Amosando publicacións coa etiqueta julia de la cal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta julia de la cal. Amosar todas as publicacións

12.3.22

Formación con Julia de la Cal: estrutura de vimbio

Un curso máis, a Asesoría de Bibliotecas Escolares, concedeunos aos centros do Plan LIA.2 unha formación dentro do programa Biblioteca Creativa, este ano dirixida ao alumnado, ás familias e en xeral a toda a comunidade educativa.

Dentro das moitas actividades ofertadas, moi interesantes e funcionais, decidímonos pola realización de obradoiros para a creación dunha estrutura de vimbio con Julia de Cal; xa que dentro do PDI NÓS: patrimonio in-MATERIAL!,  neste trimestre traballamos os oficios tradicionais de Malpica e Costa da Morte, e en marzo dirixido ao traballo realizado por Mulleres. 

Foi unha actividade moi enriquecedora, de forma que ao remate das xornadas conseguimos, co traballo en equipo, un espazo de vimbio para o tempo de lecer, de lectura, de tranquilidade e de xogo, un produto realizado entre tod@s e para tod@s, como comunidade educativa que somos.

Premendo na imaxe accederedes á galería de fotos das diferentes xornadas desenvoltas ao longo do xoves 10 e venres 11 de marzo. 

Agradecer á Asesoría esta oportunidade de aprendizaxe, a Julia de la Cal por achegarnos un oficio tradicional tan bonito e pola súa implicación; así como a todas as familias que puideron vir ao cole para colaborar con nós, INFINITAS GRAZAS!!!!