Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio cociña. Amosar todas as publicacións

3.3.25

Un entroido cheo de cor e sabor!_2ºB/3º EP

O xoves 27 de febreiro o noso cole enchíose de cores para festexar o entroido. Foi unha xornada moi divertida na que aproveitamos para ir ao Laboratorio de cociña a preparar unhas saborosas pizzas. Despois pasamos pola Aula Croma a sacarnos fotos. 
Podedes ver un resumo do día neste vídeo que preparamos. 

Que teñades moi feliz entroido!


19.3.24

Obradoiro medidas de peso_1ºB/2º

Hoxe visitamos o Laboratorio de cociña da man do profe Iván para realizar un obradoiro de medidas de peso que estamos aprendendo na área de Matemáticas. 

Repartidos por grupos, fomos rotando polas diferentes estacións. Nunha, tiñamos que representar o peso de diversos animais cos carteis dos diferentes pesos. Noutra, medimos  obxectos e alimentos que trouxemos da casa estes días e no último, tiñamos que pesar e comparar o peso de animais de xoguete. 

Aquí vos deixamos algunha imaxe da xornada. Picade na foto para acceder á galería



15.2.23

1º e 2º EP_Cociña polo entroido

O entroido xa está aquí e o alumnado de 1º e 2º de Primaria volvemos ir ao laboratorio de cociña para elaborar estes antifaces de masa follada. 

Viva o entroido!


Preme nesta imaxe para ver máis fotos da actividade



16.12.22

1º EP_Galletas polo Nadal

 Hoxe acudimos ao laboratorio de cociña para elaborar unhas deliciosas galletas de manteiga con formas navideñas. 

Pica na imaxe para acceder a máis fotos da galería. 



27.10.22

Un Samaín para comelo_1º de Primaria

O alumnado de 1º de Primaria pasou hoxe polo laboratorio de cociña para elaborar dúas receitas moi acaídas para estos días: ovos recheos con arañas e sandwich mostruoso. 

Anteriormente escribimos as receitas cos ingredientes e materiais necesarios así como os pasos que debíamos seguir para a súa elaboración. 

Deixámosvos algunhas imaxes desta actividade. 

Preme na imaxe para acceder á galería






29.9.21

Laboratorio de Cociña. 6º de Infantil/1º E.P

Na xornada de hoxe  visitamos o laboratorio de cociña acompañados dos nenos e nenas de 6º de Infantil. Eles/as foron os encargados/as de explicarnos todos os pasos para facer un ourizo con froitas de temporada, peras e uvas. Tamén tiñamos figos e mazás pero non os utilizamos desta vez.

Picando na imaxe poderedes ver máis fotos deste laboratorio que ademais de divertirnos repasamos e traballamos con conceptos matemáticos como a metade ou a decena.




 

27.3.21

Cociñando con_Ciencia. Marco 2ºEP

Ao noso compañeiro Marco tamén lle encanta cociñar e animouse a participar na actividade Cociñando con-Ciencia realizando un saboroso Quiche de queixo e tomate. Posteriormente fixemos unha videochamada para que nos contase como é a receita e nos amosase o seu resultado. 

Fíxesenos a boca auga. Non tivemos ocasión de degustalo pero de seguro que estaba riquísimo. 

Grazas Marco e familia por compartilo con todos/as nós. 





3.2.21

Laboratorio de cociña_2º de Primaria

Hoxe visitamos o laboratorio de cociña para experimentar coas medidas de capacidade que estamos aprendendo na área de Matemáticas: o Litro.

Cada equipo dispoñíamos dun conxunto de recipientes de diferente tamaño e forma e fixemos varias actividades: Ordenámolos de maior a menor capacidade, clasificamos os que tiñan máis e menos de 1 Litro ou comprobamos cantos vasos podíamos encher con ½ litro e 1 litro de auga.

Que mellor forma de aprender que vendo, manipulando e experimentando!

Pica na imaxe para ver máis fotos deste día na galería. 




10.11.20

Aula de cociña_2º Primaria

Na mañá de hoxe visitamos a aula ou laboratorio de cociña. Desta vez coa idea de facer un sabroso e saudable smoothie (ou batido) con mazás e noces. 

Desfrutamos moito do proceso, traballando por equipos, aínda que o resultado non fose tan bó como esperábamos. Fallounos a máquina que usamos. A batedora non era a axeitada e o noso smoothie non quedou tan cremoso e diluido como quixéramos. 

Teremos que probar outro día con outra receita. De seguro que nos sairá moito mellor!




14.2.20

Día do Amor e da Amizade (2º)

Hoxe celebramos o Día do Amor e da Amizade facendo un corazón xeométrico no que escribimos os nomes daquelas persoas que ocupan o noso corazón.
No laboratorio de cociña e grazas á froita fixemos un corazón xeométrico moi, moi doce!
Picando no seguinte enlace poderedes acceder ás imaxes do día:

Feliz Día do Amor e da Amizade!



 

23.12.19

Laboratorio de Cociña 1º

Quixemos rematar o trimestre visitando o laboratorio de cociña para elaborar unha árbore de Nadal comestible xa que empregamos froitas variadas. Manter unha alimentación saudable, co consumo diario de froita e verdura axudaranos a medrar sans e fortes. Divertímonos no proceso e puxémonos as botas de froita bañadas cun chisquiño de xirope de chocolate.

Boas e saudables festas!!