O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día do Medio Ambiente polo que a aula de 2º queremos amosarvos como foi medrando o noso proxecto de aula sobre as plantas.
Iniciamos este proxecto polo mes de marzo plantando unha variedade
de sementes: xirasois, flores, lentellas…Fomos observando a súa evolución durante
a xerminación e crecemento de cada planta anotando nunha plantilla os cambios
observados (crecemento do talo, saída de follas ou flores no caso dos
xirasois).
Durante o proceso e a pesares do seus contínuos coidados, tivemos algún que outro problema. Algunhas das
plantas enfermaron por causa dun minúsculo bicho e tivemos que tratalas cun
produto específico e outras morreron. Cas que foron sobrevivindo fomos
trasplantándoas a outras macetas máis grandes, reutilizando envases de plástico.
Achegándose o Día do Medio ambiente aproveitamos estes
envases para decoralos con redes de pesca, cunchas e figuriñas que fixemos nos
mesmos e algunhas delas forman parte da exposición colectiva do cole.
Foi un proxecto moi motivador e ilusionante que podedes ver
no álbum de imaxes que vos presentamos a continuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario