30.5.22

TOUPICIENCIA SHOW

 

 A pasada semana, o alumnado de 4º E.Infantil a 2º de E. Primaria disfrutou na biblioteca dun espectáculo moi divertido da man de Toupiciencia e o seu axudante Petronio.

Realizaron experimentos que nos achegaron ó método científico de forma dinámica e facendo maxia, xa que a súa labor é ir polos coles buscando ós futuros científicos e científicas.


Foi unha actuación espectacular onde o pasamos xenial, Moitas grazas ó Consorcio por traer á Xanela do Maxín ó noso centro!!!!


Premer na imaxe para acceder á galería


19.5.22

Malpica, vila baleeira

Hoxe foi unha día especial de cole xa que os nenos e nenas de 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria  fomos de excursión á vila de Malpica. Camiñamos ata o mirador privilexiado da atalaia para coñecer parte da nosa historia da man do mestre xubilado Xurxo Alfeirán. 

Seguimos deste xeito mergullándonos no PDI deste curso_NÓS: patrimonio in-MATERIAL.

En Malpica, fai 300 anos aproximadamente, cazaban baleas que pasaban pretiño da nosa costa, tras as illas Sisargas. Derretían a graxa para fabricar saíl  que era un tipo de aceite que servía para o alumeado das casas e rúas. A graxa tamén servía para a fabricación de xabón e o curtido de peles. 

Aprendemos vocabulario novo como talieiro, arpoeiro, mareante, chalupa, motila, saíl...

Tamén visitamos a Casa do Pescador, actual Fogar dos pensionistas, onde vimos os cadros, lámparas e outras obras que o pintor Urbano Lugrís deixou no seu paso por Malpica, fai máis de 60 anos. 

Nun deses cadros aparece escrito un texto que fai referencia ao pasado baleeiro da nosa vila

En tempos, os fortes homes de Malpica cazaban a balea por lonxanos mares.

Picando nesta imaxe podedes ver máis fotos desta xornada.




13.5.22

2ºEP - Día das Letras Galegas

Boas a todos e a todas!

Estes días estivemos investigado sobre a vida e obra de Florencio Delgado, avogado e escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Ademais de ler a súa historia, tamén realizamos algunha actividade interactiva para coñecelo un pouco máis.

Para darlle identidade a este día e conmemorar a nosa lingua, elaboramos un poema arredor dunha imaxe de Malpica no 1930. Aquí o tendes!


Pica na imaxe para ver máis fotografías do proceso.



2ºEP - Plantando árboles con pinceles

Boas a todos e a todas!

No día de onte, levamos a cabo a actividade enmarcada dentro do proxecto “Plantando árboles con Pinceles” de Afundación. Este proxecto traballa o coidado medioambiental a través da realización de murais artísticos, colaborativos e ecolóxicos en centros educativos. Para a realización destes murais, e tamén das nosas bolsiñas, empréganse pinturas fotocatalíticas anticontaminación (absorben o CO2 do ambiente).

Pica na imaxe para ver as fotografías da actividade.



Coida do medio, coida do noso!

9.5.22

2ºEP - As nosas plantas

Boas a todos e a todas.

Para rematar o tema das plantas, comezamos este trimestre plantando diferentes sementes. Nun primeiro lugar, observamos diferentes clases de sementes (tamaño, forma, tipo…). Despois, escollemos a semente para plantar e vimos o proceso de xerminación.

Hoxe xa temos algún brote e esperamos que ao longo destes días vaian saíndo todos. Segundo vaian crecendo iremos completando a nosa folla de seguimento (data na que plantamos a semente, medida da semente, días que humedecemos a terra, data na que se viu o primeiro brote, debuxo da folla…).

Pica na imaxe para ver as fotografías da actividade.



4.5.22

Concerto de Lydia Botana

 

 Hoxe o alumnado de infantil e 1º ciclo de Educación Primaria, gozamos do concerto de Lydia Botana no Centro Cívico, co espectáculo De Aquí para alá, organizado polo Concello de Malpica, no que acompañamos a unha bolboreta pola súa viaxe ó redor do mundo.



Premer na imaxe para acceder á galería


Foi moi divertido, colorido e escoitamos unha grande variedade de instrumentos!!!!!!!!!!