Amosando publicacións coa etiqueta Aniversario Lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aniversario Lector. Amosar todas as publicacións

11.6.25

2ºA_Aniversarios lectores (3º trimestre)

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os aniversarios lectores que celebramos ao longo do 3º trimestre: 8 aniversarios coa voluntaria e inestimable colaboración das familias.

Lecturas compartidas e diversas en forma de agasallo para todo o grupo-aula e dentro do programa Lectura e Familias.

O vindeiro curso, máis lecturas compartidas en familia!

30.5.25

Aniversario Lector_Daniela 2ºB

Dentro do Programa Lectura e Familias recibimos á mamá de Daniela para compartir un conto con toda a clase co gallo do seu aniversario que será durante as vacacións do verán, concretamente o 8 de xullo. 

O conto que nos leron foi Una historia de dos bestias, de Fiona Roberton. 

Moitas gracias por vir e moitos parabéns por adiantado, Daniela. Unha aperta ben forte de tod@s nós. 




7.5.25

Aniversario Lector_Sara 2ºB

Seguimos celebrando aniversarios entre compañeiros/as coa lectura compartida de contos e a colaboración das familias. Hoxe tocoulle a Sara, que fai 8 aniños, e veu visitarnos a súa prima Isa. Leron para todos/as nós o conto Pápote a bicos, de Carmen Gil. 

Moitas grazas por vir e MOITOS PARABÉNS, SARA!! 




1.5.25

Aniversario lector_Rosalía 2ºB

Entramos no mes de maio celebrando o aniversario da nosa compañeira Rosalía. Desta vez achegouse a súa nai para compartir con tod@s nós o conto Rosalía y las verduras que no se comía, de Paula Merlán. Un conto escrito en verso moi interesante e divertido que nos gustou moito. 

Moitas grazas Rosalía e MOITOOOOSSS PARABEEEENNNS!! 






11.4.25

2ºA_Aniversarios lectores (2º trimestre)

 
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos os aniversarios lectores que celebramos ao longo do 2º trimestre: 5 aniversarios coa voluntaria e inestimable colaboración das familias.

Lecturas compartidas e diversas en forma de agasallo para todo o grupo-aula e dentro do programa Lectura e Familias.

No 3º trimestre... máis aniversarios e lecturas!

31.3.25

Aniversario Lector_Ángela 3°

Día de Aniversario Lector na nosa aula. Nesta ocasión para celebrar que Ángela fai 9 anos. Achegouse o pai para compartir un conto con tod@s nós. Grazas por vir e...MOITOS PARABÉNS, ÁNGELA!






19.3.25

Aniversario Lector_Alexia 3º EP

Alexia estivo de aniversario fai uns días e recibimos na nosa aula aos seus pais e á súa irmá, Uxía, e nos leron uns chistes moi graciosos cos que nos rimos moito. Gracias por vir!

Moitos parabéns Alexia polo teu 9º aniversario! 






27.1.25

Aniversario Lector_2ºB

Último aniversario do mes na nosa aula. Desta vez é Pedro quen fai anos e veu a súa nai compartir un conto con tod@s nós. Un conto moi chulo que non coñecíamos. Trátase de El largo viaje de Nanuc, de Toni Cabo. Gustounos moito, sobre todo a sorpresa final da carta. 

Moitas grazas pola visita e MOITOS PARABÉNS, PEDRO! 







21.1.25

Aniversario lector_Andrea 3º EP

Na nosa aula hoxe volvemos a estar de celebración xa que Andrea fai 9 anos. Achegouse a súa nai ao cole para compartir con tod@s nós un marabilloso conto titulado Canto máis longa sexa a espera maior será o abrazo de Eoin Mclaughlin. Encantounos!

Moitos parabéns Andrea e moitas grazas mami por vir! 








16.1.25

Aniversario Lector_Emma 3º EP

Xaneiro é para a nosa aula un mes cargadiño de anivesarios. O primeiro en celebrar é Emma que xa cumple 9 anos. Quixo facelo traendo ao cole ao seu avó e xuntos léronos este fermoso conto: Crocodilo namorado de Daniela Kulot. Encantounnos. 

Grazas por vir! e...MOITOS PARABÉNS, EMMA!!





2.12.24

2ºA_Aniversarios lectores (1º trimestre)

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos 

Ao longo do 1º trimestre celebramos tres aniversarios lectores, dentro do programa Lectura e Familias, contando sempre coa voluntaria colaboración das familias: agasallo en forma de lectura compartida con todo o grupo-aula.

As imaxes falan máis que as palabras, non deixedes de ver o álbum de fotos no que se reflicte a felicidade de compartir lecturas con papá ou mamá.

O mellor agasallo, un libro e se é compartido... agasallo dobre! 

Continuará...

21.11.24

Aniversario Lector_Lucas 2ºB

Na aula de 2ºB/3º recibimos a mamá de Lucas para celebrar outro Aniversario Lector. Trouxeron un conto moi interesante titulado Tu cuerpo es tuyo de Lucía Serrano. 

Moitas grazas por vir e... MOITOS PARABÉNS, LUCAS!!






7.11.24

Aniversario lector_Maia 3°

Na aula de 2°B/3° volvemos a estar de celebración. Nesta ocasión é Maia quen fai hoxe 8 anos e veu a súa mamá compartir unha lectura con todos nós.
O libro elexido foi Mamá, de Helena Delforge, un fermoso conto de textos curtos que rinde homenaxe a todas as nais do mundo.

Grazas por vir! MOITOS PARABÉNS, Maia!!






5.11.24

Aniversario Lector_Anxo 3°

O pasado día 2 de novembro Anxo estivo de aniversario, nin máis nin menos que 8 anos. A súa nai e o seu pai achegáronse hoxe ata a nosa aula para compartir con todos nós un dos contos favoritos de Anxo: Inspector Cito y Chin Mi Edo: Intriga en la fábrica de paraguas. 

Un conto moi divertido.. Encantounos. 

Grazas por vir familia e MOITOS PARABÉNS, ANXO!






 

25.10.24

Aniversario Lector_Ismael

Seguimos recibindo familias que se animan a participar no programa Lectura e Familias: Aniversario Lector. 

Desta vez celebramos o aniversario de Ismael que onte fixo 8 anos. O conto compartido foi Lume de Alberto Barreiro Ferreiro. 

MOITOS PARABÉNS, ISMA! E moitas grazas familia por participar. 





21.10.24

Aniversario Lector: 2ª B_Valentino

Hoxe durante a Hora de Ler volvemos  celebrar outro Aniversario Lector. Nesta ocasión recibimos a Vania, mamá de Valentino, que veu compartir unha lectura con todos nós. 

O libro elexido foi La ovejita que vino a cenar, de Steve Smallman. Un conto moi tenro e divertido. Gustouno moito. 

Grazas familia por vir!

Moitos parabéns Valentino!




11.10.24

Aniversario Lector: Olivia (2ºB)

Primeiro Aniversario Lector do presente curso dentro do programa Lectura e Familias.
Nesta ocasión visitounos a nai de Olivia para facer unha lectura compartida do conto Corre, corre cabaciña da escritora Eva Mejuto. 

Grazas por vir e participar! Encantounos!

Moitos parabéns Olivia!







19.6.24

Aniversario Lector: Daniela e Alberto

Nestes últimos días de curso recibimos a visita da mamá de Daniela e de Alba, a irmá de Alberto, que viñeron celebrar con eles o Aniversario Lector. 

Os contos que tivemos o pracer de escoitar e que tan ben preparon foron La zampapantallas de Helen Docherty e O coelliño Branco de Xosé Ballesteros. 

Felicitamos por adiantado a Daniela e a Alberto polo seu aniversario que coincidirá coas vacacións do verán. 

Grazas ás familias pola súa colaboración!! Agardámosvos para o curso que vén!! 








7.5.24

Aniversario lector: Rosalía e Sara

As nosas compañeiras Rosalía e Sara celebraron o seu 7 aniversario con poucos días de diferencia. 

Achegouse ata o cole a mamá de Rosalía para lernos o conto Tonino, escrito por Miguel Salas. 

No caso de Sara, foi a súa prima Isa a que se achegou para ler con ela o conto La estrella de Laura, de Klaus Baumgart. 

Fermosos os dous contos elexidos. Gustáronnos moito. Grazas por vir. E...


MOITOS PARABÉNS DE NOVO, ROSALÍA E SARA!!










21.3.24

Aniversario lector de Brais (1º E.P.)

 Festexamos o cumpreanos de Brais co estupendo libro "Un universo na súa maleta" que nos invitou a viaxar por diferentes lugares. Foi un aniversario lector familiar onde os seus papás o acompañaron na lectura deste fermoso conto.