Amosando publicacións coa etiqueta 20/21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 20/21. Amosar todas as publicacións

6.4.21

Aniversario de Marco G_2º de Primaria

 

O pasado 4 de abril, durante as vacacións de Semana Santa, estivo de aniversario o noso compañeiro Marco García. Hoxe que nos incorporamos novamente ás aulas queremos felicítalo entre todos e todas.

Moitos parabéns Marco! Agardamos que pasases un moi feliz aniversario. Querémoste!

Recibe unha aperta grande.



3.3.21

Carta a Rosalía_2º de Primaria

Esta é a carta a Rosalía que redactamos de forma colectiva na aula e que foi lida en Radio Balea por Celia e por Carlos. 

Unha carta con moito sentimento, como a poesía que nos legou a nosa escritora máis querida. 






1.3.21

Día de Rosalía_2º Primaria

Para conmemorar o Día de Rosalía a aula de 2º de Primaria tamén nos sumamos á proposta do Equipo de Biblioteca e EDLG de redactar unha carta á nosa escritora máis querida. Hoxe fomos colocala ao mural colectivo. 

Nos próximos días poderemos escoitar esta carta e un poema da autora que foron gravados na nosa Radio Balea dentro do Laboratorio de Son. 

Aproveitamos tamén para amosarvos un mural particular que fixemos para decorar a entrada da nosa aula. Un abano de Rosalías. 

Rosalía sempre na memoria!!








25.2.21

Maxia para Marco

O profe Sergio ten moitas facetas artísticas. Sabemos que toca a guitarra e o ukelele porque xa nos ten deleitado nalgunha ocasión coa súa música pero descoñecíamos que tamén SABE FACER MAXIA!

Este vídeo que vos presentamos é un truco de maxia que gravou para o noso Superheroe Marco García. 

Agardamos que lle guste tanto como a nós! 

Vai por e para ti Marco. Unha aperta de todos os mestres/as e compañeiros/as. 

Grazas Sergio!


23.2.21

Marco

O Superheroe Marco envíanos dende a súa casa unha mensaxe para todos e todas.
É imposible non contaxiarse de tanta alegría e amor como transmites. 
Estamos superorgullos@s de ti. 
Grazas Marco!


15.1.21

DESEXOS PARA O 2021-2º de Primaria

Comezamos un novo ano e un novo trimestre. Os nenos e nenas de 2º de primaria cóntannos dende Radio Balea que foi o que máis lles gustou do Nadal e cales son os seus desexos para este 2021.

Oxalá os vosos desexos se fagan realidade!








18.12.20

O gatiño presumido. Conunicando Fantasía, Emocionámonos!

O alumnado de 2º de primaria son os creadores deste divertido conto titulado O gatiño presumido, unha versión libre inspirada no conto clásico A ratiña presumida.

Esta actividade forma parte da homenaxe que quixemos facer este trimestre ao gran Gianni Rodari dentro das propostas de actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca/DL: Comunicando Fantasía, Emocionámonos!

Parabéns artistas!