16.1.22

Propósitos de aninovo. 1º EP/6º EI

Comezamos este segundo trimestre de curso con moita enerxía e ilusión logo de ter descansado e desfrutado nestas vacacións de Nadal.

Afrontamos  este novo ano con boas intencións facendo unha lista de bos propósitos que perseguir ao longo do 2022. Cada un/unha escribimos nun papel o que nos gustaría lograr nos vindeiros 12 meses despois de falalo e debatilo na aula. Propósitos do máis variopinto tales como comer menos chuches para ter unha boca máis sá, axudar aos nosos pais nas tarefas domésticas, esforzarse máis nas tarefas do cole ou facer máis deporte.

Estos propósitos de aninovo plasmámolos neste mural para que nos sirvan de recordatorio e motivación.

Como podedes ver completamos  o mural cunha actividade feita na área de plástica: o voo da bolboreta. Cada unha das bolboretas emprende o seu voo perseguindo o bo propósito que nos comprometemos acadar ao longo deste 2022.  




Ningún comentario: