dos patrocinadores:
"Cuentamundos: Porque queremos una casa como esa.
Si Frank Gehry diseñó un museo con forma de prismáticos, porqué no va a haber una casa con forma de corazón… eh? :-)"

Deixámosvos ver a obra merecedora do 1º premio para que gocedes da imaxinación e a ilusión dunha pícara de 6 anos.


MARÍA VILA VERES. 6 ANOS. 1ºA.
CEIP Milladoiro

                                                Debuxos pícaros 1ºA

2 comentarios:

Leo dixo...

PARABEEEEEENS, María!
Eu sempre lles digo a tódolos peixiños que estes nenos e nenas do Milladoiro sodes uns ARTISTAS!
Non deixes nunca de sentir que levas a túa casa no teu corazón.
Bicos e coletazos.

Mari dixo...

Noraboa de parte de todo o cole.Estamos moi contentos ca vosa participación, ilusion e imaxinación.