Amosando publicacións coa etiqueta As plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta As plantas. Amosar todas as publicacións

9.5.22

2ºEP - As nosas plantas

Boas a todos e a todas.

Para rematar o tema das plantas, comezamos este trimestre plantando diferentes sementes. Nun primeiro lugar, observamos diferentes clases de sementes (tamaño, forma, tipo…). Despois, escollemos a semente para plantar e vimos o proceso de xerminación.

Hoxe xa temos algún brote e esperamos que ao longo destes días vaian saíndo todos. Segundo vaian crecendo iremos completando a nosa folla de seguimento (data na que plantamos a semente, medida da semente, días que humedecemos a terra, data na que se viu o primeiro brote, debuxo da folla…).

Pica na imaxe para ver as fotografías da actividade.



7.6.21

Proxecto As Plantas_2º de Primaria

 O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día do Medio Ambiente polo que a aula de 2º queremos amosarvos como foi medrando o noso proxecto de aula sobre as plantas.

Iniciamos este proxecto polo mes de marzo plantando unha variedade de sementes: xirasois, flores, lentellas…Fomos observando a súa evolución durante a xerminación e crecemento de cada planta anotando nunha plantilla os cambios observados (crecemento do talo, saída de follas ou flores no caso dos xirasois).

Durante o proceso e a pesares do seus contínuos coidados,  tivemos algún que outro problema. Algunhas das plantas enfermaron por causa dun minúsculo bicho e tivemos que tratalas cun produto específico e outras morreron. Cas que foron sobrevivindo fomos trasplantándoas a outras macetas máis grandes, reutilizando envases de plástico.

Achegándose o Día do Medio ambiente aproveitamos estes envases para decoralos con redes de pesca, cunchas e figuriñas que fixemos nos mesmos e algunhas delas forman parte da exposición colectiva do cole.

Foi un proxecto moi motivador e ilusionante que podedes ver no álbum de imaxes que vos presentamos a continuación.