No día de hoxe vivimos unha xornada moi especial xa que nos desprazamos ata Carballo para ir ao cine, primeiro, e logo visitamos a Galería de Arte Garabato onde hai unha exposición de construcións LEGO feitas pola artista Wonderbricks (Flavia González).
Flavia atendíunos moi amablemente e explicounos de forma moi amena e detallada cada unha das preciosas maquetas que ten alí expostas. Outra parte da visita foi facer as nosas propias construcions con pezas LEGO no Taller creativo.
Esta exposición estará aberta ao público ata o 8 de xaneiro en horario de tarde. Moi recomendable para visitar en familia durante as vacacións de Nadal. Non volo perdades.
Preme na imaxe para ver máis fotos na galería
Ningún comentario:
Publicar un comentario