Boas a todos e a todas!
Estes días estamos cheos de actividades! O mestre Óscar, coordinador da Radio Balea, ofreceunos unha actividade de formación na radio.
Xa case somos uns expertos!
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
Boas a todos e a todas!
Estes días estamos cheos de actividades! O mestre Óscar, coordinador da Radio Balea, ofreceunos unha actividade de formación na radio.
Xa case somos uns expertos!
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
Boas a todos e a todas!
Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía, este 23 de febreiro realizamos diversas actividades.
A nivel de aula, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP pintou e decorou unhas macetas que posteriormente empregaría para colocar cadansúa plantiña.
Por outra banda, realizamos o tradicional marcapáxinas co retrato de Rosalía de Castro e coa súa flor preferida: o pensamento. Ademais disto, dende a Biblioteca decidiuse agasallar a todo o alumnado cun libro de expurgo para darlles unha segunda vida a todos eses libros que xa foron descatalogados da nosa Biblioteca.
Para finalizar, a nivel de centro levouse a cabo unha actividade conxunta que pronto poderedes ver no blogue da Biblioteca Escolar.
Esperamos que desfruten moito dos libros e recordade botarlle auga ás plantiñas ;)
Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.
Queremos amosarvos un par de imaxes de como nos quedou o lapbook no que estivemos traballando durante o primeiro trimestre na área de Ciencias da Natureza. O bloque de contidos xiraban arredor do Ser Humano e a Saúde: as partes do corpo, os sentidos e os seus órganos, os coidados do corpo...
Aprendemos moito!
Boas a todos e a todas!
Neste mes de xaneiro desenvolvemos o laboratorio de imaxe. Nesta ocasión, leváronse a cabo unhas actividades relacionadas co Día da Paz e co noso PDI, "Nós: Patrimonio Inmaterial".
Todos os nenos e nenas de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP foron os encargados/as de investigar sobre un personaxe moi importante, e moi descoñecido para algúns, como é Pedro Cambón (despois coñecido por Pedro Benito Cambón).
Pedro Cambón nace en Seaia a mediados do século XVIII. En 1769 parte cara as Américas, e chega a fundar, na Misión de San Francisco de Asís, a primeira edificación en San Francisco (1791, California), converténdose nunha das primeiras pedras da cidade e no edificio máis antigo que aínda se conserva.
Este laboratorio tivo 3 partes:
Comezamos este segundo trimestre de curso con moita enerxía e ilusión logo de ter descansado e desfrutado nestas vacacións de Nadal.
Afrontamos este novo
ano con boas intencións facendo unha lista de bos propósitos que perseguir ao
longo do 2022. Cada un/unha escribimos nun papel o que nos gustaría lograr nos
vindeiros 12 meses despois de falalo e debatilo na aula. Propósitos do máis
variopinto tales como comer menos chuches para ter unha boca máis sá, axudar aos
nosos pais nas tarefas domésticas, esforzarse máis nas tarefas do cole ou facer
máis deporte.
Estos propósitos de aninovo plasmámolos neste mural para que
nos sirvan de recordatorio e motivación.
Como podedes ver completamos o mural cunha actividade feita na área de
plástica: o voo da bolboreta. Cada unha das bolboretas emprende o seu voo perseguindo
o bo propósito que nos comprometemos acadar ao longo deste 2022.
Nestas imaxes podedes ver algunhas das actividades que fixemos para recibir o Nadal, como a elaboración de galletas, os adornos naturais ou a visita do Carteiro Real, que veu buscar as cartas que lle escribimos aos Reis Magos.
Boas a todos e a todas!
Presentamos... Nadal no Milladoiro!
Un produto audiovisual coordinado polo mestre de Música, Alfonso, para festexar o Nadal no Milladoiro.
Felicitamos @s nen@s polo gran traballo realizado, por transmitirnos día a día a súa ilusión e felicidade a pesares de todos os protocolos sanitarios que debemos cumprir.
Felicitar ao mestre Alfonso polo gran traballo de organización, produción e edición para poder vernos tod@s xunt@s nun Nadal no que seguimos sen ter "normalidade", pero que nunca nos falte un sorriso, unha canción que cantar e bailar.
Un fermoso agasallo nun Nadal singular.
Hoxe recibimos unha visita moi especial: O CARTEIRO REAL!!!!!!
Xa que os Reis Magos teñen moito traballo, enviaron ó seu carteiro real a recoller as cartas que con tanta ilusión fixemos.
Os peques de 4º e 5º EI esperamos con moito nervio na biblioteca, xa que o carteiro e a súa axudante estaban na aula de 1º e 2º de Primaria.
Tras entregarlle as nosas cartas e as dos compis que hoxe non puideron vir á escola, recibimos unhas deliciosas chuches por ser moi bos e boas e por esforzarnos e traballar tanto este trimestre.
Pica na imaxe para ver máis fotografías.
FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!
Como remate deste primeiro trimestre propuxénonos celebrar o Nadal agasallando aos compañeiros e compañeiras de 3 anos cun xogo sobre os medios de transporte que elaboramos entre todos e todas. Porque no Nadal gústanos compartir e agasallar!!
BO NADAL E FELIZ 2022!!
Premede na imaxe para acceder á galería
Como remate deste 1º trimestre escolar no que puxemos o acento na tradición oral de Malpica tivemos a honra de que nos visitase Teresa dos Cucos, unha veciña do lugar de Pontella que vén de recibir a distinción de Mestra da Memoria 2021, galardón que cada ano a AELG outorga a aquelas persoas que contribúen a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e saber popular.
O alumnado de 5º de primaria entrevistouna na nosa Radio Balea e despois foi recibida polos nenos e nenas de 6º de EI, 1º e 2º de primaria na biblioteca. Alí Teresa contounos e cantounos.
Amosámosvos imaxes e un pequeno vídeo deste fermoso encontro. Unha xornada ben pracenteira!
Grazas por vir, Teresa!
Boas a todos e a todas!
Rematamos o trimestre traballando a alfabetización informática a través da programación gracias a un obradoiro impartido pola profe Marta.
Nos últimos días todo o alumnado tivo un achegamento a un novo material xa dispoñible no Leolab: a placa Micro:bit.
Durante estas sesións formativas coñecimos a linguaxe de programación a través da plataforma Makecode (moi parecida a Scracht) e configuramos cada placa con luces leds, mensaxes ("Bo Nadal") e música (panxoliña) que se establecerán como un adorno máis dentro da árbore de nadal que temos na porta da clase.
O programa que empregamos deixámolo no seguinte enlace, por se algunhas das peticións aos Reis Magos é un kit Micro Bit para seguir aprendendo e creando; pois saímos encantados da sesión.