23.12.19

Laboratorio de Cociña 1º

Quixemos rematar o trimestre visitando o laboratorio de cociña para elaborar unha árbore de Nadal comestible xa que empregamos froitas variadas. Manter unha alimentación saudable, co consumo diario de froita e verdura axudaranos a medrar sans e fortes. Divertímonos no proceso e puxémonos as botas de froita bañadas cun chisquiño de xirope de chocolate.

Boas e saudables festas!!













20.12.19

Bo Nadal! (2º)





Fin proxecto cómic: comunicando! (2º)


Terceiro Laboratorio de Son (Radio Balea)

Dende finais de novembro e este curto mes de decembro o grupo 1 estreou un novo programa: Musicadoiro.
A sección que iniciou esta estrea foi "Bulimos nas ondas" adicada á música infantil galega e, especialmente, a Paco Nogueiras.
Temos que felicitar pola súa motivación e paciencia, de entre os tres grupos que este primeiro trimestre pasaron polo laboratorio de son, a este último grupo; xa que tivemos problemas técnicos varios en Radio Balea que nos impedían gravar no estudo, polo que os máis pequenos usamos as gravadoras para emitir o indicativo da nosa radio, as cuñas e as ráfagas emitidas; namentras os maiores tentaban locutar o programa.
Finalmente, Musicadorio: Bulimos nas ondas puido emitirse no día de hoxe como presentación do concerto que Paco Nogueiras nos ofreceu.
Deixámosvos o programa completo e as fotos que puidemos facer (picando na imaxe accederedes ao álbum de fotos)



https://photos.app.goo.gl/wJqsPvYiRwoUJP9Q9

18.12.19

Saída 1º trimestre: cine e radio

Como peche do 1º trimestre, no día de hoxe, realizamos unha saída que nos achegou a dous medios de comunicación: o cine e a radio.
Comezamos cunha sesión de cine compartida con E.I, e 3º de E.P.; xa que o cine foi unha saída para todo o colexio, un día de convivencia que nos encantou!
Despois de merendar visitamos Radio Voz para coñecer un estudo de radio que emite en directo.
Agradecer a amabilidade de Fran Rodríguez, que nos ensinou o seu traballo detrás do micrófono e na mesa de son. 
Picando na foto accederedes ás imaxes do día.



Obradoiro Makey Makey (2º)

A Asesoría de Bibliotecas Escolares concedeu a todos os centros que participamos no Plan LIA2, unha sesión de formación para o alumnado dentro da Biblioteca Creativa.

Entre os obradoiros ofrecidos, todos moi interesantes, nós escollemos E-Téxtiles, que consiste na creación de circuítos en papel e en téxtiles.




O venres pasado fixemos este obradoiro da man de Paola Guimeráns , unha das maiores expertas neste campo, e organizouse en tres sesións para distintos grupos:


- Makey makey: o alumnado de 2º de primaria utilizou o makey makey para facer un xogo en Scratch. Paola contoulles unha historia sobre un lobo, e uns animaliños escondidos na granxa ós que tiñan que ir descubrindo. Para poder escoitar e recoñecer a cada animal utilizouse o makey makey e circuítos con adhesivo de cobre.

                                 FOTOS

- Circuítos e papel: o alumnado de 4º de primaria realizou unha postal de Nadal, para iso construíron un circuíto sobre papel utilizando adhesivo de cobre, unha batería e luces leds. As postais quedaron moi bonitas e foi increíble a forma en que aprendían a base de facer e de errar, e ver como entre eles axudábanse para que todos os circuítos funcionaran.

                                 FOTOS


- Circuítos e téxtiles: na última sesión de formación , o alumnado de 5º de primaria creou un adorno para árbore de Nadal. Utilizaron un trociño de fieltro no que construíron un circuíto utilizando fío conductor para coser, e engadiron luces leds e adornos. Todos utilizaron a agulla perfectamente, axudáronse mutuamente  e a base de aprender facendo e colaborando, todos conseguiron levar a súa obra para casa con moita emoción.

                                 FOTOS

Nas tres sesións destacou a colaboración entre o alumando, que tivo un papel moi activo, e a alegría de construir algo verdaderamente significativo para eles.


Foi un enorme pracer ter a Paola Guimeráns no noso centro. Moitísimas grazas por todo!!!!

17.12.19

BOAS FESTAS! (1º)

Despois dun longo trimestre chegaron as vacacións. Que sirvan para descansar e repoñer pilas, practicar a lectura cada día un anaquiño e sobre todo disfrutar das festas e do tempo compartido en familia.
Vémonos o 8 de xaneiro.

BO NADAL E FELIZ 2020!!





16.12.19

Visita dos Reis Magos

Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita dos Reis Magos que recolleron as nosas cartas e escoitaron todas as peticións que teñen os nenos e nenas de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria. Podedes ver todas as fotos premendo no seguinte enlace: Reis Magos.


13.12.19

Cociñando Braille (2º)

Hoxe estivemos no laboratorio de cociña escribindo braille con tostas e xarope de chocolate.
Cada grupo escribiu unha palabra relacionada co nadal, tendo moito coidado de non botar demasiado xarope.
Encantounos esta actividade. O mellor foi o final, comer cada letra en braille pois estaban...para chuparse os dedos! Todos coincidimos en que as tostas sabían a...gusanitos!
Picando no seguinte enlace accederedes ao álbum de fotos: COCIÑANDO BRAILLE

https://photos.app.goo.gl/9oXPhDfBwR1iPV2B9

5.12.19

Dereitos da Infancia (1º)

Cada 20 de novembro conmémorase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia e o 3 de decembro o Día Internacional das persoas con discapacidade. Como este trimestre o noso Proxecto de Centro xira en torno á comunicación cada aula preparamos un mural escollendo un artigo da Convención dos Dereitos da Infancia e aprendemos un pouco da Lingua de signos, como un sistema alternativo de comunicación que usan maioritariamente a comunidade de persoas xordas. Os nenos e nenas de 1º de Primaria elaboramos este cartel que vos amosamos a continuación. Se premedes na imaxe accederedes ao video que gravamos en Lingua de Signos co Dereito de todos os nenos e nenas a xogar, divertirse e descansar.