Áreas 2019/20

Nesta páxina iremos dando conta das Linguas, dentro das cales teñen cabida multitud de actividades para ser competentes nas nosas dúas linguas: Lingua Galega e Lengua Castellana.

Lingua Galega

Feliz Día das Letras Galegas 2020!

O 17-5-2020 celebramos o Día das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carballo (Carbalho) Calero.
Imos coñecelo...xogando! 
Picade na seguinte imaxe e accederedes a un xogo en liña de retos varios. 
Na páxina veredes esta imaxe, para comezar o xogo só teredes que picar no altofalante (rodeado cun círculo vermello na imaxe) e a enredar.
Cada reto superado é un número de recompensa (recordade ir anotando nun papel cada número conseguido), ao final do xogo necesitaredes todos eses números para descubrir a mensaxe segreda.
Animádesvos a superar cada reto e...descifrar a mensaxe segreda final?

Reto a reto...as Letras Galegas supero!















NON É UNHA FOLLA

Un conto cheo de maxín e amor escrito e contado por Mónica Pérez Rivera.

A xogar co maxín!





POEMAS CON CANELA

Picando na imaxe accederedes á lista de reprodución de vídeo-poemas musicados da canle A foliada dos Pícaros. Animádevos a gravar un dos poemas e envialo para o programa de Radio Balea, Festexamos: Día da Poesía 2020.



CONTOS CONTADOS. KALANDRAKA TV 



Nesta páxina iremos publicando propostas de repaso da área de Matemáticas.


MATEMÁTICAS

CÁLCULO

Bo día alumnado e familias, como cada mañá facíamos o noso Calculín para practicar o cálculo mental deixámosvos un enlace dos recollidos na pestana de Recursos 1º e 2º para crear o voso libriño diario de operacións. Picando no seguinte enlace accedemos ao mesmo.

Cálculo online


Só temos que selecccionar na columna esquerda a operación que queremos (suma, resta, multiplicación...), o número de páxinas (unha operación por páxina), o número de cifras que terá cada operación e a calcular!

Vídeos-repaso. Picando nos enlaces accederedes a eles:





RELOXO E HORAS

Alejandro García de 2º e familia enviáronnos este fermoso vídeo do lapbook de Matemáticas "Reloxo e horas" que elaboraron na casa. GRAZAS POR COMPARTILO CON TODOS/AS NÓS!
Animádevos a facer os vosos lapbooks ou os vosos reloxos!



Vídeo-repaso do reloxo. Picade nos enlaces para acceder:


                                                  FIGURAS XEOMÉTRICAS
Vídeos-repaso de xeometría, picando en cada enlace accederedes a eles:

CIENCIAS

Nesta páxina iremos publicando recursos das Ciencias: Naturais e Sociais.

CADERNO DE CAMPO. Aula 1º de Primaria

Este é o caderno de campo proposto na TI Cos pés na terra e que fixemos a partir das vosas fotografías sacadas durante os paseos pola natureza neste mes de maio e as follas das palabras. Estou moi orgullosa de vós, do voso esforzo por seguir aprendendo. Agardo que vos guste este caderno CHEO DE VIDA!
Grazas


                                   A TERRA RESPIRA!
A obrigada parada do noso ritmo de vida, debido ao COVID-19, trae unha boa nova para o noso planeta e para invitarnos a reflexionar: a Terra volta a respirar porque todos/as contaminamos menos.
Como podedes ver na seguinte imaxe de diferentes meses do presente ano 2020, os niveis de contaminación reducíronse moitísimo.
Picando na imaxe accederedes a un blogue onde se recollen reflexións medioambientais que debemos coñecer e como di o gran mestre Tonucci:

                                  A EDUCACIÓN AMBIENTAL NON SE ENSINA, FAISE!

Imaxe de www.unaprofequesiempreaprende.com
A continuación, podedes ver algúns vídeos para a concienciación Medio Ambiental.
Esperemos que vos gusten e sobre todo poñamos en práctica a educación ambiental e coidemos o noso planeta Terra.


                OS ANIMAIS RECONQUISTAN ESPAZOS!
Unha boa nova máis! 
GCiencia, xornalismo e divulgación, publicou unha feliz nova (1.5.2020) na que podemos ver un fermoso oso pardo de entre 3 e 5 anos gravado por primeira vez en Ourense.
Picando na imaxe accederedes ao vídeo e debaixo del deixámosvos enlaces moi interesantes, coma éste, ás novas e curiosidades animais de GCiencia.

www.gciencia.com


CIENCIAS NATURAIS
ANIMAIS VERTEBRADOS: TERRESTRES E ACUÁTICOS.
DEBUXAMOS PASO A PASO. 
Como sabemos que vos encanta debuxar e máis usando os libros que nos van guiando para facelo paso a paso, deixámosvos unhas imaxes de animais terrestres e acuáticos.

Animámosvos a crear un debuxo onde aparezan estes animais que viven na terra e na auga.
Se despois de facer o debuxo queredes identificar a cada animal podedes facer unha tarxeta identificativa de cada animal: nome, clase de animal (mamífero, peixe, reptil...), como se alimenta (carnívoro, herbívoro ou omnívoro), como se reproduce (ovíparo ou vivíparo), como se desplaza (andando, nadando...).
Picade na imaxe e accederedes a un vídeo dos animais vertebrados e invertebrados.


Deixamósvos máis vídeos-repaso dos animais na seguinte listaxe de enlaces:
Tamén vos deixamos un único enlace a todos os vídeos de animais, que engloban moitísimas curiosidades:


Deixámosvos un vídeo, feito coa técnica croma no Laboratorio de Imaxe,  que fixeron os/as compañeiros/as que agora están en 4º E.P. repasando contidos das dúas áreas cando eles/as estaban en 1º (curso 2016/17)





CIENCIAS SOCIAIS
Bo día estimadas familias e especialmente aos nenos e nenas, de antemán todo o meu apoio e ánimo,
As fichas que mandei o último venres lectivo antes de que se decretase  o estado de alarma, completarían o repaso ata esta semana.

 Comparto uns vídeos sobre os grandes eixos sobre os que xiran os contidos dados ate agora serían:

OS CONTINENTES. O rap dos continentes que lles gusta moito.

Propoño tamén elexir unha temática destas e facer un debuxo ( ben sexa do ciclo da auga, do sistema solar, do planeta Terra...)
Podédeslle preguntar, a modo de repaso, de maneira oral sobre:

- Cantas provincias ten Galicia? Cales son?
- Cal é a capital de Galicia?
- Cal é a capital de Madrid?
- A que continente pertencemos?
- Como se chama o país no que vivimos? e a comunidade? e a provincia? e a localidade?
- Cales son as festas máis coñecidas de Malpica?
- Cales son os monumentos que coñeces?
- Que praias coñecen?
...


De novo, moito ánimo e recordo que na pestana de Educacion Física poderedes ver propostas de actividades, recomendacións, xogos...

Unha aperta.



Ningún comentario: