20.12.23

Postal de Nadal 2023

             

O alumnado de 1º e 2º de E.P. felicitou estas festas a diferentes colectivos, como a Residencia de Persoas Maiores de Carballo e a Asociación do Fogar do Pensionista de Malpica, como parte da actividade proposta dende a Biblioteca do centro dentro do PDI deste ano, "Medicus curat, natura sanat". E con este vídeo tan emotivo que realizaron queremos felicitar a todas as familias da nosa comunidade educativa.

                                     BO NADAL E FELIZ 2024!

Pola súa parte, a Asociación Fogar do Pensionista de Malpica devolveunos un vídeo felicitando ao noso alumnado, ademais de proxectalo o venres pasado nas súas instalacións. Moitísimas grazas pola vosa colaboración:


RETO 6º: proxecto corpo humano

 Rematamos o reto do corpo humano co reto sexto no que realizamos un gran número de actividades, xa que traballamos a autoestima, as vacinas, a alimentación, os primeiros auxilios, a receita médica... e por fin conseguiron o tan desexado premio, que era un esqueleto que brilla na escuridade. Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: reto 6º







15.12.23

Excursión á Domus_1º ciclo

E por fin chegou un dos días máis agardados do trimestre. O alumnado de 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria fomos de excursión á Coruña onde visitamos un dos seus museos científicos. En concreto estivemos no Domus, no museo interactivo adicado ao corpo humano. 
Pasámolo superben! 

Picando nesta imaxe poderedes ver máis fotos da xornada.

Adorno de Nadal

 Un ano máis recibimos a manualidade de Nadal realizada pola familia da alumna Ainara Costa Chouciño, que cada ano supéranse e déixanos alucinados cos seus traballos en familia. Soamente temos palabras de agradecemento e admiración.






12.12.23

Árbore de Nadal 1º E.P.


 Neste Nadal estivemos traballando algo tan importante como é a AUTOESTIMA, por iso o alumnado de 1º E.P. é o protagonista, resaltando cada un deles as súas características positivas nestes adornos tan simpáticos. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: árbore.