19.12.20

Leo e Rodari_2º Primaria

Como cada martes acudimos á biblioteca devolver o noso conto da semana e coller en empréstito un novo. Levamos unha gran sorpresa xa que Leo, a mascota da nosa biblio, deixounos unha caixa que contiña un conto de Rodari, titulado Confundindo Historias, que xa leramos con anterioridade na aula, un exemplar do xornal en lingua galega O Papagaio e unha carta dándonos as grazas por todo o traballo desenvolto este trimestre arredor da obra do xenial Gianni Rodari.

Convidounos a facer máis actividades de escritura creativa. Eleximos a de construir un poema a modo de acróstico a partir dunha palabra das que se propuxemos na aula. A palabra escollida foi NATUREZA.

Neste caderno que vos presentamos a continuación recollemos algunhas das actividades realizadas neste trimestre utilizando algunhas técnicas para o desenvolvemento da creatividade na linguaxe escrita e a expresión oral e dramática.

Destacamos a creación colectiva do conto O GATIÑO PRESUMIDO a partir dunha das técnicas de escritura creativa proposta por Rodari. A de plaxiar contos tratando de copiar a estructura dun conto popular pero inventando outros personaxes, relacións e situacións deixando voar a imaxinación. O conto no que nos inspiramos foi o de A ratiña presumida.

Agardamos que vos guste tanto como a nós. Queda pendente a publicación dun vídeo coa dramatización do noso conto.




Ningún comentario: