Educación Física

10ª E DERRADEIRA SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas alumnado e familias:

Esta é a última entrada no blogue deste curso e quería aproveitala para homenaxear dalgunha maneira ao alumnado e agradecer a súa disposición.

Esta situación que impediu a asistencia ao centro durante tanto tempo seguido, supuxo unha adaptación sen precedentes na maneira de continuar o curso escolar. Atopámonos con obstáculos e imprevistos derivados da imprevisibilidade desta situación excepcional, pero os nenos e nenas sobrepuxéronse a iso e mostraron unha actitude e un compromiso que cómpre recoñecer e valorar, houbo momentos compricados, pero seguiron traballando e mostando a súa creatividade e gañas de seguir aprendendo, por todo isto, GRAZAS polo voso traballo e GRAZAS polo voso empeño. Agora PASÁDEO BEN neste verán que o tedes máis que merecido. (Con coidado e precaucion ;-D). 


Aos nenos e nenas de 6º moita sorte no instituto o vendeiro curso, cando queirades facer unha visita, xa sabedes onde estamos, e aos demáis, vémonos á volta.

Todos e todas sodes merecedores dunha medalla de campións, dende aquí o meu recoñecemento.

Anímovos a facer un comentario neste blogue (abaixo de todo) se vos queredes despedir ou contar calquer cousa, senón podedes facelo a través do correo electrónico utilizado para mandar as tarefas:

alumnadomilladoiro@gmail.com

Un saúdo grande e un choque de cóbados :-D

Ata a próxima!!


9ª SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas alumando e familias!! que tal ides? espero que ben..

Para poñerlle o broche final a este insólito trimestre, propoño unha actividade libre e optativa. Desta vez, podedes elexir entre un debuxo,unha pequena redación, un audio ou un vídeo no que expresedes o que máis vos gustou deste curso. Podedes falar dalgún xogo, dalgún deporte ou tarefa que fixéramos  ou dalgunha actividade feita no colexio ou que fixerades neste confinamento, é totalmente libre a temática, sempre e cando garde  relación coa área de Educación Física.

Gustaríame desta vez facer unha mención especial ás familias polo voso compromiso e a vosa comprensión, sen a vosa axuda sería compricado continuar coa nosa labor. Se nestas circunstancias o proceso de ensino- aprendizaxe é complexo, en Educación Física moito máis, debido a súa propia idiosincrasia.

As tarefas propostas buscaban que todos e todas os nenos e nenas as poideran levar a cabo e adaptalas ás súas circunstancias, a pesar das restriccións de movilidade tan grandes que houbo en determinados momentos do confinamento.

A Educación Física a entendo coma a educación do movemento en todas as súas caras, que son ilimitadas ( esquema corporal, organización espacial, percepción temporal, habilidades motrices, coordinación, lateralidade, capacidades físicas, expresión corporal, deportes, xogos tradicionais...) os nenos e nenas desfrutan e aprenden co movemento, e este contribúe a reforzar o seu crecemento,maduración e socialización.  O traballo proposto dista moito da Educación Física que levamos a cabo no colexio, pero estas circunstancias especiais e inesperadas obrigaron a dar unha resposta diferente e adaptada, que dependeu en gran medida da vosa contribución.

Por todo isto, grazas pola vosa colaboración familias!!!!.

A vindeira semana cerrarei o curso cunha pequena despedida neste blogue para os nenos e nenas, que merecen todo o recoñecemento pola actitude nesta delicada situación.

Saúdos!!

IMAXES E VÍDEOS DAS ACTIVIDADES FÍSICAS NO MEDIO NATURAL.


Neste vídeo vemos a Leo (2º) co seu primo Brais Pombo (6º) dando unha volta en bicicleta polo porto de Malpica, magnifica opción para facer deporte en compaña. Estupendo chicos!!


                                   

Aquí podemos ver a Marco García facendo un circuito arredor da casa, neste caso traballando a resistencia, ten coma compañeiro de fatigas a un simpático canciño que quere imitar o que fai Marco. Graciñas Marco e familia, un saúdo!!







Dani (2º de Primaria) enviou dous vídeos nos que pon a proba o seu equilibrio, de dúas maneiras moi complicadas, pero nas que se lle ve seguro e confiado das súas posibilidades. Moi bo equilibrio Dani, un saúdo!!


8º SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:ACTIVIDADE FÍSICA NO MEDIO NATURAL:

Moi boas alumnado e familias:

No curriculum de Educación Primaria, recóllese o currículo específico de Educación Física. 
Como xa dixen en anteriores ocasións, os contidos están organizados en 6 grandes bloques. No bloque de contidos número 6 os xogos e actividades deportivas, faise referencia a ¨ Práctica e gozo de actividades motrices lúdicas relacionadas coa natureza (xogos de campo, de exploración, de aventura, marcha, escalada...) e ¨Coñecemento e coidado da contorno natural¨


Xeralmente, no terceiro trimestre, realízanse xogos ao aire libre, normalmente relacionados con xogos populares ou xogos alternativos.
Como a situación actual relativa á crise sanitaria, permíte saír xa a rúa e visitar zonas naturais coma a praia, o campo ou calquer zona exterior, se o tempo acompaña, non hai mellor maneira de combatir os efectos do confinamento que facer exercicio ou actividade física no medio natural, por isto propoño a seguinte tarefa que probablemente sexa senón a última, unha das últimas.

                            https://www.runnersblueprint.com/

TAREFA

Desta vez, propoño que o alumnado realice algunha tarefa no medio natural e que aplique algún dos contidos repasados neste confinamento ou algún contido traballado no curso.

Algunha idea, podería ser:
-       Baile
-       Ioga
-       Equilibrio
-       Lanzamentos
-       Circuitos
-       Xogos tradicionais
-       Malabares
-       Saltos
-       Desprazamentos
-      Etc.
A tarefa consiste en levar a cabo algunha actividade das citadas (podendo ser algunha máis que esté relacionada con algún deporte ou actividade física) no medio natural. Podedes enviarme unha imaxe ou pequeno vídeo que non exceda dos 25/30 segundos, (canto máis resumido mellor por mor da cantidade de vídeos que me poden chegar)citando o contido que ides a desenvolver.

Por exemplo: Vou traballar o equilibrio e unha imaxe ou vídeo dunha actividade na que se vexa como o traballa.

                                              https://eresmama.com/

Este documento o podedes enviar a:

Asunto: Para Óscar
Non esquezades poñer nome e curso
Data límite de entrega da tarefa:  sábado 6 de xuño

Comparto dous bos exemplos de Daniela, alumna de 4º:






Veña, a demostrar o que sabedes!!

Un saúdo!!

SORPRESA!!!

GRAZAS nenos/as e familias!
Animádevos a compartir as vosas imaxes, vídeos...



Agora que ven o bo tempo e xa podemos saír a rúa, o ideal é facer exercicio ao aire libre e poder combatir así os efectos do confinamento, aquí temos a David de 2º facendo un circuito de obstáculos na bicicleta, moi bo exemplo David!! e moi bo dominio da bici!



Neste vídeo, podemos ver a Celia facendo o se nome en movemento, moi ben Celia, estás a traballar fenomenal!!




A profe Susana envioume un vídeo de Carlos facendo un slalom co balón e tirando a portería, estupendo exercicio para mellorar a coordinación óculo pédica e as habilidades de conducción do fútbol, moitas grazas polo vídeo e a seguir practicando campeón!



Nas súas saídas, Alejandro e o seu irmán Ismael aproveitan para estar en contacto coa natureza e poder relaxarse, vemos a Alejandro poñer en práctica o ioga no campo, momento ideal.
Estupendo Alejandro, estás a facer un traballo xenial!
          
A profe Susana de 1º de Educación Primaria facilitoume un vídeo chulísimo de Noela facendo un circuito moi completo e orixinal que combina diversas habilidades. Parabens Noela e familia e moitas grazas por compartir, un saúdo e a seguir movéndose!!




Comparto un vídeo, que me facilitou a profe Fátima, de Lara de 2º, ensinándonos o xogo de birlos que creou en familia. Moitas grazas Lara, encántame ver como creades e practicades!  


Comparto unha foto, que me facilitou a profe Susana, de Celia de 1º, xogando aos birlos no corredor da súa casa no cal tamén crearon con cinta adhesiva unha mariola. Encántame verche xogar e exercitar Celia, moitas grazas!   

Comparto unha foto, que me facilitou a profe Susana, de Damián de 1º, encántanme as túas creacións Damián, moitas grazas polos vídeos tamén!    




Recibín con moita ilusión, por medio da profe Fátima, un vídeo de Alejandro de 2º de Primaria e seu irmán Ismael de 4º de Infantil e outro vídeo de Daniel. Moitas grazas chicos pola vosa aportación,  foi unha alegría saber que estades ben, polo que vexo dásevos xenial!!!



Recibín con moita ilusión, por medio da profe Susana, unha foto de Marco García de 1º de Primaria. Moitas grazas Marco pola túa aportación e xa sabes a seguir practicando campeón!!!


Animádevos a comentar neste blogue de Educación Física abaixo da publicación en COMENTARIOS. Faríame moita ilusión.


Estimadas familias e alumnos e alumnas de Malpica.

Dende a área de Educación Física quero propoñer unha serie de exercicios ou actividades cas cales pretendo facer máis ameno para os nenos e nenas este complexo momento que estamos a atravesar.

Son tarefas encamiñadas e dirixidas a fomentar o movemento e a traballar contidos específicos desta área, tendo en conta as limitacións de espazos e medios que podemos ter cada un.

* Estas tarefas están orientadas para que cada un poda adaptalas a súa realidade. Subirei propostas os martes e xoves que equivalen as dúas sesións semanais. O interesantes e que todos os días haxa activación, ben sexa facendo saltos a pata coxa, saltos cas dúas pernas xuntas, sentadillas e combinacións de sentarse/levantarse, acostarse/levantarse... podedes tomar coma referencia os propostos nos primeiros días (o final desta publicación)...

* As actividades plásticas son suxerencias, se pasades por momentos de estrés ou que non tedes o suficiente tempo porque se amorean as tarefas, primade as indicacións dos titores ou titoras, pero recordade, un pouquiño de saltos, de agocharse e levantarse,  mover os brazos.... en definitiva, de , movemento, para favorecer a maduración e consolidación do seu corpo que está en crecemento.

* Todos os días na TVE2 , tedes o programa ¨Múevete en casa¨  as 9:00 h horas, está enfocado para os maiores pero pode ser un bo momento para compartir exercicio cos pequenos e pequenas e empezar o día activos.

Os mércores en Clan Tv tedes tamén propostas relacionadas con Educación Física:

horario clases 'Aprendemos en casa'

Dende aquí o meu apoio e ánimo, cada día que pasa é unha pequena victoria.

Non esquezades :   #EUQUEDONACASA

Un agarimoso saúdo.


Óscar.

7ª SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas nenos, nenas e familia,
moitas grazas polo vídeos, imaxes e correos electrónicos que están a chegar.

Esta semana propoño realizar o exercicio físico dende outra perspectiva: O baile.

expresión corporal é un contido que está relacionado directamente coa Educación Física, concretamente, co bloque de contidos número 4. Actividades Fisico-artísticas expresivas.

Podemos facer varios xogos poñéndolles música que lle gusten, por exemplo:

1- AS ESTATUAS: Poñer a música e bailar, cada vez que lle damos a pausa, o neno ou nena terá que pararse de repente e quedarse inmóvil, retomando o baile unha vez empece a música.

Variante: O mesmo pero cada vez que pare a música, en vez de pararse, terá que tumbarse, sentarse ou permanecer en equilibrio.

2- MÓVETE UN POUQUIÑO: Bailar so coa parte do corpo que lle indiquemos, así traballaremos a interiorizacións dos segmentos e distintas partes corporais:

Exemplo: Bailamos só cas mans, ca cabeza, cun dedo, cas pernas, movendo a cintura.... este sóelles gustar moito.

3- BAILE LIBRE: Por último, combinar unha música máis intensa para que eles de movan con liberdade, finalizando con música tranquila para facer unha volta a calma.

Comparto un traballo que propón unha colega, espero que vos guste, e xa sabedes, esta semana toca bailar!!!

- Facer click na imaxe-

https://www.youtube.com/watch?v=-VDXMsJ9YVc
                                                                                     



6º SEMANA DO 3º TRIMESTRE:

Ola a todos e todas!!
Desta vez, propoño unha serie de retos destinados a traballar o equilibrio con papel hixiénico. Parecen tarefas sinxelas, pero...o mellor non o son tanto!!!! sabes cal é a mellor maneira de salir de dúbidas ?? efectivamente!!!, intentado facelos, así que... xa sabes!! se te animas e queres compartir unha imaxe ou vídeo, podes enviala ao seguinte correo electrónico:

alumnadomilladoiro@gmail.com

Asunto: Para Óscar.

Moitas grazas e un saúdo!!



5ª SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:

Para finalizar o traballo que iniciamos sobreo ioga, comparto unha imaxe de distintas asanas ou posturas que podedes levar a cabo.
Intentade facer duas cada día, manténdoas facendo cinco respiracións profundas pola nariz, expulsando o aire lentamente pola boca, a ver que tal se vos da, e se vos animade, enviade unha imaxe a vosa titora dalgunha que vos guste.


Comparto tamén unha táboa elaborada por un compañeiro de Educación Física para movernos dunha maneira orixinal.

Imos a repartir a tarefa en 3 días distintos:

En primeiro lugar, escribimos nun folio o noso nome, unha vez feito isto, comprobamos qué movemento ou actividade se corresponde con cada letra e o levamos a cabo.

Un segundo día o faremos co primeiro apelido, e outro día distinto o faremos co segundo apelido, paréceme unha actividade moi interesante e divertida, animádevos a que a fagas, e se queredes, compartide imaxes por medio das titoras.







4ª SEMANA DO 3º TRIMESTRE:

Moi boas familias e alumnado!!
Como van esas saídas? espero que as estedes aproveitando para exercitarvos un pouco. É o mellor momento para correr un pouco, saltar, xogar, andar na bicleta ou patinete ou darlle unhas patadas á pelota. O ideal é ir variando un pouco os xoguetes que utilicedes para así aumentar as habilidades que necesitedes para manipulalo ou para xogar con él.
Acordádevos de gardar todas as recomendacións e aproveitar un  pouco o sol que se poida, para nutrirnos da vitamina D, moi vencellada ao crecemento.

Esta semana propoño darlle un puntiño máis á iniciación ao ioga que presentei a semana pasada implementando uns xogos básicos: Asanas ou posturas para traballar o ioga.

1- pOSTURA DA MONTAÑA OU TADASANA:

1- Ponte de pe, estira ben a espalda, mantén os pes paralelos ea bre o peito. 
2- Levanta os dedos dos pes para sentir coma se fortalecen as pernas.
3- Agora, leva as túas mans ao peito palma con palma e despois eleva os teus brazos por encima da cabeza mentras dis: ¨Podo chegar moi alto¨
4. Po último, baixa as mans xunto ao corpo.


                                                                                     https://healthandlovepage.com/
2- POSTURA DA ÁRBORE OU VRKASANA.
1- Comeza en postura da montaña.
2- Leva a planta do pe dereito ao interior da perna esquerda e apoiala no muslo ou na pantorrilla.
3- Estira os teus brazos hacia arriba como ramas.
4- Leva as túas mans xuntas por encima da túa cabeza e estira os brazos.
5- Repite todo ca outra perna.
                                                                                         yoga.en-medellin.com
3- POSTURA DO TRIÁNGULO OU UTTHITA TRIKONASANA.

1- Separa as pernas cos pes paralelos.
2- Xira o teu pe dereito hacia fora e o esquerdo hacia dentro. Levanta os brazos en cruz.
3- Inclina o corpo hacia a dereita.
4- Baixa a túa man dereita hacia o tobillo dereito.
5- Repite todo hacia o outro lado.
                                                                                                 www.deporte.uncomo.com

3- POSTURA DO GUERREIRO I OU VIRABHADRASANA I

1- Comeza en Tadasana ou postura da montaña. Leva a perna esquerda hacia detrás cun gran paso.
2- Dobra o xeonllo dereito e descansa as túas mans sobre ese xeonllo. 
3- Dobra todavía máis o xeonllo hacia o chan e levanta os brazos e mans ao ceo.
4- Repite todo coa outra perna.
www.deporte.uncomo.com
Animádevos a seguir practicando exercicios de respiración.
Podedes facer un debuxo destas asanas ou posturas e mandarllo as vosas titoras para que mos envíen a min. Tamén sería interesante facer unha foto para compartir no blogue e darlle exemplo aos compañeiros e compañeiras.
Moito ánimo e un saúdo!!!!





AMPLIACIÓN 3ª SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:



Moi boas nenos, nenas e familias. Como van esas primeiras saídas? espero que as estedes disfrutando e aproveitándoas para facer un pouquiño de exercicio.
Propoño, como actividade, unha iniciación ao ioga. Seguro que moitos xa coñecedes esta disciplina aínda que só sexa por oidas. Quero deixar claro que é unha maneira de traballar aspectos recollidos no curriculum relacionados co esquema corporal (actitude postural,respiración e relaxación).
Paréceme un método ideal para desenvolver estos contidos. A continuación fago unha pequena reflexión sobre amiña visión con esta proposta: 

Na actualidade, o movemento ten unha compoñente máis amplia que o feito relacionado ca corporalidade, está demostrado que no movemento hai unha unión entre o corpo e a mente. Hai estudos científicos que abalan que a actividade física incide directamente sobre á aprendizaxe de maneira positiva. Esta concepción sobre a unión corpo-mente queda constatada de maneira explícita no curriculum oficial de Educación Infantil , que nomea a disciplina específica relacionada co movemento coma PSICOMOTRICIDADE.

Considero que o ioga conxuga a interrelación entre corpo e mente, desenvolvendo o coñecemento do propio corpo a través da súa percepción.

Propoño unha pequena iniciación que se irá ampliando cada semana. Para comenzar, paso dous vídeos ideais na primeira a través dunha canción moi sinxela e na segunda a través de exercicios básicos de respiración.

CANCIÓN FLOR MÁXICA (PREMER NA IMAXE)

 https://www.youtube.com/watch?v=4EamdMtfpsY


Neste vídeo, trabállanse distintas técnicas de respiración, moi rcoemndable tamén. (PREMER NA IMAXE)

 https://www.youtube.com/watch?v=tXK3D3QYqWE


Espero que vos guste, un saúdo!!


PROPOSTA DE ACTIVIDADE FÍSICA DENTRO DE CASA: 


O sedentarismo é unha pandemia cuxos efectos se incrementan nestes tempos de confinamento. 
A actividade física e as técnicas de relaxación poden ser ferramentas útiles para axudar a manter a calma e seguir protexendo a saúde durante o tempo de confinamento.
Por iso é fundamental que, nas idades máis temperás onde se adquiren os hábitos, o noso alumnado continúe con rutinas de traballo físico que incidan sobre os compoñentes da condición física para a saúde (Resistencia  Cardio-respiratoria, Forza-resistencia muscular, flexibilidade e composición corporal), combinadas coas habilidades  motrices e  coordinativas.
Perante esta situación, a Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos.
Estes vídeos constan dunha serie de actividades físicas cunha duración de 15 minutos aproximadamente, deseñadas para ser desenvoltas na casa, sen apenas material específico e dunha maneira sinxela, divertida e significativa para o alumnado de educación primaria.
Na situación actual, o exercicio físico debe ser un dos maiores aliados para combater a tensión e a frustración dos e das pequenas. A idea é facelo sempre a través do lúdico e o xogo. Que aprendan xogando e xerarlles estímulo. 



NOVIDADES NO ESTADO DE ALARMA RELACIONADAS COS MENORES DE 14 ANOS.

Comparto dúas ligazóns de interese:

GUÍA DE LAS BUENAS PRÁCTICAS EN LAS SALIDAS DE LA POBLACIÓN INFANTIL DURANTE EL CONFINAMIENTO. Ministerio de Sanidad:


Comparto unha ligazón do COLEF ¨Consejo general de la Efucación Física y deportiva¨ relativo ao aproveitamento desta hora de saída relacionandoa coa actividade física:


RECOMENDACIÓNS:

- A familia debe determinar os hábitos: Hai que explicarlles moi ben en qué consiste a medida, por qué deben cumprir as normas, o relativo ao tempo, aos xoguetes, as distancias sociais, a hixiene... o ideal sería levar unha alarma que nos avisase ao acabarse a hora, a solidaridade e o cumprimento das normas é importante, deben entendelo coma un premio polo seu bo comportamento no confinamento.

- Activación gradual e progresiva. Hai que entender que os nenos e e nenas veñen de atravesar unha etapa de pouca estimulación física, especialmente relativa ao sistema respiratorio e circulatorio, por isto o ideal é que os primeiros días dean paseos nos que podemos variar a velocidade, utilización de monopatíns ou bicicletas, relacionadas con actividades aeróbicas que non lles activen excesivamente, para que en días posteriores poidan xa facer outro tipo de actividades de outra intensidade coma saltos ou carreiras.

- Aproveitamento de momentos nos que poidan estar en contacto co sol (con gorra e crema solar) e a poder ser en contacto coa natureza, estamos na primavera e os paseos por estes entornos son ben recibidos polos nenos e nenas, sobre todo aqueles que estiveron confinados en pisos (ollo alérxicos)

- Utilización e variación dos xoguetes, que non saquen sempre o mesmo, o ideal e que cada certo tempo varíen para enriquecer o movemento e as habilidades, nos primeiros días podemos primar os que máis lles motiven.

- Na actividade física, hay tres momentos claves:

-  ACTIVACIÓN ou quencemento.
-  fase PRINCIPAL
-  RELAXACIÓN ou volta a calma.

Esta horiña que teñen para eles, o ideal e que respeten un pouco estos tempos, que vaian de menos a máis, e a relaxación a fagan na casa, aproveitando reforzar os hábitos hixiénicos, supervisando os mesmos. Ollo co suor e co frío. Establecer un pequeno protocolo para a desinfección dos xoguetes, especialmente os que están máis en contacto co chan coma os balóns. Ollo coa utilización de instalacións públicas coma bancos, tocar barandillas, papeleras...

A utilización responsable desta medida, dará pé a que poidan haber maís novedades das que podamos aproveitarnos todos, sexamos escrupulosos no seu cumprimento.

Un saúdo e a disfrutar desta horiña que teñen ben merecida.



* Posibles novidades no confinamento nos menores de 14 anos:

     A partires do domingo e a espera da publicación oficial, os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír acompañados dun adulto. É mellor esperar a que saian publicadas estas novas no BOE e despois leelas con atención, por iso esperarei a que isto ocurra para analizalas. Se finalmente se concreta esta noticia, traerá unha nova realidade no enfoque do exercicio e da Educación Física e as propostas serán máis dinámicas e máis próximas a normalidade cotiá.

Nesta nova publicación, simplemente quero recalcar algúns consellos e indicacións que fun dando neste período de cuarentena, que precidamente hoxe fai honra do seu nome : 40 días.

ALIMENTACIÓN:

Na medida do posible, facer unha alimentación equilibrada, facendo cinco comidas ao día (Almorzo, pequena merenda, xantar, merenda e cea) Comer mínimo unha peza de froita diaria e animalos e concienzalos a comer verdura e legumes.
Educación en alimentación saúdabel controlando as inxestas de chucherías, bollería industrial, doces etc. e a importancia de limpar os dentes despois das principais comidas. Ollo coas ceas copiosas, xa que se convirten en calorías que quedan almacenadas e non se queiman.

HIXIENE:

Como ben sabedes, na área de Educación Física é obrigatorio o uso do neceser. Neste neceser habería que levar unha botella de uso individual, un xabrón, unha camiseta e unha toalla de uso individual. Nesta ocasión queda máis ainda de relieve o uso PERSONAL  e INTRANSERIBEL  deste material de aseo, é moi importante recalcarlles isto. Tamén moi importante o hábito de lavar as mans e como toser así como aprender a calcular a distancia social.

AUTONOMÍA:

Dende esta área, preténdese que os nenos e nenas adquiran a autonomía en canto a hixiene post exercicio. Saber cambiarse sós a camiseta, atarse os cordóns ou se é o caso, cambiar os calcetíns de maneira autónoma.

OCUPACIÓN POSITIVA DO TEMPO DE LECER:

Un dos principais obxectivos da Educación Física, é a loita contra o sedentarismo, por isto, é moi recomandábel que ese tempo de lecer que teñen, teña dalgunha maneira relación co deporte, exercicio ou áreas de interese constructivo, no cal, se relacionan con outros nenos e nenas, implementan a súa educación e aprender valores. O abuso das novas tecnoloxías ( móvil, tablets, videoconsolas, ordenadores...) están relacionados co sedentarismo, en moitos casos co individualismo, e tamén ca obesidade.

RUTINAS:

Para que a volta a esa ¨nova realidade¨sexa o máis levadeira posible, é moi importante que continúen tendo unha rutinas mínimas relacionadas ca hora de levantarse, ca hora de irse para cama, de facer algo de exercicio,o tempo para as tarefas escolares,ter uns horarios de comidas... unha rutina que lles axude a manter a estabilidade. 

Animo a elaborar un xogo da oca como os que podedes ver un pouquiño máis abaixo, é unha maneira ideal de combinar a diversión e o movemento. 
Espero que a semana que ven, poida dar unhas novas indicacións para aproveitar ese tempo no que os nenos e nenas poidan saír da casa, se así se confirma.

Pouco a pouco as cousas van mellorando, moito ánimo e parabens polo voso esforzo.



2º SEMANA DO TERCEIRO TRIMESTRE:
Moi boas nenos, nenas e familias de Malpica!!
En primeiro lugar quería agradecer a todas as familias que estades compartindo comentarios e fotografías ou vídeos, xa que as titoras estánme a pasar moito material e a verdade é que é unha alegría ver coma se divirten os nenos e nenas e os materiais que están creando.

Para comezar, quería facer un recordatoria para mañán mércores:

De luns a venres ( de 9:00 a 14:00), en Clan TV  hai unha programación dirixida aos nenos e nenas de 6 a 8 anos, 8- 10 anos, 10-12 anos. Comparto toda a táboa, pero recalco que o MÉRCORES , é o día que dedican para a área de Educación Física e Educación Artística.

horario clases 'Aprendemos en casa'

Xa sabedes, en función da idade podedes sacar ideas  moi interesantes.


A mestra Ana do Departamento de Orientación en colaboración con Jessica a mestra de 4º recomendou unha actividade que está a ter moito éxito entre os nenos e nenas do segundo ciclo e que me parece moi moi interesante, xa que combina o xogo da oca co exercicio, tendo coma resultado un xogo dinámico, lúdico e no que entra o movemento.

Estiven buscando información e ideas semellantes a esta actividade e apareceron varias, vou a expoñer as propostas que atopei, para que poidades ter máis opcións e poder adaptar o xogo.

Para xogar a oca, precisaremos dados, por si non os tedes, achego o molde dun:

O tableiro sería este, é unha proposta que xurde duns compañeiros de Ferrol.


Outro tableiro máis completo sería o seguinte:


Aquí teríamos outro inspirado en serpes e escaleiras, o seu autor é Álvaro Martí Ibañez.

Imagen

Como podedes ver, hai varias ideas. O bonito sería que fixérades sacando ideas destas propostas a vosa propia oca, aínda que non tivérades con quen xogar, poderíades xogar sós intentando chegar á linea de meta facendo as probas.

Un saúdo e recordade, olliño cas consolas, con estar moito tempo seguido sentados diante da televisión e cos doces.


Moito ánimo.



AMPLIACIÓN 1ª SEMANA DO TERCEIRO                                TRIMESTRE:
Proposta de traballo: Elaboración de dous xoguetes con material de refugallo para traballar os lanzamentos e a forza:
Moi boas nenos, nenas e familias, comparto un vídeo no que explico como elaborar cunha botella grande de auga e unha caixa de cartón dous xoguetes para practicar os lanzamentos en combinación con exercicos de forza.
No xogo da botella: 
- Sentadilla+ salto+ lanzamento. 10 veces
No xogo da caixa: 
- Túmbome, lanzo e vou rápido a pol pelota de papel albal.
10 veces. (É unha adaptación das flexións dándolle un tono lúdico)
A máis velocidade, máis complexidade. Pódense variar as distancias.

Animádevos a crear os voso pequeno ximnasio na casa!!!




Escribo os pasos por se hai dificultades co vídeo:

* XOGO CON BOTELLA DE AUGA GRANDE ( + de 3 litros)

- Material: Botella de auga grande, tesoiras, cartulina, folio, rotulador, papel albal e un obxecto punzante.
O resultado final sería este:
O ideal e colocalo sobre unha mesa ou superficie elevada para que o lanzamento se fixese o máis frontal posible.
(SENTADILLA + SALTO+ LANZAMENTO) 10 veces.

* XOGO CON CAIXA DE CARTÓN EN FORMA DE COELLO.

- Material: Caixa de cartón, cartulina, folio, rotulador e cinta adhesiva.
O resultado final sería este:

* Animo a que cada neno ou nena faga a súa caixa co seu animal favorito, seguro que se saen cousas moi chulas.
Este o colocaríamos a ras do chan, habería que lanzar tumbados e levantarse rápido despois de lanzar (estilo flexión)
(TUMBADO+ LANZAMENTO+ LEVANTARSE RÁPIDO)
10 veces.

* RECORDO: Para maiores, 5º e 6º

Por se non o sabíades, hai unha canle que fai un programa de televisión para movernos pola mañá:

Canle: TVE 2.

Programa: Muévete en casa.

Hora: 9:00

Paréceme unha idea interesante, xa que as propostas que se fan dende o blogue quedan supeditadas á realidade de cada un. Hai xente que ten terreo e non ten problema para que os nenos e nenas xoguen, pero haberá tamén nenos e nenas que vivan en pisos, que serán de maior ou menor superficie, e que contarán con máis espazo, material etc. polo tanto, o que quero é ofrecer variabilidade de propostas, xogos para que os poidades adaptar a vosa realidade.

Unha aperta.


TERCEIRO TRIMESTRE:

Moi boas querido alumnado,
en primeiro lugar quería decirvos que espero que estedes ben vos e as vosas familias. 
Como ben sabedes, hoxe comeza o terceiro trimestre, un trimestre diferente, pero que temos que poñer en marcha a pesar das dificultades.
As miñas propostas van dirixidas a aportar recursos e ideas para levar este confinamento da mellor maneira posible facendo un pouquiño de exercicio.
Seguirei un pouco a mesma línea que viña traendo, farei propostas de sesións, recomendacións relacionadas coa saúde, propostas de xogos e recursos.
A área de Educación Física, polas súas características, ten se cabe maiores obstáculos nesta situación, porque os espazos e os materiais que ten cada neno ou nena son distintos. 
Hai nenos ou nenas que viven en pisos con máis ou menos espazo, hainos que viven en casas con terreo, hainos que non teñen irmáns e outros que sí os teñen... moitos condicionantes que fan complexo elaborar unha resposta común e adecuada as distintas realidades, por iso adoptei esta estratexia de facilitar recursos, ideas e propostas.

Comezo pois, comunicando que na televisión hai unha programación dirixida aos nenos e nenas de distintas edades.

De luns a venres ( de 9:00 a 14:00), en Clan TV  hai unha programación dirixida aos nenos e nenas de 6 a 8 anos, 8- 10 anos, 10-12 anos. Comparto toda a táboa, pero recalco que o MÉRCORES , é o día que dedican para a área de Educación Física e Educación Artística.
horario clases 'Aprendemos en casa'

Penso que é interesante polo menos, coñecer este recurso. Xa sabedes, o mércores en funcións das idades a partir das 9:00 horas.

XOGOS CON MATERIAL DE REFUGALLO:

Comparto un vídeo no que propoño elaborar un sinxelo xoguete cun vaso de iogurt ou vaso de plástico, unha pequena corda ou lana e papel albal.
Con él poderemos traballar a coordinación óculo-manual e a lateralide. Sale tamén o meu gato, que anda un pouco rebelde jejeje
un saúdo e animádevos a facelo e a practicar, fixádevos con que man vos sale mellor e identificade se é a dereita ou a esquerda.



* PROPOSTA DE SESIÓN:

1ª PARTE:
Realizamos a rutina de quencemento na que traballamos as diferentes articulacións dende os nocellos ata os hombreiros. Podemos pararnos un pouco máis nas sentadillas , soemos facer 6, que fagan algunha máis e que as combinen con salto ( sentadilla + salto) a 10 repeticións.

PARTE PRINCIPAL:

Propoño facer un conto motor. Caracterízase por ser un conto que lle imos narrando aos nenos e nenas e eles van adaptando o movemento e as emocións as situacións que lles imos dicindo. É moi interesante sobre todo para os maís cativos. 

* Antes diso, terán que elaborar un mapa do tesouro feito por eles con camiños e marcas e elaborar cunha folla de periódico unha variña máxica.

AS PARTES EN NEGRIÑA SON AS PARTES QUE TEN QUE FACER O NENO OU NENA.

Fai moito tempo, existía un mundo de maxia, onde vivían magos, meigas, fadas e trasnos. Todos eles vivían nas profundidades dos bosques ou agochados nas illas Sisargas. Os magos vivían nun pobo chamado Malpica e as meigas, fadas e trasnos nun pobo veciño, chamado Buño.
Os magos eran moi altos e corpulentos, os cales sempre levaban con eles a súa variña máxica. 

Collemos a variña feita con papel de periódico  e fan coma se foran grandes, poñéndose de puntillas e abrendo os brazos.

Un día, reuníronse os aprendices a magos para dar unha volta, e atoparon un mapa no chan. Era un mapa con camiños, sinais e debuxos, que indicaba onde se atopaba un gran tesouro.

Collemos o mapa feito previamente polos nenos e o miran.

De repente o aprendiz máis xoven e atrevido, deuse conta de onde podería atopar o tesouro e púxose moi contento saltando de alegría. 

O neno/nena salta de ledicia

Ao día seguinte , o aprendiz coa súa variña máxica saeu andando na búsqueda do tesouro e adentrouse nas profundidades dos bosques de Buño, apartando os matorrais e ramas das árbores coa súa variña.

 O neno/nena anda pola casa coa súa variña e despexando o camiño na busca do tesouro perdido


Ao cabo dun tempo, atopouse cunha fada que estaba ao pe dunha árbore, e acercouse a ela saltando por riba de outras árbores que había tiradas.

 Agora saltaría por enriba das árbores cunha perna, con outra, cas duas pernas...


A fada, nese momento, que estaba dormida espertouse e cando veu ao aprendiz alí xunto a ela, deulle moita alegría e non facía máis que revolotear arredor del.

O neno/a move os brazos de arriba a baixo , coma se tivera alas.

Pero a ledicia durou pouco, cando a fada lle dixo ao aprendiz de mago que estaba perdida, pois el tamén se desorientara. 

Agora o (neno/a) pon a cara triste e camiña con expresión cabizbaixa.

Ao principio, non sabían que facer, xa que tiñan moito medo, pero ao final, armáronse de valor e decidiron volver a atopar o camiño de volta.

Ao pouco tempo, empezouse a facer de noite, polo que o aprendiz de mago ía diante iluminando coa súa variña e a fada detrás o seguía.

(o neno ou nena) apunta coa variña coma se fose unha lanterna e avanza con coidado.

Andaban e andaban apartando os matorrais e os matoxos, cando de repente o aprendiz parouse en seco ao ver no horizonte unha montaña que lle resultaba familiar, moi cerca do seu fogar, así que correron cheos de emoción e alegría nesa dirección.

Corren dende unha estancia a outra.

Pero non era tan sinxelo, xa que estaba oscuro e atopáronse cun camiño cheo de pedras moi grandes, que tiñan que esquivar facendo  zig-zag. 

Desprázase dando saltos de un lado a outro tipo zig-zag.

Despois chegaron a un río que atravesaron por debaixo dunha gran cascada que había ao final, pegando a espalda as rocas, andiveron despacio, ata chegar a outra orilla.

Desprázase lateralmente apoiando a espalda na parede. 

Máis tarde atopáronse cun conxunto de rocas que só podían atravesar arrastrándose por debaixo delas.

O neno/nena repta 

Seguiron camiñando , pero empezaron a sentirse moi cansos, e atoparon unha cova, dirixíronse a ela superando un barranco pasando por enriba dun tronco que o atravesaba. 

Camiña de puntillas con moito coidado e cos brazos abertos mantendo o equilibrio.


Cando chegaron á cova decidiron tumbarse para descansar, como o aprendiz estaba tan nervioso, rodou un pouco hacia un lado e hacia outro ata que se relaxou.

Fai a croqueta e se relaxa


De súpeto, escoitaron pasos, espertáronse inmediatamente para prestar atención cando os seus amigos feiticeiros entraron na cova. 

- Atopáronnos fada máxica!! 

Puxéronse todos moi contentos dando saltos de ledicia.

Da saltos de ledicia e cara sorrinte.


Finalmente, acompañaron ao aprendiz e a fada a súa casa mentras falaban da súa peligrosa aventura.

FIN.




II AMPLIACIÓN 3ª SEMANA EDUCACIÓN FÍSICA:

Moi boas nenos e nenas de Malpica!! 
estou esperando a ver se alguén se anima a publicar un comentario unha foto a contar que tal vai... que non vos de vergoña, se non que vos axuden na casa. Mandádeme unha mensaxe ou compartir que tal estades nos comentarios para saber de vos.

Hoxe propoño iniciarnos nos malabares. Se alguén se anima a facer un comentario, eu me comprometo a subir un vídeo facendo malabares XD
É posible que a complexidade desta habilidade non lles permita facer aos nenos malabares con tres pelotas, pero poden iniciarse con unha, e logo con dúas, sería moi interesante para mellorar as súas habilidades manuais.
De entrada vou a compartir uns vídeos nos que se explica como se poden fabricar pelotas de malabares e a continuación, uns exercicios básicos de iniciación. 

Os malabares permítennos  desenvolver as habilidades óculo-manuais, o que nos axudará así a mellorar a nosa coordinación óculo - manual.

Estas habilidades requiren de dous ingredientes moi moi importantes, o primeiro, a constancia, e o segundo, a paciencia ou viceversa jejejeje.

Iniciarse pode ser frustrante, pero asegúrovos que se persistides, poderedes obter resultados.

A continuación, se premedes nas imaxes, poderedes acceder aos vídeos.

Neste vídeo, podemos ver como fabricar bolas de malabares utilizando arroz e unha media (PREMER NA IMAXE)




Agora comparto outro vídeo, nesta ocasión, utilízanse globos e arroz. (PREMER NA IMAXE)


Para finalizar, comparto un vídeo (PREMER NA IMAXE) de iniciación aos malabares, a ver se vos animades e vos vai saíndo algo, xa sabedes, paciencia e constancia.
Este vídeo está moi ben, paréceme ideal para iniciarse.



BAILES DE MÚSICA ACTUAL.

Comparto unha ligazón do just dance en youtube, hai varios vídeos nos que se poden ver distintas coreografías, teríades que elexir a música e observar na pantalla (preferiblemente de ordenador) os pasos.



Faríame moita ilusión que me mandárades un vídeo practicando algunha destas cousas que vos recomendei.

Moitos saudos!!!!

Iso é todo por hoxe, unha aperta e moito moito ánimo!!!






AMPLIACIÓN 3ª SEMANA EDUCACIÓN FÍSICA:

Ola queridos alumnos e alumnas, que tal estades?  gustaríame saber algo de vós, saber como vos vai e saber se estades á facer estas actividades que subo ao blogue.

Hoxe vou a compartir un vídeo moi interesante. (PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO) Como ben sabedes, este ano estivemos traballando os xogos tradicionais, e especialmente o salto a comba.



Sei que algúns tedes comba na casa e outros non, por iso, comparto un vídeo titorial no que ensinan como facer unha comba utilizando bolsas de lixo.
Se os vosos pais ou nais teñen algún cable inservible ou algunha corda que non usen, poderíase adaptar para utilizar coma comba, que vos axuden nesta tarefa e preguntade sempre antes de coller algo.
https://www.youtube.com/watch?v=hDeyBX1222s



Neste vídeo (PREMER NA IMAXE) amosan como fabricar a túa propia comba con material de refugallo. Se a tedes por casa, ou conseguides fabricala, practicade os saltos da seguinte maneira:

- Saltar coa pata coxa ( a ver cantos saltos sodes capaces de facer )
- Saltar coa outra perna  ( a ver cantos saltos sodes capaces de facer )
- Saltar cos dous pes xuntos.
- Intentar saltar a corda pasándoa hacia atrás (Espalda)
- Practicar o cruce a ver se vos sale.
- Combinar estes saltos ( cunha perna, cas dúas, unha vez con cada unha coma se andáramos...)

* Comparto outro vídeo no que explican moi ben a técnica dos saltos básicos.(PREMER NA IMAXE)

 https://www.bing.com/videos/search?q=SALTOS+COMBA+BASICOS&docid=608006436266442777&mid=A71AAAEDE32F9544D554A71AAAEDE32F9544D554&view=detail&FORM=VIRE


A comba é unha actividade moi moi completa, máis completa que camiñar ou correr. Se tedes a oportunidade, practicade un pouquiño todos os días.






TERCEIRA SEMANA (30 marzo – 5 abril)

Moi boas a todos e a todas, que tal estades? Espero que vos vaia ben e que estedes a facer todos os días un pouquiño de exercicio, como ben sabedes é fundamental moverse nestes tempos de confinamento.
A continuación vou a dar unha serie de recomendacións, infomación e unha proposta de sesión.

EXERCICIO NA TELEVISIÓN:

Por se non o sabíades, hai unha canle que fai un programa de televisión para movernos pola mañá:

Canle: TVE 2.

Programa: Muévete en casa.

Hora: 9:00

Paréceme unha idea interesante, xa que as propostas que se fan dende o blogue quedan supeditadas á realidade de cada un. Hai xente que ten terreo e non ten problema para que os nenos e nenas xoguen, pero haberá tamén nenos e nenas que vivan en pisos, que serán de maior ou menor superficie, e que contarán con máis espazo, material etc. polo tanto, o que quero é ofrecer variabilidade de propostas, xogos para que os poidades adaptar a vosa realidade.

RECOMENDACIÓNS NO CONFINAMENTO:

A área de Educación Física non se limita só ao exercicio físico, o contido que xira en torno a esta materia está recollido en 6 grandes bloques. Un dos bloques versa sobre a actividade física e a saúde. Dentro deste bloque, trátanse temas como:
-       A saúde.
-       A alimentación
-       A hixiene persoal.
-       A autonomía.
-       A ocupación positiva do tempo libre
-       Etc.

Por iso, quero recalcar a importancia de que os nenos e nenas se movan, que salten, que se levanten e se despracen, que fagan tarefas nas que inteveñan tamén os brazos etc.
Que fagan unha alimentación equilibrada, que non abusen da bollería, dos doces etc. que poden utilizarse en todo caso e de forma puntual coma unha forma de premiar ou reforzar unha conduta, pero que non formen parte da súa alimentación diaria.
Recalcar a hixiene persoal, especialmente as mans antes de comer algo. Asegurádevos de que aprenda ben esta conduta, que será necesaria tamén levar a cabo no futuro para sobrelevar esta situación.
Na hixiene persoal, recalcar que as botellas, toallas ou xabrón son cousas que deden formar parte sempre do seu neceser e non compartir cos seus compañeiros e compañeiras.
A autonomía no feito de que canto antes aprendan a atarse os cordóns, cambiarse de roupa ou asearse sós, máis maduros serán.
E por último, a ocupación positiva do tempo libre, en canto a que intenten non abusar dos videoxogos, a estar moito tempo seguido vendo debuxos, tablets ou móviles.
·         Sei ben que non é nada sinxelo aplícalo e que é moi fácil de dicir, pero na medida do posible, temos que intentar que este período de tempo non lles afecte no seu crecemento nin nas súas rutinas, é pasaxeiro, polo tanto cando isto pase, maís sinxelo será para eles volver o día a día.
Despois destas recomendacións, fago unha proposta de sesión.
SESIÓN:

1ª PARTE: QUENCEMENTO

Facemos o quencemento que temos coma rutina antes de comenzar, penso que lles axuda a poñerse en situación e que así traballan a memoria. As partes finais destinadas a mover os brazos e as pernas (sentadillas, saltos) pódense repetir máis veces para activalos máis.

- Sería interesante facer unhas saídas en velocidade partindo dende diferentes posiciòns: Deitados, boca arriba, boca abaixo, sentados, sentados en posición frontal en posición de espaldas. dende cuclillas....

2ª PARTE:

EQUILBRIO: Escollemos libros, periódicos oo calquer obxecto plano que poidan levar enriba da cabeza ( 5 por exemplo e de distinto tamaño) o obxectivo é levar eses obxectos un a un dende unha estancia da casa outra ( dende a sala ata a habitación por exemplo) e despois traelos de volta variando o tamaño das zancadas.

 A PETANCA: 
Facemos bolas de periódico ben prensadas
 (4). Colocamos unha pequena separa dous metros maís ou menos. Marcamos unha referencia. Hai que lanzar as pelotas intentar tocando a máis pequena. Primeiro c aman dominante, despois ca outro e despois alternando. Que reflexionen con cal lle costa máis para interiorizar esquerda/
 dereita.

XIROS:
-       Practicar a croqueta (xirar sobre sí mesmos tumbados)
-       Practicar xiros de distintos grados combinados con saltos de distintos grados ata facer o xiro completo sobre sí mesmo (360)
-       Incluir estos elementos nun pequeño circuito no que poñamos coma obstáculos cousas da casa que obriguen a ao neno ou nena a reptar, ir en cuadrupedia, ir hacia atrás…hai que ter imaxinación.

SALTOS:
·         No pasillo o onde teñamos máis espazo.
-       Deixamos os tenis desatados nun extremos. O neno sae descalzo, ponse un tenis e volve ao punto de partida.
-       Vai a pata coxa co tenis que puxo, e pon o que lle falta e volve correndo.
-       Saltando como unha rá.
-       Saltando hacia atrás.
-       Saltando de lado.
-       Saltando coma canguros.


3ª PARTE:

FLEXIBILIDADE: Para facer co teu irmán ou pai/nai…

INDIVIDUAL:






Moito ánimo e un saúdo!!!!

AMPLIACIÓN DE TRABALLO PARA A SEGUNDA SEMANA DA CUARENTENA:

Moi boas familias e alumnos e alumnas de Malpica,
A continuación fago unha pequena ampliación de traballo para esta segunda semana de confinamento. O meu oxectivo é proporcionar ideas para que os vosos fillos e fillas poidan continuar facendo algo de exercicio a pesar das complicacións . Aqueles que tedes a sorte de contar cun terreo privado para poder saír, animade aos voso nenos e nenas a correr, saltar e xogar, repito que están nunha época de crecemento e que teñen que estimular o movemento co fin de fortalecer as articulacións.

1ª PARTE: 
Considero importante que fagan o quencemento que temos coma rutina antes de comenzar, penso que lles axuda a poñerse en situación e que así traballan a memoria. As partes finais destinadas a mover os brazos e as pernas (sentadillas, saltos) pódense repetir máis veces para activalos máis.

2ª PARTE:
- Sería interesante facer unhas saídas en velocidade partindo dende diferentes posiciòns: Deitados, boca arriba, boca abaixo, sentados, sentados en posición frontal en posición de espaldas. dende cuclillas.... 

- SALTO DE PAQUETES (en vez de salto de vallas): 
Buscamos algún obxecto que lles sirva de referencia aos nenos e nenas para saltar. Colocamos por exemplo canutos de papel de periódico no chan (Follas enroladas sobre sí mesmas)separados unos 30 centímetros (aproximadamente) o caso é que lles collan os pes no espazo entre eles. Podemos colocar uns 8 canutos. Facemos as seguintes tarefas de saltos :
* Saltar cos dous pes xuntos.
* Saltar pisando unha vez con cada pe .
* Saltar a pata coxa.
*Saltar ca outra pata coxa.
* De lado
* Calquer outra variente que se vos ocurra.
** Podemos facer un slalom entre estes canutos tamén tipo zig-zag.

- QUE NON CAIA:
Facemos unha bola con papel de periódico reforzada con cinta adhesiva, e a proposta é ver cantos toques somos capaces de darlle a bola sen que caia, utilizando as mans (primeiro unha, logo outra...)despois podemos utilizar tamén os pes, é compricado, pero debemos intentar que utilicen máis partes do corpo.

- O LIMBO:
Gústalles moito este xogo. O podemos preparar utilizando un cable longo ou unha corda. Trátase de pasar por debaixo sen tocar esta referencia. Iremos baixándoa pouco a pouco ata que a teñan que pasar reptando. 
* Podemos darlle a volta ao xogo e partir dende o chan e ir subíndoo pouco a pouco, a idea é que agora a pasen por enriba,non ten por qué ser saltándo, senón rebasando, pasando unha perna por enriba e logo a outra.

- TAREFAS CON GLOBOS:
Golpeámolo con diferentes partes corporais: Cos distintos dedos da man, cunha man e con outra,  co cóbado, co hombreiro, ca cabeza, co nocello, cos pes etc. Podemos facer a escaleira: pe, xeonllo, muslo, cóbado, hombreiro, cabeza e baixando polo outro lado.
* Tumbados intentar mantelo no aire sen que caia.
* Sentado intentar mantelo no aire sen que caia.
* Levalo dándolle golpes dende unha estancia da casa a outra.



- PARTE FINAL:
Traballamos a respiración. Facemos unha boliña pequena con papel, o obxectivo é que a leven soprando polo chan dun lugar a outro que lle indiquemos (dende a habitación ata a cociña por exemplo). 
* Outra variante pode ser facer varias boliñas e que soprándolles unha vez forte a metan dentro dunha caixa tumbada ou dun vaso tumbado.

Espero que vos sirvan de guía, seguirei aportando material. Os que queirades compartir dúbidas ou contarme que tal ides, xa sabedes, ao final desta publicación na parte de comentarios, podedes dicirme que tal vos vai. 

Todo o meu ánimo e o meu apoio, estou seguro de que vos estades portando xenial.

Moito ánimo!!!!!!








                SEMANA 2. ( 23-29 MARZO)


Ola queridos alumnos, alumnas e familias!! Que tal estades? Por aquí, na miña casa estamos ben, non saímos nada a rúa e cumprimos cos consellos que nos deron dende o principio. NON SAIR DA CASA, estou seguro de así o estades a facer campeóns!!

Pásovos unha serie de xogos que podedes levar a cabo nas vosas casas, así poderedes escoller mellor cal se adapta as vosas circunstancias. Ahí os tedes:




BATERÍA DE XOGOS:
Vexo, vexo: Xogamos co neno ou nena, lle dicimos:
-          Vexo, vexo
-          Que ves ?  ¨Respóndenos o neno ou nena¨
-          Unha cousiña
-          De que cor é?A partir deste diálogo, o neno ou nena ten que ir diciendo cousas que vexa da cor que lle indicamos, e a medida que se acerque (quente) ou lonxe (frío) lle imos dando as pistas.



O escultor:
O neno ou nena terá os ollos fechados. Nós (pai/nai) faremos unha figura co noso corpo, por poñer un exemplo cos brazos abertos en cruz. O neno ou nena terá que adiviñar a postura que temos só tocándonos coas súas mans.





O espello ou a sombra: O pai/nai fará posturas, xestos ou movementos e o neno ou nena terá que imitalos, despois podemos cambiar os papeis.



A búsqueda do tesouro: Eleximos un obxecto ou un xoguete do neno ou nena e o escondemos nalgún lugar dunha habitación elexida, ou da casa e terá que atopalo. Podemos poñerlle un límite de tempo (3-5 minutos)


Escondite: O neno ou nena terá que buscar un agocho e ficar alí ata ser atopado.

O lazarillo: Poñémoslle unha venda ao neno ou nena , mediante as nosas indicacións terá que chegar a un lugar que lle indiquemos previamente (dunha habitación a outra)

As estatuas:  Poñemos unha música que lle guste ao neno ou nena e cada vez que a paremos terá que pararse repentinamente, o facemos en distintos temos.



Pares e nones:  Xogo en parellas. Cada un esconde unha man detrás da espalda e eleximos (un pares e outro nones) contamos unha, dúas , tres e ensinamos cada un a man cun número de dedos extendido. Sumamos os dedos, se o resultado é par, gañará o que escolleu pares e se é impar, o que escolleu nones.

A moeda máxica: Xogo de parellas. Un terá unha moeda na man e detrás da espalda, a esconderá nunha man uu noutra, o outro xogador terá que adiviñar en que man a ten. Pódese enfocar dende un punto de vista competitivo, a ver quen chega antes a 5 puntos.

Que falta?: A xogar por exemplo no salón o nunha habitación. O neno ou nena observa a súa habitación ou salón e vaise para outra dependencia da casa. O pai/nai esconderalle o xoguete ou material que queira, cando diga xa, o neno ou nena volverá e terá que adiviñar que é o que falta. Sen remexar moito as cousas :-D

Lanza penaltis: Facemos unha portería feita con roupa (duas referencias que serán os postes) , collemos un papel de periódico que podemos reforzar con cinta adhesiva e lle lanzamos a pelota, o neno ou nena sentado, terá que intentar parar os lanzamentos.

Desfile de animais: Por exemplo podemos xogar nunha habitación ou no pasillo, lle indicaremos ao neno ou nena o animal que ten que facer e o desprazamento relacionado con estes animais:

-          SERPE: Facer o desprazamento reptando.
-          CAN LASTIMADO: O desprazamento realizarase con tres apoios ( Cun brazo ou cunha perna levantada)
-          GATO: Desprazamento en cuadrupedia.
-          CANGURO: Saltando cos dous pes xuntos.
-          FLAMENCO: A pata coxa e logo con outra.
-          O SAPO: Saltando dende a posición de cuclillas.
-          O GUEPARDO: A máxima velocidade
-          A TARTARUGA: A cama lenta.
-          O CANGREXO: De lado ou cara atrás en cuadrupedia.





Os birlos: Con botellas de plástico ou latas. Construimos unha bola de papel reforzada se temos, con cinta adhesiva, e intentaremos derribalos, poden ser botellas, poden ser bonecos de pe ou calquer outro material que se adapte.

Correcamiños: Con duas follas de periódico: Collemos dúas follas de periódico. Partimos dende un extremo da casa e temos que chegar a outro (outra habitación) pisando só enriba dos papeis. Un o levan na man, o outro o colocan e pisan enriba, Unha vez enriba, colocan o outro diante,e así sucesivamente sen tocar o chan.

Saltar o río: Con dous cables postos en paralelo (por exemplo, valdrían cordas) O neno ten que saltar dun lado ao outro do río sen pisalo, porque no río hai pirañas. Cada vez que salte, faremos o río un pouquiño máis ancho,  ata ver ata onde é capaz de saltar.

Malabares:  Construimos con papel de periódico duas pelotas de papel ben compactas e realizaremos xogos de iniciación aos malabares:




O robot ao que se lle esgotan as pilas:  O neno ou nena móvese coma se fora un robot, e ímoslle dando as seguintes pautas:
-          Acábanse as pilas dunha man.
-          Acábanse as pilas duna brazo
-          Acábanse as pilas dunha perna.
-          Acábanse as pilas do pescozo.
-          Acábanse as pilas doutro brazo
-          Acábanse as pilas da espalda.
-          Acábanse as pilas da cabeza.
-          Acábanse as pilas da outra perna.
-          Acábanse as pilas do corpo: O nenos ou nena acaba tirado no chan relaxado, só se poderá poner de pe cando lle poñamos unha pilas novas (facéndolle cóxegas)
  

MAÑAN SUBEREI MÁIS COUSAS. UNHA APERTA GRANDE A TODOS E TODAS E A MOVERSE, COIDADO COAS CONSOLAS E CO SILLONBOL.
APERTA!
Podedes facer comentarios, enviar algunha foto ou  preguntar dúbidas.
Moito ánimo!!




LIGAZÓNS DE INTERESE NESTA CUARENTENA:

Ola a todo o mundo e moito ánimo!! achego unha serie de ligazóns relacionadas con actividades que podedes facer na casa. Haberá cousas que non se podan levar a cabo por falta de material ou espazo. O que pretendo é achegar ideas e que poidades escoller as que mellor se adapten as vosas circunstancias e podades ter así recursos. Combinarei propostas de sesións con baterías de xogos e ligazóns de interese.

É moi importante que os nenos non pasen demasiado tempo xogando a videoxogos ou vendo debuxos animados un tempo prolongado de tempo.

Están nunha etapa de crecemento, polo tanto o movemento é imprescindible para fortalecer músculos, tendóns , articulacións e osos. Na medida do posible, cando poidades e o tempo acompañe, que lles dea o sol xa que a vitamina D é moi importante para o crecemento. (o que poida entrar pola fiestra)

A falta de mobilidade, en algúns casos, pode desembocar en aumento de peso, sería interesante que tiveran, dentro das posibilidades unha dieta equilibrada (sen abusar de chuches, bollería e doces), e non comer moito na cea, pois son calorías que non van a queimar e quedarán almacenadas.

Sei que é compricado levar a cabo tantas cousas, simplemente intento dar unha pautas e recomendacións.

AHÍ VAN AS LIGAZÓNS:

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA:

Neste vídeo, as actividades que se propoñen son:
- Traballo óculo-man cun globo.
- Golpeo do blobo con raqueta.
- Slalom entre botellas.
- Multisaltos sobre pau de vasoira.
- Lanzamentos (encestar nunha tarteira)

XOGOS ORIXINAIS PARA ENTRETER AOS RAPACES:


Neste vídeo achéganse varios xogos non só específicos de Educación Física, senón de outras modalidades. Son xogos moi interesantes e que penso que todos os poderedes levar a cabo. Aconsello ver estas dúas ligazóns, pódense sacar ideas moi interesantes.










                         SEMANA 1 (do 16 ao 20 de marzo de 2020)



SESIÓN 1:

1- Temos de rutina unha movilidade articular que facemos todos os días antes de empezar e que os nenos e nenas coñecen. ¨QUENCEMENTO¨

2- Traballamos o EQUILIBRIO e entramos en calor: 

Necesitamos unha folla de periódico e música. 

Colocamos a folla estirada no chan e poñemos a música - ALGUNHA QUE LLES MOTIVE- ( o neno ou nena ten que bailar con intensidade diante da folla). 
Cada 15/20 segundos paramos a música e nese instante o neno ou nena tense que poñer enriba do periódico. Unha vez feito isto, dobramos a folla pola metade e continuamos ca música (non bailan enriba da folla) e aos 15/20 segundos volvemos a parar, volvendo a colocarse enriba. Volvemos a dobrar a folla e continuamos coa música e sí sucesivamente mentras a folla vaise facendo cada vez máis pequena e ao neno ou nena lle costa máis manter o equilibrio cando para a música. (Cada vez que se para, dóbrase a folla, e acabará facendo equilibrios sobre un pé coa superficie cada vez máis limitada)
* Variante: Bailar enriba da folla e parar a música cada 15/20 segundos, dobrar a folla a metade e seguir bailando enriba, así sucesivamente mentras o neno ten cada vez máis dificultade para bailar.

3- Con outra folla de periódico faremos o seguinte: TRABALLO DE DESPRAZAMENTOS E EQUILIBRIO.

- Poñen a folla estirada enriba da cabeza e recorren o pasillo sen que lles caia (ida e volta variando de velocidade).
- Poden facer o mesmo pero a ¨catro patas¨ levando o papel na espalda.
- O mesmo levando a folla sobre un hombreiro e logo sobre o outro.
- Reptar ca folla enriba da espalda sen que caia

4- Collemos a folla de periódico e facemos unha bola. TRABALLAMOS AS HABILIDADES MOTRICES . 
Con esa bola feita faremos o seguinte:
- Lanzar hacia arriba, dar unha palmada e collela sen que caia ao suelo.
- Lanzar hacia arriba, dar dúas palmadas e collela sen que caia ao suelo.
- Nivel pro: Dar tres, catro ou maís a ver cantas son capaces de dar :-D
- Lanzar hacia arriba, tocar o chan e collela.
- Lanzar hacia arriba, dar un xiro sobre sí mesmo e collela.
- Combinacións tipo lanzar ao aire, tocar chan, dar unha palmada e collelo...
* Variante: Lanzar cunha man, coa outra, cas dúas...

5- Con esa bola (ou outra que podemos reforzar con cinta adhesiva) xogaremos ao ¨ bolacesto¨. Collemos unha referencia e facemos uha pequena competición co neno ou nena a ver quen mete máis lanzamentos variando as distancias de lanzamento. Podemos utilizar de canastra unha caixa de cartón, un cubo... 4 referencias distintas e en cada referencia 4 ou 5 lanzamentos.

6- RELAXACIÓN: ligazón para facer un exercicio de relaxación.






SESIÓN 2:                         

1ª PARTE.
-      Rutina de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).

Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
-      Deitados boca abaixo, levantarse e correr ata a referencia que lles marquedes.
-      Deitados boca arriba igual.
-      Sentados coas mans levantadas.
-      Dende a posición de cuclillas.
-      Dando saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.



2ª PARTE:
Podemos facerlles un pequeno percorrido utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
-      Pasar por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.


3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU PALOMA BRANCA-PALOMA NEGRA.   LIGAZÓN: 


BRUXA MANDA COR. Decímoslles: Bruxa manda cor… e dicimos unha cor que haxa na sala, o  neno ou nena ten que saír correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós, pode ser divertido.



VOLTA Á CALMA:
Reproducimos o nacemento dunha planta.
O neno está no chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto dunha regadeira)
Daquela o neno ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño) abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está completa,  o sol marcha e vaise marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a respìración e o movemento do peito que sube e baixa.



Veña, a moverse!    

Estades convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas a picarosmilladoiro@gmail.com






Ningún comentario: