22.12.20

1° de EP - Os Reis Magos

Boas a todos e a todas!
Este ano os Reis Magos non puideron achegarse ao centro, pero non querían deixar de saudar aos nenos e nenas, polo que nos enviaron unha mensaxe virtual. 
Despois de ver a súa mensaxe, cada neno/a entregou a súa carta e recolleu a bolsiña de caramelos coa que nos agasallaron.

 

 

 

 

 


1° e 2° de EP - O apalpador

Boas a todos e a todas!

O luns 21 de decembro acudimos ao Centro Cívico para ver unha obra de monicreques sobre o Apalpador. 

Podedes ver aquí unhas imaxes:


21.12.20

Felicitación Nadal_2º de Primaria

A aula de 2º de Primaria deséxavos un BO NADAL e un 2021 cheo de esperanza para todas as familias. 

Un mundo mellor é posible! Nunca deixedes de soñar. 



19.12.20

Leo e Rodari_2º Primaria

Como cada martes acudimos á biblioteca devolver o noso conto da semana e coller en empréstito un novo. Levamos unha gran sorpresa xa que Leo, a mascota da nosa biblio, deixounos unha caixa que contiña un conto de Rodari, titulado Confundindo Historias, que xa leramos con anterioridade na aula, un exemplar do xornal en lingua galega O Papagaio e unha carta dándonos as grazas por todo o traballo desenvolto este trimestre arredor da obra do xenial Gianni Rodari.

Convidounos a facer máis actividades de escritura creativa. Eleximos a de construir un poema a modo de acróstico a partir dunha palabra das que se propuxemos na aula. A palabra escollida foi NATUREZA.

Neste caderno que vos presentamos a continuación recollemos algunhas das actividades realizadas neste trimestre utilizando algunhas técnicas para o desenvolvemento da creatividade na linguaxe escrita e a expresión oral e dramática.

Destacamos a creación colectiva do conto O GATIÑO PRESUMIDO a partir dunha das técnicas de escritura creativa proposta por Rodari. A de plaxiar contos tratando de copiar a estructura dun conto popular pero inventando outros personaxes, relacións e situacións deixando voar a imaxinación. O conto no que nos inspiramos foi o de A ratiña presumida.

Agardamos que vos guste tanto como a nós. Queda pendente a publicación dun vídeo coa dramatización do noso conto.




18.12.20

Escape Room_Nadal. 2º de Primaria

Hoxe foi un día cheo de emocións na aula de 2º de primaria. Fixemos un Escape Room no Leolab que consistía en ir descubrindo a obscuras e utilizando unha lanterna unha tarxetas que contiñan unha operación de suma ou resta escritas cun boli de tinta invisible. Tiñamos que ir anotando no noso caderno de laboratorio o resultado de cada unha das 14 tarxetas repartidas pola sala. Cada resultado correspondíalle unha letra é o obxectivo era descifrar unha mensaxe secreda.

Es código secreto resultou ser finalmente MENSAXE DOS REIS MAGOS. Ilusionados/as volvemos á aula e visualizamos un vídeo dos REIS MAGOS cunha mensaxe personalizada para nós. Todo unha sorpresa!

Rematamos a xornada despedíndonos de Andrea, a profe de prácticas que nos acompañou dende comezos de novembro. Fixémoslle un agasallo e ela tamén nos agasallou cun boli de tinta invisible para xogar na nosacasa e unha tarxeta cunha mensaxe personalizada para cada un de nós.

Foi unha despedida moi especial e emotiva. Grazas Andrea por todo! Serás unha gran MESTRA!  Levarémoste sempre nos nosos corazóns.

Unha aperta enorme.

Pica na imaxe para acceder ás fotos da galería. 





O gatiño presumido. Conunicando Fantasía, Emocionámonos!

O alumnado de 2º de primaria son os creadores deste divertido conto titulado O gatiño presumido, unha versión libre inspirada no conto clásico A ratiña presumida.

Esta actividade forma parte da homenaxe que quixemos facer este trimestre ao gran Gianni Rodari dentro das propostas de actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca/DL: Comunicando Fantasía, Emocionámonos!

Parabéns artistas!

16.12.20

1º de EP - LEO...e a caixa Rodari!

Boas a todos e a todas!

Esta semana atopámonos na clase cunha sorpresa: unha caixa da nosa amiga Leo! Apresurámonos todos/as a abrila para descubrir que había no seu interior. Atopámonos con varias cousiñas, unha delas era o libro de poemas "Palabras do mar", xunto cunhas propostas de actividades.

Despois de ler e comentar o libro, escollimos unha palabra ao chou de todas as que aparecían no libro. A palabra esollida foi NÉBOA. A partires de aquí pensamos palabras que comezáran por cada unha das letras desa palabra e que, dalgunha forma, estivesen relacionadas tanto coa palabra como co tema do libro: o mar. E de aquí, naceu este pequeno poema:

                                        Noite
                                        Estrelada
                                        Barco
                                        Ondea
                                        Alto



  



1º de EP - Gañadora do concurso de postais de Nadal do Concello

Boas a todos e a todas!

No día de hoxe, mércores 16 de decembro, achegáronse á biblioteca do cole o Sr. Alcalde, a Concelleira de Cultura e a Concelleira de Medio Ambiente e Educación a desvelar quen foi o escolar premiado no concurso de Nadal do Concello, sendo a afortunada:

Dania Blanco Rodríguez, de 1º Educación Primaria

11.12.20

1º de EP - Laboratorio de Imaxe e Luz (Postais de Nadal con circuitos de luz )

Boas a todos e a todas.

Despois dos preparativos de Nadal que vimos facendo estes días, non podíamos deixar de facer unha postal. 

Decembro é o mes do Nadal e é tempo de luz, polo que aproveitamos para desenvolver aquí o Laboratorio de Imaxe e Luz. Nesta ocasión creamos estas fermosas postais con circuítos de luz, onde traballamos ao mesmo tempo conceptos como a polaridade das pilas, a importancia de colocar de forma axeitada as patiñas da luz, como funciona o adhesivo conductor de cobre...

Os nenos e nenas quedaron encantados/as coas súas postais. Que vos parecen?

Tendes todas as fotos na GALERÍA da páxina web do centro.



  

9.12.20

1º de EP - Árbore de Nadal

Boas a todos e a todos!

Aquí vos deixo unhas imaxes da nosa árbore de Nadal con todos os seus adornos personalizados. 

Podedes atopar todas as fotos na GALERÍA de imaxes da páxina web do centro.

   

  

  

  


3.12.20

1º de EP - O cazo de Lorenzo

Boas a todos e a todas!

Hoxe celebramos unha conmemoración moi importante: o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Na aula traballámolo como máis nos gusta, a través dos contos. Nesta ocasión escollemos "Fina a pirata" e "O cazo de Lorenzo".

Estes dous contos dérnonnos pé a reflexionar sobre a importancia de buscarlle o lado bo ás cousas non tan boas, como fain Fina (a protagonista do primeiro libro) e de que todos/as somos iguais e diferentes ao mesmo tempo e que, ao igual que Lorenzo, todos /as temos os nosos propios cazos cheos de dificultades.

Aquí vos quedan unhas imaxes do mural que fixemos!