23.3.20

CARTA DOS/AS MESTRES/AS


Queridos/as nenos/as e familias:

Os/as mestres/as tamén estamos na casa, os/as mestres/as tamén somos pais/nais, os/as mestres/as tamén temos familias, os/as mestres/as somos uns/unhas máis das moreas de persoas que debemos quedar na casa nesta cuarentena que nos toca vivir.

Hoxe sabemos que a obriga de QUEDAR NA CASA vaise alongar, polo que queremos que teñades presente que seguimos aquí: ao outro lado da rede, a través do correo picarosmilladoiro@gmail.com e o noso blogue www.picarosmilladoiro.blogspot.com, porque queremos que saibades de nós, porque queremos saber de vós (como estades, que facedes, como levades estar na casa…)

As tarefas escolares, nestes momentos que estamos a pasar, non son o máis importante. O realmente importante é que nos coidemos e coidemos dos demais quedando na casa, como superheroes e superheroínas con capa vermella pois xa temos aos superheroes e as superheroínas con capa verde nos hospitais, nos laboratorios, nas carreteras transportando o que precisamos, nos supermercados e pequenos comercios de alimentación, nas rúas velando pola nosa seguridade…,en definitiva fóra das súas casas para que nós os das capas vermellas poidamos quedar na casa.

Non esquezades que o que vaiamos publicando no blogue, a parte da pestana de recursos de 1º e 2º que serve para repasar contidos, ten como finalidade darvos ideas para o día a día, NON SON DEBERES, NON SON TAREFAS PARA AVALIARVOS son propostas, axudas para ocupar o noso tempo diario e seguir imaxinando, creando e crecendo en corpo e mente. Sempre dentro das vosas posibilidades, pois sabemos que non todos contades cos medios tecnolóxicos para poder acceder aos contidos. Por iso, pedimos as familias que teñan contacto con outras familias que non conten cos recursos,  que ofrezan a súa axuda a través dos medios dos que dispoñan (grupos de wasap ou outros medios non presenciais, pois debemos evitar todo contacto con outras persoas alleas as nosas casas)
Organizamos o blogue para que nas pestanas superiores piquedes e accedades rapidamente a aquelo que vos interese ver. A primeira pestana e a máis importante é a nomeada como NÓS, nesta páxina iremos publicando, coa vosa autorización, todo o que nos enviedes ao correo (imaxes de actividades feitas, audios, escritos…) porque vós sodes os protagonistas do voso blogue.

Como mestres/as querémosvos pedir que sexades felices cada día, dende que espertamos ata que nos deitamos. Recordade espertar cada mañá cun sorriso que vos encha de felicidade a vós e aos vosos.

A normalidade voltará, e con ela veremos que saímos da casa máis fortes ca nunca.

Forza superhéroes e superheroínas de capas vermellas e recordade cada día un sorriso, este será o noso superpoder.

TODO SAIRÁ BEN!

Apertas agarimosas e biquiños mil dos/as vosos/as mestres/as de 1º e 2º.

21.3.20

Día da Poesía. Proposta BE Milladoiro.

Hoxe é o Día da Poesía,e... esta é a nosa proposta.
Para os que vos animedes a facela, se despois queredes compartir imaxes do que fixéchedes, ou arquivos de audio co poema escollido....
estaremos encantados de publicalo!
Por se precisades algún poema, deixamos o enlace ao blog de Antonio García Teijeiro

Felices poemas!

20.3.20

Emocionbots de Alejandro e Ismael

Emocionbots de Alejandro García (2º) e Ismael García (4º EI)

Grazas a Alejandro, Ismael e familia por enviarnos a imaxe dos seus Emocionbots!

Unídesvos ao reto de crear o voso Emocionbot?


18.3.20

CONTACTADE CON NÓS

Bo día pícar@s!
Un día máis tedes publicada unha nova creación que desenvolver nos vosos laboratorios caseiros: a caixa misteriosa, ideada pola mestra Susana.
Recibimos moi emocionadas o Emocionbot de Marco García que podedes ver na imaxe e animámosvos a que nos enviedes imaxes, escritos e todo aquilo que vos apeteza compartir  cos/cas compañeiros/as e co profesorado.
Emocionbot de Marco García (1º)

Non podemos vernos, nin abrazarnos, máis seguimos aquí ao outro lado do ordenador, tablet ou móbil e queremos saber de vós.
O que queirades compartir con nós, dúbidas tamén, enviádeo ao email do noso blogue:

picarosmilladoiro@gmail.com


Ánimo, que todo sairá ben!
Apertas de todo o equipo docente!

Laboratorio de Ideas: CAIXA MISTERIOSA


17.3.20

Educación Física: SEGUIMOS CO PLAN!

SEGUIMOS CO PLAN!!!

OLA A TODOS E A TODAS!!

Achego unha sesión máis para todos aqueles que estedes facendo un pouquiño de exercicio na casa!                          
Estades convidados a subir algunha foto,realizar comentarios ou compartir dúbidas.
Ahí vai!
1ª PARTE.
-      Rutina de quencemento que os nenos xa coñecen.(Movilidade articular).

Elevamos a activación: Faremos (en función do espazo que teñamos) saídas en velocidade da seguinte maneira:
-      Deitados boca abaixo, levantarse e correr ata a referencia que lles marquedes.
-      Deitados boca arriba igual.
-      Sentados coas mans levantadas.
-      Dende a posición de cuclillas.
-      Dando saltiños dende a posición e saída cando lle indiquemos.



2ª PARTE:
Podemos facerlles un pequeno percorrido utilizando distinto material que temos na casa, tipo carreira de obstáculos:
-      Pasar por debaixo dunha silla, saltar unha caixa, reptar polo sofá, saltar a pata coxa, desprazarse cara atrás, pisar sobre unos posa vasos aumentando a distancia (ou papeis) onde só poden pisar sobre eles etc. é cuestión de poñerlle imaxinación e adaptarse as cousas que temos a man.


3ª PARTE: (Para xogar con eles)
1,2,3 PLAS/ 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS OU PALOMA BRANCA-PALOMA NEGRA.   LIGAZÓN: 


BRUXA MANDA COR. Decímoslles: Bruxa manda cor… e dicimos unha cor que haxa na sala, o  neno ou nena ten que saír correndo a tocar esa cor no menor tempo posible ou a bruxa poderá collelos. Tamén podemos cambiar os papeis e que no lo digan eles a nós, pode ser divertido.



VOLTA Á CALMA:
Reproducimos o nacemento dunha planta.
O neno está no chan en posición fetal, e lle imos guiando dicíndolle:
A semilla estálle dando o sol , agora vouna regar ( e facemos simbólicamente o xesto dunha regadeira)
Daquela o neno ou nena moi lentamente vaise incorporando, sentado, levantándose (a modiño) abrindo os ramas (brazos) e as flores (mans), cando a planta xa está completa,  o sol marcha e vaise marchitando pouquiño a pouco ( dedos, mans, pulso, brazos, corpo, cabeza…. Como derritíndose) unha vez rematen, permanecen un par de minutos no chan notando a respìración e o movemento do peito que sube e baixa.



Veña, a moverse!      

PROPOSTA DE ORGANIZACIÓN DIARIA


Laboratorio de Ideas: EMOCIONBOT


Cálculo online

Bo día alumnado e familias, como cada mañá facíamos o noso Calculín para practicar o cálculo mental deixámosvos un enlace dos recollidos na pestana de Recursos 1º e 2º para crear o voso libriño diario de operacións. Picando no seguinte enlace accedemos ao mesmo.

Cálculo online



Só temos que selecccionar na columna esquerda a operación que queremos (suma, resta, multiplicación...), o número de páxinas (unha operación por páxina), o número de cifras que terá cada operación e a calcular!

Non queremos fomentar as desigualdades de partida de cada un de nós, pois sabemos que non todos e todas contamos cos mesmos medios tecnolóxicos na casa; por iso iremos publicando recursos online que podemos empregar dende os ordenadores, tablet ou móbiles sen falla de ningún outro medio.

 



16.3.20

Educación Física: movémonos!



Estimadas familias e alumnos e alumnas de Malpica.

Dende a área de Educación Física quero propoñer unha serie de exercicios ou actividades cas cales pretendo facer máis ameno para os nenos e nenas este complexo momento que estamos a atravesar.

Son tarefas encamiñadas e dirixidas a fomentar o movemento e a traballar contidos específicos desta área, tendo en conta as limitacións de espazos e medios que podemos ter cada un.

Mañan espero subir a programación semanal.

Dende aquí o meu apoio e ánimo, cada día que pasa é unha pequena victoria.

Non esquezades :   #EUQUÉDOMENACASA

Un agarimoso saúdo.

Óscar.


                         TRABALLO PARA MARTES 17 DE MARZO:


1- Temos de rutina unha movilidade articular que facemos todos os días antes de empezar e que os nenos e nenas coñecen. ¨QUENCEMENTO¨

2- Traballamos o EQUILIBRIO e entramos en calor: 

Necesitamos unha folla de periódico e música. 

Colocamos a folla estirada no chan e poñemos a música - ALGUNHA QUE LLES MOTIVE- ( o neno ou nena ten que bailar con intensidade diante da folla). 
Cada 15/20 segundos paramos a música e nese instante o neno ou nena tense que poñer enriba do periódico. Unha vez feito isto, dobramos a folla pola metade e continuamos ca música (non bailan enriba da folla) e aos 15/20 segundos volvemos a parar, volvendo a colocarse enriba. Volvemos a dobrar a folla e continuamos coa música e sí sucesivamente mentras a folla vaise facendo cada vez máis pequena e ao neno ou nena lle costa máis manter o equilibrio cando para a música. (Cada vez que se para, dóbrase a folla, e acabará facendo equilibrios sobre un pé coa superficie cada vez máis limitada)
* Variante: Bailar enriba da folla e parar a música cada 15/20 segundos, dobrar a folla a metade e seguir bailando enriba, así sucesivamente mentras o neno ten cada vez máis dificultade para bailar.

3- Con outra folla de periódico faremos o seguinte: TRABALLO DE DESPRAZAMENTOS E EQUILIBRIO.

- Poñen a folla estirada enriba da cabeza e recorren o pasillo sen que lles caia (ida e volta variando de velocidade).
- Poden facer o mesmo pero a ¨catro patas¨ levando o papel na espalda.
- O mesmo levando a folla sobre un hombreiro e logo sobre o outro.
- Reptar ca folla enriba da espalda sen que caia

4- Collemos a folla de periódico e facemos unha bola. TRABALLAMOS AS HABILIDADES MOTRICES . 

Con esa bola feita faremos o seguinte:

- Lanzar hacia arriba, dar unha palmada e collela sen que caia ao suelo.
- Lanzar hacia arriba, dar dúas palmadas e collela sen que caia ao suelo.
- Nivel pro: Dar tres, catro ou maís a ver cantas son capaces de dar :-D
- Lanzar hacia arriba, tocar o chan e collela.
- Lanzar hacia arriba, dar un xiro sobre sí mesmo e collela.
- Combinacións tipo lanzar ao aire, tocar chan, dar unha palmada e collelo...
* Variante: Lanzar cunha man, coa outra, cas dúas...

5- Con esa bola (ou outra que podemos reforzar con cinta adhesiva) xogaremos ao ¨ bolacesto¨. Collemos unha referencia e facemos uha pequena competición co neno ou nena a ver quen mete máis lanzamentos variando as distancias de lanzamento. Podemos utilizar de canastra unha caixa de cartón, un cubo... 4 referencias distintas e en cada referencia 4 ou 5 lanzamentos.

6- RELAXACIÓN: 

Paso unha ligazón para facer un exercicio de relaxación.


ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA!!
SAÚDOS!!






Recursos 1º e 2º

Bo día a todas as familias, as titoras de 1º e 2º queremos recordarvos que na columna dereita do blogue contades cunha listaxe de recursos na rede para repasar contidos.

Picando na seguinte imaxe que atoparedes na columna dereita accederedes aos mesmos.
Recomendamos que empreguedes un organizador semanal para que os/as nenos/as non perdan rutinas, dentro da situación que estamos a vivir.
Seguiremos publicando todos aqueles recursos que vexamos de interese para o alumnado.
Ante calquera dúbida, como se comunicou a través de nota remitida pola dirección, podedes contactar con nós a través do correo do colexio (indicade no asunto a atención de Susana ou Fátima)

ceip.milladoiro@edu.xunta.es


Apertas para as familias e o noso alumnado. A coidarse e coidarnos...

TODO IRÁ BEN!


9.3.20

Muller e Ciencia: Isabel Zendal Gómez

Esta semana conmemoramos a Semana da Muller 2020 viculándoa coa Ciencia.
Por iso seguindo o noso proxecto reproducimos a biografía de Isabel Zendal no Laboratorio de Imaxe empregando a técnica croma e reutilizando os nosos disfraces de Entroido.
E velaquí o resultado que presentaremos o vindeiro xoves 12 na nosa biblioteca aos nosos compañeiros e compañeiras despois de que cantemos a canción "Isabel Zendal" dos Lunnis.
A disfrutar da primicia e esperemos que vos guste!