30.10.20

A Cova, por Mara Añón Álvarez

 Este é o conto que escribíu Mara dende a súa casa para esta XI semana das Lectura Terroríficas. 

Moitas grazas Mara. Tes madeira de escritora. Segue así!

Agardámoste no cole. Cóidate moito!


29.10.20

1º de EP - Plantamos castañas

Boa tarde a todos e a todas!

A castaña é un dos froitos máis significativos do outono e do Magosto e, por este motivo, hoxe estivemos aprendemos como xerminar castañas para nun futuro, non moi lonxano, comezar a ver os nosos pequenos castiñeiros. 

Unha vez que medren, cada neno e nena levará o seu castiñeiro para a casa, onde esperamos que os coidedes moi ben para que nun futuro cheguen a dar castañas.

Aquí vos quedan unhas imaxes.

  

    

   

 

 




Binomio Fantástico de Rodari_2º Primaria

Na aula de 2º levamos a cabo unha das actividades propostas pola Biblioteca para este 1º trimestre, dentro do PDI deste ano e coincidindo co Samaín.

Tratábase de idear o comezo dun conto de medo a partir dun binomio de palabras seguindo unha das técnicas de escritura creativa do xenial autor Gianni Rodari, ao que este cole quere rendir homenaxe xa que neste mes de outubro celébrase o centenario do seu nacemento. 

Cada un dos nenos e nenas dispoñía dun cubo no que en cada cara tiña escrita un par de palabras. A partir de aí inventaban e escribían unha oración ou pequeno texto. 

Este é o resultado. Desta actividade xurdíu a historia de terror que creamos de forma colectiva e que posteriormente gravamos en Radio Balea. 


28.10.20

Exposición de cabazas. 2º de Primaria

Así de fantásticas quedaron decoradas as cabazas que fixeron en familia os nenos e nenas de 2º de Primaria. Superheroes e Superheroínas, como eles e elas!

Grazas familias pola vosa participación!



1º de EP - Outono de palabras, outono de pictogramas

Boa tarde a todos e a todas!

Seguindo coa temática do outono, no corredor do centro temos unha gran árbore que, entre todo o alumnado do centro, ímos encher de follas con palabras positivas en galego. 

Coraxe, amizade, bicos, esperanza... Agora máis que nunca é preciso enchernos de positivismo e de forza, aquí vos quedan unhas imaxes!


   

   

   

 



27.10.20

Samaín 2020_2º de Primaria

Presentámosvos o conto colectivo creado polos nenos e nenas de 2º de Primaria para a xa tradicional Semana das Lecturas Terroríficas. 

 Uns días antes estivemos traballando a escritura creativa coa técnica do Binomio Fantástico de Rodari e deste obradoiro xurdíu esta fantástica e intrigante historia ambientada no noso colexio. 

Queremos adicarlla con moito agarimo aos compañeiros que non poideron estar presentes: Marco García, Mara e Fran (ausente durante a gravación na Radio escolar).      

26.10.20

1º de EP - Historias de Samaín

Boa tarde a todos e a todas!

Durante a semana pasada, e con motivo do Samaín, entre todos os nenos e nenas da aula inventaron dúas historias terroríficas.

Para darlle un toque de creatividade á elaboración destes contos, partimos do Binomio Fantástico de Rodari. Para quen non coñeza esta técnica de escritura creativa, consiste en quitar ao azar dúas palabras, sen relación algunha entre elas, coas que deberemos formar unha historia lóxica.

Para escoller estas dúas palabras, lanzamos ao aire un dado que contiña, en cada un dos seus lados, unha palabra. Para a primeira historia saíron as palabras BRUXA e ZAPATOS, e para a segunda, LOBOS e RADIO.

Posteriormente, dúas alumnas da aula, Candela e Valentina, acudiron á radio do centro para gravar estas historias.

Este foi o resultado!





 


1º de EP - A árbore da escola

Boa tarde a todos e a todas!

Na materia de Valores Sociais e Cívicos traballamos sempre partindo dun libro. Despois de comezar o curso traballando as emocións co noso xa coñecido amigo Monstro de Cores, agora tocoulle ao libro “El árbol de la escuela”.

Este conto lévanos a pensar en como un proxecto, ou mesmo unha persoa, pode crecer si a xente do seu redor presta a súa colaboración, interese e cariño. Deste xeito, a raíz desta historia, estivemos traballando o trato aos demais e as relacións sociais.

Déixovos aquí unhas imaxes da actividade.


  





23.10.20

1º de EP - Actividades de aula

Boa tarde a todos e a todas!

Sempre nos gusta que o traballado realizado na aula cos libros, fichas e outros materias, se reforce con outro tipo de actividades máis interactivas, como estas da pantalla dixital.

Estes días estivemos realizando pequenas actividades de matemáticas (series de números, sumas...) e linguas (sílabas, conciencia fonolóxica...).

Aquí vos quedan unhas poucas imaxes.