26.5.20

LEOLAB 19/20


No primeiro trimestre do presente curso puxemos en marcha no noso cole os laboratorios de aprendizaxe. A expectación e ilusión era máxima. Cada mércores, despois da Hora de Ler todo o alumnado do cole organizábase por equipos interniveis para participar nun dos 5 laboratorios: Laboratorio Documental, Laboratorio de Ciencias, Laboratorio de Son, Laboratorio de Ideas e Laboratorio de Imaxe.
Entendemos estos laboratorios como espazos de aprendizaxe onde desenvolver as competencias básicas, onde crear, experimentar, investigar…dunha maneira lúdica e motivadora coa orientación das mestras e mestres do noso colexio.
Esta actividade quedou cancelada  coa declaración do estado de alarma polo COVID-19 e a suspensión das clases. 
Desexamos que para o vindeiro curso poidamos emprender novamente os nosos laboratorios nos que tanto aprendemos e desfrutamos.

25.5.20

Letras Galegas 2020_Cores e Letras

A partir do poema de Manuel María (audio recitado pola profe Vanessa e publicado no programa Que me contas? de Radio Balea) o alumnado do CEIP Milladoiro creou uns fermosos caligramas con forma do arco da vella, xa que ademais este converteuse nun símbolo de esperanza durante esta pandemia. No seguinte vídeo tedes un resume  da creatividade dos nenos e nenas:

15.5.20

Día da Familia 2º

 
Parabéns no voso Día, Familias de 2º! 
Un pequeno resumo en vídeo, de cada unha de vós.
Familias educadoras e creativas, cada unha de vós diferente e única.
Grazas por compartir a vosa riqueza particular con todos/as NÓS.

Artistas no Día do Libro

Ola familias,

Coas imaxes que nos foron chegando sobre unha das actividades promovidas pola Biblioteca do noso cole para conmemorar o Día do Libro elaboramos este caderno.
Recolle as creacións plásticas que fixéchedes inspirándovos nun dos vosos libros favoritos botando man da imaxinación e a creatividade. Moitos parabéns artistas!

Grazas por participar.


4.5.20

Aula de 1º. Corentena....máis que cumprida!


Ola familias!
Este vídeo é un resumo en imaxes que pretende reflectir a diversidade de tarefas que foron facendo os vosos Superheroes e Superheroínas de capa vermella ao longo desta corentena máis que cumprida. Non podo estar máis agradecida coa vosa participación e apoio. Moitísimas grazas por todo!
Está feito con moito agarima para todas vos. Agardo que vos guste!

Aula de 2º: corentena...máis que cumprida!

Para todos/as NÓS!
Un vídeo resumo destacando algunhas das actividades feitas ao longo desta corentena, na que cumprimos e seguimos cumprindo como auténticos/as superheroes e superheroínas de capa vermella!
Nas vosas carpetas dixitais gardo decenas de imaxes, vídeos, audios...que nos achegan un pouquiño máis nesta difícil situación. Grazas mil por seguir conectados/as!
O vídeo, imaxe a imaxe, deixanos ver que...
TODOS/AS SOMOS DIFERENTES, A DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS!
Sigamos pois enriquecéndonos con esta diversidade e compartíndoa con todos/as.
Parabéns unha vez máis por tanto esforzo, motivación e ilusión por seguir creando e crecendo ao tempo que nos divertimos xuntos/as.
A disfrutar do noso vídeo!