17.3.20

Educación Física: SEGUIMOS CO PLAN!

SEGUIMOS CO PLAN!!!

OLA A TODOS E A TODAS!!

Achego unha sesión máis para todos aqueles que estedes facendo un pouquiño de exercicio na casa!                          
Estades convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas.
Ahí vai!
1ª PARTE.
-      Rutina de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).

Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
-      Deitados boca abaixo, levantarse e correr ata a referencia que lles marquedes.
-      Deitados boca arriba igual.
-      Sentados coas mans levantadas.
-      Dende a posición de cuclillas.
-      Dando saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.



2ª PARTE:
Podemos facerlles un pequeno percorrido utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
-      Pasar por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.


3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU PALOMA BRANCA-PALOMA NEGRA.   LIGAZÓN: 


BRUXA MANDA COR. Decímoslles: Bruxa manda cor… e dicimos unha cor que haxa na sala, o  neno ou nena ten que saír correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós, pode ser divertido.



VOLTA Á CALMA:
Reproducimos o nacemento dunha planta.
O neno está no chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto dunha regadeira)
Daquela o neno ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño) abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está completa,  o sol marcha e vaise marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a respìración e o movemento do peito que sube e baixa.



Veña, a moverse!      

PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DIARIA


Laboratorio de Ideas: EMOCIONBOT


Cálculo online

Bo día alumnado e familias, como cada mañá facíamos o noso Calculín para practicar o cálculo mental deixámosvos un enlace dos recollidos na pestana de Recursos 1º e 2º para crear o voso libriño diario de operacións. Picando no seguinte enlace accedemos ao mesmo.

Cálculo online



Só temos que selecccionar na columna esquerda a operación que queremos (suma, resta, multiplicación...), o número de páxinas (unha operación por páxina), o número de cifras que terá cada operación e a calcular!

Non queremos fomentar as desigualdades de partida de cada un de nós, pois sabemos que non todos e todas contamos cos mesmos medios tecnolóxicos na casa; por iso iremos publicando recursos online que podemos empregar dende os ordenadores, tablet ou móbiles sen falla de ningún outro medio.

 



16.3.20

Educación Física: movémonos!



Estimadas familias e alumnos e alumnas de Malpica.

Dende a área de Educación Física quero propoñer unha serie de exercicios ou actividades cas cales pretendo facer máis ameno para os nenos e nenas este complexo momento que estamos a atravesar.

Son tarefas encamiñadas e dirixidas a fomentar o movemento e a traballar contidos específicos desta área, tendo en conta as limitacións de espazos e medios que podemos ter cada un.

Mañan espero subir a programación semanal.

Dende aquí o meu apoio e ánimo, cada día que pasa é unha pequena victoria.

Non esquezades :   #EUQUÉDOMENACASA

Un agarimoso saúdo.

Óscar.


                         TRABALLO PARA MARTES 17 DE MARZO:


1- Temos de rutina unha movilidade articular que facemos todos os días antes de empezar e que os nenos e nenas coñecen. ¨QUENCEMENTO¨

2- Traballamos o EQUILIBRIO e entramos en calor: 

Necesitamos unha folla de periódico e música. 

Colocamos a folla estirada no chan e poñemos a música - ALGUNHA QUE LLES MOTIVE- ( o neno ou nena ten que bailar con intensidade diante da folla). 
Cada 15/20 segundos paramos a música e nese instante o neno ou nena tense que poñer enriba do periódico. Unha vez feito isto, dobramos a folla pola metade e continuamos ca música (non bailan enriba da folla) e aos 15/20 segundos volvemos a parar, volvendo a colocarse enriba. Volvemos a dobrar a folla e continuamos coa música e sí sucesivamente mentras a folla vaise facendo cada vez máis pequena e ao neno ou nena lle costa máis manter o equilibrio cando para a música. (Cada vez que se para, dóbrase a folla, e acabará facendo equilibrios sobre un pé coa superficie cada vez máis limitada)
* Variante: Bailar enriba da folla e parar a música cada 15/20 segundos, dobrar a folla a metade e seguir bailando enriba, así sucesivamente mentras o neno ten cada vez máis dificultade para bailar.

3- Con outra folla de periódico faremos o seguinte: TRABALLO DE DESPRAZAMENTOS E EQUILIBRIO.

- Poñen a folla estirada enriba da cabeza e recorren o pasillo sen que lles caia (ida e volta variando de velocidade).
- Poden facer o mesmo pero a ¨catro patas¨ levando o papel na espalda.
- O mesmo levando a folla sobre un hombreiro e logo sobre o outro.
- Reptar ca folla enriba da espalda sen que caia

4- Collemos a folla de periódico e facemos unha bola. TRABALLAMOS AS HABILIDADES MOTRICES . 

Con esa bola feita faremos o seguinte:

- Lanzar hacia arriba, dar unha palmada e collela sen que caia ao suelo.
- Lanzar hacia arriba, dar dúas palmadas e collela sen que caia ao suelo.
- Nivel pro: Dar tres, catro ou maís a ver cantas son capaces de dar :-D
- Lanzar hacia arriba, tocar o chan e collela.
- Lanzar hacia arriba, dar un xiro sobre sí mesmo e collela.
- Combinacións tipo lanzar ao aire, tocar chan, dar unha palmada e collelo...
* Variante: Lanzar cunha man, coa outra, cas dúas...

5- Con esa bola (ou outra que podemos reforzar con cinta adhesiva) xogaremos ao ¨ bolacesto¨. Collemos unha referencia e facemos uha pequena competición co neno ou nena a ver quen mete máis lanzamentos variando as distancias de lanzamento. Podemos utilizar de canastra unha caixa de cartón, un cubo... 4 referencias distintas e en cada referencia 4 ou 5 lanzamentos.

6- RELAXACIÓN: 

Paso unha ligazón para facer un exercicio de relaxación.


ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA!!
SAÚDOS!!






Recursos 1º e 2º

Bo día a todas as familias, as titoras de 1º e 2º queremos recordarvos que na columna dereita do blogue contades cunha listaxe de recursos na rede para repasar contidos.

Picando na seguinte imaxe que atoparedes na columna dereita accederedes aos mesmos.
Recomendamos que empreguedes un organizador semanal para que os/as nenos/as non perdan rutinas, dentro da situación que estamos a vivir.
Seguiremos publicando todos aqueles recursos que vexamos de interese para o alumnado.
Ante calquera dúbida, como se comunicou a través de nota remitida pola dirección, podedes contactar con nós a través do correo do colexio (indicade no asunto a atención de Susana ou Fátima)

ceip.milladoiro@edu.xunta.es


Apertas para as familias e o noso alumnado. A coidarse e coidarnos...

TODO IRÁ BEN!


9.3.20

Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez

Esta semana conmemoramos a Semana da Muller 2020 viculándoa coa Ciencia.
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica croma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!

28.2.20

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía cunha longa mesa cargada de "libros migratorios" e unha cesta chea de marcapáxinas que o alumnado encheu de cor para compartir entre iguais.
Cada alumno/a elexiu o libro que con el/a migraba e un marcapáxinas de Rosalía.
Fermosa actividade, encantounos!
Podedes ver as imaxes do día premendo no seguinte enlace:

Día de Rosalía 2020





21.2.20

Ciencia por un tubo: Vacinas 1º e 2º

Hoxe celebramos o noso desfile de entroido pola vila de Malpica.
O alumnado de 1º e 2º disfrazámonos, seguindo o PDI que este trimestre está adicado á ciencia, de vacinas.
O desfile estivo formado por 15 parellas de xiringas e monodoses facendo unha homenaxe á figura de Isabel Zendal e a Expedición da Vacina da Varíola.
Seguiredes sabendo máis dela, xa que estamos preparando biografía e canción final arredor desta gran muller e a súa contribución na erradicación da varíola para a semana do 9 ao 13 de marzo (Semana das Mulleres Científicas)
Para ver as imaxes do día picade no seguinte enlace:

Entroido 2020

14.2.20

Día do Amor e da Amizade (2º)

Hoxe celebramos o Día do Amor e da Amizade facendo un corazón xeométrico no que escribimos os nomes daquelas persoas que ocupan o noso corazón.
No laboratorio de cociña e grazas á froita fixemos un corazón xeométrico moi, moi doce!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás imaxes do día:

Feliz Día do Amor e da Amizade!



 

13.2.20

Investigamos sobre animais na BE

Estamos aprendendo moito sobre os seres vivos e hoxe visitamos a nosa Biblioteca Escolar para buscar información sobre os animais mamíferos, as aves e os peixes. 
Velaquí algunhas imaxes do alumnado de 1º de primaria investigando nos libros de consulta. 






1.2.20

Flora, a esquelete da aula de 1º


Para rematar o proxecto de traballo sobre o corpo humano e a alimentación, na Área de Ciencias da Natureza, gravamos este vídeo cun poema colectivo que inventamos sobre Flora, a esquelete que nos fixo compañía  na aula durante todo este tempo.