29.10.21

2°EP - Magosto

Boas a todos e a todas!
Aquí vos quedan unhas imaxes do día de hoxe onde gozamos dunha xornada de xogos tradicionais e castañas.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

Plástica. 1º EP/6º EI

Mouchos, curuxas, sapos e bruxa...

Amosámosvos algunhas das realizacións plásticas que fixemos no que levamos de outono e que decoran o noso corredor. 

Sodes uns e unhas grandes artistas!

(Máis imaxes na galería)




27.10.21

2°EP - 18 Escritoras Galegas

Boas a todos e a todas! 

Para celebrar o Día das Escritoras (18 de outubro) e o Día das Bibliotecas (24 de outubro) unimos ambas conmemoracións a través da Tarefa Integrada "Pondo cara a...18 Escritoras Galegas". 
Nesta tarefa, o alumnado pon en práctica a Formación de Usuarios/as da nosa Biblioteca e a Alfabetización en Información para asociar cada título, cada nome e apelidos á imaxe da escritora correspondente.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.


25.10.21

Samaín 1ºEP/6ºEI

Co gallo da festividade do Samaín conmemoramos estos días a tradicional Semana de Lecturas Terroríficas. Este ano o Equipo de Biblioteca/EDLG propuxo indagar sobre contos, lendas, cantigas... de Malpica/Costa da Morte. 

Presentamos varios dos produtos que nos chegaron por parte das familias. 

- A lenda das Torres de Mens, contada por Izan Cambón. 
- A lenda do Xigante Xacintón, contada por Xulia Ordóñez.
- Cantiga popular, recitada por Martina, Adrián, Alba, Ismael, Rita e Martín Veiga. 


Grazas a todas pola vosa participación. 










22.10.21

2º EP - Todos/as con La Palma

 

2° EP - Exposición de cabazas (Samaín 2021)

Boas a todos e a todas!

Como xa é tradición, este Samaín fixemos a nosa exposición de cabazas diante da aula. Ademais, hoxe percorrimos os corredores da escola para ver todas as cabazas feitas polos nosos compañeiros e compañeiras dos demais cursos.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.

Exposición de cabazas. 1ºEP/6ºEI

A nosa tradicional exposición de cabazas elaboradas en familia, coa temática de Malpica/Costa da Morte foi todo un éxito este outono. Orixinais e marabillosas. 
Moitas grazas pola vosa colaboración. Sodes uns/unhas artistas!






20.10.21

2º EP - Laboratorio Documental

Co gallo da conmemoración do Samaín propúxose, desde o Laboratorio Documental, indagar sobre lendas, mitos, refráns, adiviñas, cantigas...de Malpica. 

Para levar a cabo este laboratorio, comezamos realizando unha formación de usuarios dende a aula e na Bibliteca do centro, fomentando o coñecemento e a distribución da nosa biblioteca, os materiais que nela atopamos, e como buscar de forma efectiva. 


Este laboratorio completámolo elaborando un produto audiovisual dunha obra escollida, no noso caso, a canción de Malpica Ten.

Aquí vos quedan unhas imaxes e o vídeo!






17.10.21

Hoxe Le...

A biblioteca vai recuperando actividades que tivemos que interrumpir coa chegada do COVID-º9. Unha delas é o programa de animación a lectura HOXE LE no que nenos e nenas a partir de 3º de Primaria comparten unha lectura cos máis pequenos/as. 

O xoves é o día da semana no que os nenos e nenas de 6º de Infantil e 1º de Primaria visitaremos a biblioteca durante a Hora de Ler para desfrutar desta actividade. 

 


15.10.21

A miña localidade. 6º EI/1º EP

Ola a todos e a todas

Na área de Ciencias Sociais estamos aprendendo sobre a nosa localidade, Malpica de Bergantiños, actividade que incluímos no PDI deste curso e que leva por nome Nós: patrimonio in-MATERIAL. Queremos amosarvos o ben que nos quedou o mural que puxemos na entrada da aula e que fixemos conxuntamente cos compañeiros de 6º de Infantil. 

Picando nesta imaxe accededes á galería de fotos. 




8.10.21

2º EP - Lecturas compartidas: Hoxe Le...

Boas a todos e a todas!

A nosa Biblioteca retoma este curso a actividade Hoxe Le. Por iso, cada venres na hora de lectura, achegarémonos á biblioteca para dar protagonismo ás lecturas compartidas.

Hoxe desfrutamos dun Kamishibai da man de Icía e Antía de 6º de Educación Primaria.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.



1.10.21

2º EP - Cuando estoy enfadado (VSC)

Boas a todos e a todas!

Hoxe mostrámosvos aquí o mural que realizamos en Valores Sociais e Cívicos a partires do libro Cuando estoy enfadado de Trace Moroney. Con este libro traballamos o enfado (que actúa como unha bomba ou un volcán en erupción) e como xestionalo. Como desactivarías ti a bomba do enfado?


Aquí vos deixo o resultado: