19.12.10

O arco da vella

Os pícaros de 1ºA coñecemos como se forma o arco da vella a través do conto "Las gotitas y el arco iris".
Ao entrar na aula puidemos ver como no ceo de Malpica se estaba a formar o arco da vella, pero porque aparecía no ceo este arco de tantas cores????
A resposta estaba no conto, que nos gustou moitísimo, e logo puidemos debuxar o noso arco da vella sen esquecer que para que se forme é preciso gotiñas de chuvia e sol.

Despedida de Daniel

Os pícaros de 1ºA despedímonos de Daniel en novembro, pois foise a visitar a súa familia a Perú e non voltará ata xaneiro.
Como non ía poder pasar o Nadal connosco regalámoslle unhas postais de felicitación para que se acorde de nós en Perú.
El tamén nos deixou a súa para que non nos esquezamos del nestas datas tan sinaladas.
Daniel, dende Galicia desexámoste que este Nadal veña cargado de regalos para ti e os teus.
Moitos biquiños dos pícaros de 1ºA.

18.12.10

Peter Punk

En novembro gozamos, grazas a ANPA, dun espectáculo moi divertido "Peter Punk".
Rimos, gritamos, aplaudimos a rabiar e participamos na actuación.
Os elexidos para axudar a Peter Punk foron Natalia e Fran, que como veredes nas fotos pasáronno moi ben enriba do escenario.
En decembro tivemos outra actuación para pechar o bo sabor de boca que nos deixou a primeira.

14.12.10

1º Premio "La casa de mis sueños"

Os pícaros de 1º A estamos de noraboa, pois gañamos o 1º premio no concurso "Dónde viven los niños del mundo".
Cada un imaxinamos onde nos gustaría vivir e reflexámolo no papel facendo chegar as nosas obras, baixo o título "La casa de mis sueños", ao concurso que organizou Cuentamundos.
E hoxe mesmo coñecemos que un dos nosos debuxos foi premiado e recoñecido con este fermoso comentario por parte dos patrocinadores:
"Cuentamundos: Porque queremos una casa como esa.
Si Frank Gehry diseñó un museo con forma de prismáticos, porqué no va a haber una casa con forma de corazón… eh? :-)"

Deixámosvos ver a obra merecedora do 1º premio para que gocedes da imaxinación e a ilusión dunha pícara de 6 anos.


MARÍA VILA VERES. 6 ANOS. 1ºA.
CEIP Milladoiro

                                                Debuxos pícaros 1ºA

13.12.10

O Apalpador

Os pícaros de 1ºA xa coñecemos ao Apalpador.
A través do conto "Antón e o Apalpador" puidemos coñecer a este personaxe típico do Nadal galego, o cal trae castañas e xoguetes a tódolos/as nenos/as de Galicia.
Se queredes coñecer máis da historia deste xigantón de oficio carboeiro só tedes que picar no enlace de recursos de Nadal.
Nós gozamos moito do conto e xa forma parte da nosa aula e das nosas ilusións xunto cos demais personaxes de Nadal.

O Apalpador

Recursos de Nadal

No CEIP Milladoiro xa contamos coa nosa páxina de recursos de Nadal.
Picando no enlace "Nadal" que aparece na barra lateral en Recursos accederedes a ela.
Atoparedes páxinas onde descargar debuxos para colorear, xogos on-line e mesmo moi boas suxerencias para elexir os xoguetes que regalar nestas datas aos máis pícaros.
Os pícaros do Milladoiro queremos desexarvos a tod@s

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2011

3.12.10

Moito que contar

Os pícaros de 1ºA temos moito que contar de todo o que fixemos e estamos a facer ao longo do 1º trimestre.
Coma fai moi pouco que inaugurámolo blog, dicirvos que antes de xaneiro esperamos ter colgadas tódalas entradas coas nosas actividades e saídas.
Ata entón, unha aperta a todos os que nos visitedes e PACIENCIA que pronto saberedes de nós.

29.11.10

Grazas Leo

Ola Leo, os pícaros de 1ºA quedamos abraiados polo teu agasallo.
Estivemos practicando os números e divertímonos moito co j-clic de Mates.
Grazas por visitarnos e por deixarnos un agasallo tan valioso.
Esperamos que nos visites máis veces.
Un biquiño da aula de 1ºA.

                               By Annie Things Possible




27.11.10

Olaaaaaaaa!!!



Olaaaaa! Canto me alegro de encontrarvos por aquí! Eu non sabía que tiñades un blog.
Agora xa o sei e espero que vos serva para aprender moito e divertirvos e topar moitos amigos e....
Ben, de momento deixovos un agasallo de benvida.
Pulsade sobre o debuxiño e ... xa veredes!
Volverei por eiquí outro díaaaaaaa!!!!

26.11.10

Mascota de 1ºA

Os pícaros de 1ºA queremos presentarvos a nosa mascota de aula.
Chámase Pepito, pois foi bautizado por votación do grupo.
Cada un propuxemos un nome  (Calibro, Roqui, Mariñeiro, etc) e logo decidimos cal era o que máis nos gustaba e saiu Pepito.
Así que xa sabedes, onde vexades a Pepito alí estará o grupo de 1ºA.
                  By Annie Things Possible
PEPITO


24.11.10

Aventuras na rede

Os pícaros da aula de 1ºA e da aula de 2ºA queremos darvos a benvida ao noso blog e desexamos que gocedes coas nosas vivencias escolares e extraescolares. 
Ao longo do presente curso 2010/11 iremos dando boa conta dos nosos mellores momentos, dos nosos traballos e das aprendizaxes que nos quedan por adquirir.
Un saúdo moi pícaro para todos aqueles que nos visiten.


Pícaros de 1ºA

Pícaros de 1ºA













  
     

Pícaros de 2 º A