T.I. 2º

3º Trimestre 2019/20


Ola nenos/as e familias, comezamos un excepcional 3º trimestre no que debemos seguir nas nosas casas, pero seguimos aquí ao outro lado da rede e seguiremos divertíndonos aprendendo xuntos/as.

O noso P.D.I. anual Visión 3C: Comunicación, Ciencia e Creatividade guía o noso bo facer, así que este trimestre imos potenciar aínda máis a nosa creatividade, porque en tempos difíciles faise máis necesaria a habilidade innata de todo ser humano: A CREATIVIDADE.

A través de diferentes Tarefas Integradas (T.I.) daremos continuidade, dentro da súa singularidade, ao presente curso escolar 2019/20. 

O formato elexido para a presentación das diferentes propostas de T.I. é unha publicación dixital que vos motive e guíe;  para realizalas só necesitaredes da vosa familia e de diferentes materiais caseiros. 

É moi importante o voso papel familias, como apoio ao alumnado de 2º, porque "facendo" ao voso lado estarán máis motivados/as e ante calquera dúbida escribídeme ao correo do blogue.

Saúde e apertas moi agarimosas, Fátima.

A CREAR!


9.6.2020

Publicación 8"Creatividade Confinad@s: Valor@ndo"

26.5.2020

Publicación 7"Creatividade Confinad@s: Investig@ndo"


19.5.2020

Publicación 6 "Creatividade Confinad@s: Festexando_GaliLetras 2"

15.5.2020
 
Parabéns no voso Día, Familias de 2º! 
Un pequeno resumo en vídeo, de cada unha de vós.
Familias educadoras e creativas, cada unha de vós diferente e única.
Grazas por compartir a vosa riqueza particular con todos/as NÓS.



12.5.2020

Publicación 5 "Creatividade Confinad@s: Festexando_GaliLetras 1"



5.5.2020

Publicación 4 "Creatividade Confinad@s: Desenredando"




4.5.2020
Para todos/as NÓS!
Un vídeo resumo destacando algunhas das actividades feitas ao longo desta corentena, na que cumprimos e seguimos cumprindo como auténticos/as superheroes e superheroínas de capa vermella!
Nas vosas carpetas dixitais gardo decenas de imaxes, vídeos, audios...que nos achegan un pouquiño máis nesta difícil situación. Grazas mil por seguir conectados/as!
O vídeo, imaxe a imaxe, deixanos ver que...
TODOS/AS SOMOS DIFERENTES, A DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS!
Sigamos pois enriquecéndonos con esta diversidade e compartíndoa con todos/as.
Parabéns unha vez máis por tanto esforzo, motivación e ilusión por seguir creando e crecendo ao tempo que nos divertimos xuntos/as.
A disfrutar do noso vídeo!




28.4.2020

Publicación 3 "Creatividade Cuarentena: Reutilizando"


21.4.2020

Publicación 2 "Creatividade Cuarentena: Enredando"





14.4.2020

Publicación 1 "Creatividade Cuarentena: Contando"



Ningún comentario: