25.11.21

2ºEP - 25N

Boas a todos e a todas!

Para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, visitamos o mural do corredor adicado ao 25 N. Con este mural pretendemos cambiar a visión ante a violencia de xénero. Para iso, puxemos as gafas 3D para descubrir diferentes títulos da nosa Biblioteca que tratan esta temática, vendo que tipo de violencia se plasma en cada unha das historias. Para completar o mural, deixamos a nosa pegada morada como mostra de apoio e loita.

Para rematar a actividade, levamos para a clase dous libros propostos polo Equipo de Biblioteca: "La princesa No" e "A historia dos bonobos con lentes".

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



24.11.21

2ºEP - Laboratorios

Boas a todos e a todas!

Para darlle continuidade á proposta do Laboratorio Experimental, hoxe percorremos os corredores do centro para levar a cabo os experimentos preparados por cada unha das aulas. 

Picando na imaxe poderedes ver as fotografías deste e dos demais laboratorios desenvoltos ata o momento.



19.11.21

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Laboratorio Experimental

Boas a todos e a todas!

Ao longo deste mes de novembro levamos a cabo o Laboratorio Experimental. 

Dentro da proposta de Ciencia en galego na Biblioteca Escolar, o alumnado de 6ºEI, 1ºEP e 2ºEP puxemos en práctica o noso espírito científico para desenvolver diferentes experimentos relacionados cos cinco sentidos:

  • Caixa misteriosa (tacto: organizado polo alumnado de 6ºEI)
  • A bandexa invisible (vista: organizado polo alumnado de 6ºEI)
  • Areas movedizas (oído: organizado polo alumnado de 1ºEP)
  • O xilófono acuático (oído: organizado polo alumnado de 1ºEP)
  • O olfacto divertido (olfacto: organizado polo alumnado de 2ºEP)
  • O gusto misterioso (gusto: organizado polo alumnado de 2ºEP)

Para isto, empregamos o método científico: observamos, preguntámonos, informámonos, experimentamos e comunicamos. 

Velaquí as fotografías de todo o proceso. Pica na imaxe para ver todas as fotografías.