Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da muller. Amosar todas as publicacións

14.3.25

1º e 2ºA_Semana da Muller: Pandereteiras de Mens

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Atendendo á proposta de actividades anuais, as aulas de 1º e 2ºA realizamos a biografía das Pandereteiras de Mens para o mural de centro celebrando a Semana da Muller 2025.

Unha biografía que nos achegou ás Mulleres homenaxeadas o Día das Letras Galegas 2025: cantareiras e pandereteiras; cantando, contando, xogando na páxina web da Real Academia Galega:

Aprendizaxes cargadas de poesía popular oral, de Mulleres pioneiras que co seu tocar e cantar conservaron a nosa tradición para legarnos todo o seu saber e sentir.

Feliz Día da Muller 2025!

2ºA_C@ntando en Radio Balea

Presentamos o podcast que gravamos en Radio Balea, grazas a colaboración de Suso, María e Tania, dentro do programa Millainforma e conmemorando o Día da Muller e Letras Galegas 2025.

Un produto final onde recollemos a información que transformamos en coñecemento ao redor da poesía popular oral, das cantareiras e pandeireteiras, especialmente das nosas Pandereteiras de Mens.

Esperamos que vos guste, nós divertímonos aprendendo!

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

8.3.25

2ºA_Día da Muller: Pandereteiras de Mens

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller e na aula de 2ºA seguimos informándonos para redactar a biografía de cinco mulleres que abriron camiño a moitas outras co seu tocar e cantar, falamos das Pandereteiras de Mens.

Desde o Día de Rosalía ata o noso Mes das Letras, as Pandereteiras de Mens forman parte das actividades que desenvolvemos: recolleita de poesía popular oral, coñecer e cantar o "Maneo de Mens", organizar, coa axuda da nosa titora, toda a información para crear coplas e regueifar, tal como podedes ler na imaxe.

Actividades que nos permiten valorar e concienciarnos da importancia de coidar o noso patrimonio oral, a nosa lingua, e sentirse orgullos@s do legado que nos deixaron as nosas...

PANDERETEIRAS DE MENS

MULLERES PIONEIRAS,

de puño e sentimento.

11.3.24

Día da Muller_Entrevista fantástica a Isabel Zendal. 1ºB_2º EP

Conmemoramos o Día da Muller achegándonos á biografía da persoa que a Organización Mundial da Saúde considera a primeira enfermeira da historia en misión humanitaria internacional, encargada de levar a vacina da variola dende o porto da Coruña ata América a comezos do século XIX. Falamos de Isabel Zendal. 
Investigamos sobre a súa vida, elaboramos e gravamos unha entrevista na nosa radio ademáis de aprender unha canción que interpretaremos para todos na biblioteca un día desta semana coa axuda do profe Keko e Iván. 
Podedes escoitar a entrevista neste podcast.

10.3.23

1ºEP_Exeria: muller imprescindible

Para conmemorar o Día Internacional da Muller o alumnado de 1º investigou e aprendeu a biografía dunha gran muller galaicorromana adiantada ao seu tempo. Falamos de Exeria, muller valente, aventureira e soñadora. 

O alumnado de 1º de primaria presentou este traballo na Semana da Muller adicado ás galegas imprescindibles. 

 

6.4.22

Entrevista a Tania, nai de Gabi, redeira de Malpica.

Entrevista en Radio Balea do alumnado de 1º de primaria a Tania,  nai do noso compañeiro Gabi co motivo da conmemoración do día internacional da muller traballadora.






10.3.22

8M:Día Internacional da muller_6ºEI/1ºEP

 Cada 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da muller, data na que reinvindicamos a igualdade entre mulleres e homes. Nesta ocasión realizamos diversas actividades: 

- Visualización dunha curta de animación sobre o feminismo, adaptado para nen@s, e debate posterior. 

- Visita á exposición MULLERES TIÑAN QUE SER!, colocada no segundo andar e realizada polo alumnado de 6º de Primaria guiados pola súa titora Uxía. Aquí coñecemos algunhas das mulleres que fixeron historia polo seu traballo e aportacións á ciencia fundamentalmente. Mulleres coma Ángeles Alvariño, Vera Rubin, Jane Goodall, Lyn Petra Alexander ou Ana Prieto López. 

Picando nesta imaxe podedes ver máis fotos da galería.