Inmersos na temática do 3º trimestre do noso PDI bianual, a creatividade, o alumnado de Educación Infantil e primeiro ciclo de primaria participamos hoxe nun obradoiro de barro impartido por Lidia de CREARE, nai do noso compañeiro Siro.
Convertímonos
en alfareiros/as por un día para crear unha maceta coa técnica dos churros. Quizais
o resultado non foi tanto unha maceta pero non importa. A creatividade é libre
e o realmente importante foi o proceso. Pasámolo xenial!
Agora queda
agardar uns días a que sequen, a cocedura de cada peza e a súa decoración. De seguro
que nos quedan unha pezas de cerámica preciosas!
A CREATIVIDADE
É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE (Albert Einstein)
Pica na imaxe para acceder ao álbum de fotos do obradoiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario