22.5.17

Feliz Feroz, o lobiño riquiño

Feliz Feroz. O lobiño riquiño from bemilladoiro on Vimeo.

Os nenos e nenas de 2º, namoráronse do conto Feliz Feroz, o lobiño riquiñoe puxéronse mans á obra: ilustraron, aprenderon o texto, gravaron... e este foi o resultado. Os debuxos pasaron a cartolina negra e foron "vaciados" (esto fíxoo a profe Laura porque había que usar un cutter que resultaba perigoso para os pequenos) Logo, colocaron por detrás papeis de celofán de cores. Que disfrutedes!

18.5.17

Festival das Letras 2017: Malpica de 1ºA

Hoxe os/as pícaros/as de 1ºA co gallo da celebración do Festival das Letras 2017 presentaron, na biblioteca do colexio, o produto final do noso proxecto: Malpica (no cal se funden dúas grandes mulleres, Rosalía de Castro e Viki Rivadulla)
Grazas á profe de Música, Patricia, por axudarnos a dar vida á poesía creada por nós: Adiós Malpica, adiós Milladoiro.
Unha auténtica marabilla escoitalos!