24.3.23

1º e 2ºEP - GALICÓMIC

Boa tarde a todos e a todas!

Seguindo co proxecto Tras das pegadas romanas, elaboramos un cómic sobre a romanización de Galicia. 

Para gravar estas escenas, visitamos o espazo do chroma e caracterizámonos para a ocasión. No noso galicómic representamos a chegada dos romanos a Galicia, a loita cos galaicos, a vitoria dos romanos e as diferentes construcións que estes foron facendo polo noso territorio.

Esperamos que vos guste!

23.3.23

1º e 2ºEP - Visita ao Dolmen de Dombate

Boas a todos e a todas!

Hoxe o alumnado de 1º e 2ºEP visitamos o Dolmen de Dombate, monumento megalítico de hai mais de seis mil anos no que existen dous túmulos. O túmulo principal ten 24 metros de diámetro e 1,8 metros de altura e conta con importantes restos artísticos.

Esta visita complementámola cun obradoiro de pintura onde puidemos ver como vivían as persoas neses tempos, como eran as súas vivendas, as ferramentas que empregaban e como conseguían as cores para pintar. Para finalizar, fixemos un mural propio que pronto teremos na parede da aula.

Se queredes máis información convidámosvos a consultar o seguinte catálogo: Dolmen de Dombate: arqueoloxía, restauración, arquitectura.


Pica na seguinte imaxe para ver as fotografías da actividade.



16.3.23

Os romanos na Gallaecia_1º EP

No día de onte o alumnado de 1º de primaria realizou na Biblioteca Escolar unha exposición oral sobre unha das etapas da historia de Galicia: Os romanos na Gallaecia. 

Tivemos como público ao alumnado de 6º de EI que amosaron moito interese no tema xa que  estiveran anteriormente investigando e aprendendo sobre a prehistoria e a vida dos castrexos, etapa anterior á chegada dos romanos. 

Este traballo enmárcase dentro do PDI deste curso; NÓS: Patrimonio IN-material.

Deixámosvos as diapositivas do traballo presentado en forma de caderno electrónico.

 

10.3.23

1ºEP_Exeria: muller imprescindible

Para conmemorar o Día Internacional da Muller o alumnado de 1º investigou e aprendeu a biografía dunha gran muller galaicorromana adiantada ao seu tempo. Falamos de Exeria, muller valente, aventureira e soñadora. 

O alumnado de 1º de primaria presentou este traballo na Semana da Muller adicado ás galegas imprescindibles. 

 

7.3.23

2ºEP - 8M: Rakele Cavallo

Bo día a todos e a todas!

Como motivo da conmemoración do 8M, Día da Muller, visitamos a nosa Radio Balea para levar a cabo unha entrevista a unha galega para nós imprescindible: Rakele Cavallo, artista metade italiana e metade galega, a cal agradecemos a súa boa disposición e a súa participación nesta actividade.