Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

3.3.25

Un entroido cheo de cor e sabor!_2ºB/3º EP

O xoves 27 de febreiro o noso cole enchíose de cores para festexar o entroido. Foi unha xornada moi divertida na que aproveitamos para ir ao Laboratorio de cociña a preparar unhas saborosas pizzas. Despois pasamos pola Aula Croma a sacarnos fotos. 
Podedes ver un resumo do día neste vídeo que preparamos. 

Que teñades moi feliz entroido!


28.2.25

2ºA_Entroido 2025: axolotes de moitas cores!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe celebramos o Entroido no cole Milladoiro: un entroido... do máis natural! en relación co PDI que nos ocupa no presente curso.

Disfrazámonos de axolotes, acompañando o desfile coa copla creada coa axuda de Lupe Blanco:

Aquí están os de segundo
que imos de axolotes
animais marabillosos 
que nos lagos hai a lotes.

Axolotes de moitas cores para vivir un Entroido no que a natureza foi protagonista.

Feliz Entroido 2025 a tod@s!

27.2.25

1º-2ºA_En Entroido... aula audiovisual!

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

No Entroido, ademais da aula multisensorial, tamén experimentamos coa técnica chroma na aula audiovisual. Técnica na que empregamos un fondo verde para superpoñer imaxes e realizar unha montaxe, polo que se imos vestidos con cores verdes... volvémonos invisibles! (algo que nos pasou a máis de un/unha coas cores verdes do noso disfraz)

No día de hoxe, viñemos ao cole co noso disfraz favorito e non podiamos perder a ocasión de gardar, en formato imaxe, os nosos gustos e preferencias de Entroido: policías, monstros, personaxes de animación infantil, de conto...

Un Entroido diverso e colorido que mañá, venres 28 de febreiro, remataremos co noso desfile polas rúas de Malpica: un entroido... do máis natural!

13.2.25

1º e 2ºA_En Entroido... aula multisensorial!

Repetimos experiencias na aula multisensorial con recunchos de entroido: disfrazámonos, creamos, decoramos, construímos... experimentando cos cinco sentidos!

As aulas de 1º e 2ºA pasamos dúas xornadas do máis vivenciais e divertidas nun dos espazos creativos que conforman a nosa BE-LeoLab: espazos e recursos creativos ao servizo da comunidade e do currículo.

Premendo nos seguintes enlaces accederedes ao álbum de fotos de cada aula:

Seguro... repetiremos!

9.2.24


 Foto dos Nadores das illas Sisargas, todos levaban a súa medalla de participantes e o tempo estimado que eles consideraron que tardarían en facer a travesía... Podedes ver no seguinte enlace a elaboración do barco: travesía Illas sisargas.

8.2.24

Disfraces aula 1º E.P.

 Hoxe aproveitamos o disfrar para subri ao Croma e facer o noso Galicómic sobre a San Silvestre de Malpica, próximamente o publicaremos, e tamén para facer algunhas fotos divertidas:







17.2.23

1º e 2ºEP - Soldados romanos

Boa tarde a todos e a todas!

Picando na seguinte imaxe deixámosvos as fotografías do proceso de elaboración do disfrace deste ano.


15.2.23

1º e 2º EP_Cociña polo entroido

O entroido xa está aquí e o alumnado de 1º e 2º de Primaria volvemos ir ao laboratorio de cociña para elaborar estes antifaces de masa follada. 

Viva o entroido!


Preme nesta imaxe para ver máis fotos da actividade



16.2.22

6ºEI - 1ºEP - 2ºEP - Cociña de entroido

Boas a todos e a todas!

Entre o día de onte e hoxe, o alumnado de 6º de EI, 1º de EP e 2º de EP foi pasando pola nosa cociña para realizar unha receita de Entroido: uns antefaces de masa follada adornados con xarope de chocolate, xarope de fresa e fideos de cores.

Están feitos uns verdadeiros reposteiros/as!

Pica na imaxe para ver máis fotografías do proceso.



23.2.21

Marco

O Superheroe Marco envíanos dende a súa casa unha mensaxe para todos e todas.
É imposible non contaxiarse de tanta alegría e amor como transmites. 
Estamos superorgullos@s de ti. 
Grazas Marco!


19.2.21

1º de EP - Vídeo de Entroido

Boas a todos e a todas!

Aquí vos deixo o vídeo de Entroido que realizou a aula de 1º de EP coa canción Superheroes e Superheroínas de Paco Nogueiras. 

No blog da biblioteca tamén podedes atopar o vídeo conxunto realizado por todo o alumnado do centro. 

Esperamos que vos gusten!

11.2.21

Entroido 2021.Día 4_2º de Primaria

Moito nos gusta o entroido!! Aquí vos deixamos un vídeo que montamos hoxe co disfraz que fomos elaborando ao longo da semana. Mañá o Farruco pídenos que traiamos a cara decorada e así faremos. 
Quero agradecer a colaboración de todas as familias e facer unha mención especial a Marco García, o líder deste ENTROIDO SUPERHEROICO!!
Sodes estupend@s!

10.2.21

Entroido 2021. Día 3_2º de Primaria.

Bo día a todos e todas! 

Seguimos mellorando o noso disfraz de superheroes e superheroínas do día a día. 

Hoxe tocou traer unhas luvas que nos outorgan maiores superpoderes. 

Mañá completaremos o disfraz cun utensilio de cociña de madeira.

Que viva o entroido! 



9.2.21

Entroido 2021. Día 2_2º de Primaria

Segundo día de entroido no cole. Hoxe tocou traer unha capa, como auténticos superheroes e superheroínas que somos.

Visitamos o Farruco e pídenos que mañá traigamos unhas luvas de cociña para seguir completando o noso disfraz.





8.2.21

Entroido 2021. Día 1_2º de Primaria

Comezamos unha semana moi especial, a semana do entroido no colexio. A semana na que imos seguir os mandadiños do Farruco para convertirnos no que somos: uns superheroes e superheroínas do día a día. 

Aquí tendes as imaxes do ben que lucimos hoxe o noso adorno na cabeza. 








 

21.2.20

Ciencia por un tubo: Vacinas 1º e 2º

Hoxe celebramos o noso desfile de entroido pola vila de Malpica.
O alumnado de 1º e 2º disfrazámonos, seguindo o PDI que este trimestre está adicado á ciencia, de vacinas.
O desfile estivo formado por 15 parellas de xiringas e monodoses facendo unha homenaxe á figura de Isabel Zendal e a Expedición da Vacina da Varíola.
Seguiredes sabendo máis dela, xa que estamos preparando biografía e canción final arredor desta gran muller e a súa contribución na erradicación da varíola para a semana do 9 ao 13 de marzo (Semana das Mulleres Científicas)
Para ver as imaxes do día picade no seguinte enlace:

Entroido 2020