29.11.20

O mar lava a cabeleira

Marco García envíanos este vídeo recitando o poema O mar lava a cabeleira, recollido no poemario As señoras cousas de Helena Villar Janeiro, un dos libros que temos este ano no Plan Lector de Centro para a aula de 2º de primaria. 

Fixéchelo xenial Marco. Moitas grazas por este agasallo. 

Bicos e apertas dos teus compañeiros/as. 



2 comentarios:

Helena dixo...

Marco García, es un crac. Nunca me gustou tanto este poema como interpretado por ti co mar de fondo. Unha aperta grande para ti e para a túa clase. Helena Villar Janeiro

Susana dixo...

Benquerida Helena! É para nós unha honra que nos adiques unhas palabras. Levamos unha gran sorpresa e estamos moi contentos/as de que che gustase tanto a interpretación de Marco. Efectivamente, Marco é un artista. Por mor da pandemia e a enfermidade que padece non pode asistir presencialmente ao cole e recibe Atención Educativa Domiciliaria aínda que sempre está presente en todas as actividades que levamos a cabo na aula.
Recibe unha forte aperta de todos/as os nenos/as de 2º de Primaria do CEIP Milladoiro.