28.10.22

2ºEP - FELIZ SAMAÍN!!!

 


1º e 2º de EP - Experiencias Sensoriais no Samaín

Bo día a todos e a todas!

Hoxe, para conmemorar o Samaín, o alumnado de 1º e 2º de EP visitamos a aula sensorial para realizar varias actividades relacionadas con esta festividade: baleirado de cabazas, pantasmas de flocos de millo, escenas terroríficas creadas con pezas imantadas, pocións, pintado de cabazas

Queres ver as imaxes? Pica na seguinte fotografía.



27.10.22

Un Samaín para comelo_1º de Primaria

O alumnado de 1º de Primaria pasou hoxe polo laboratorio de cociña para elaborar dúas receitas moi acaídas para estos días: ovos recheos con arañas e sandwich mostruoso. 

Anteriormente escribimos as receitas cos ingredientes e materiais necesarios así como os pasos que debíamos seguir para a súa elaboración. 

Deixámosvos algunhas imaxes desta actividade. 

Preme na imaxe para acceder á galería






25.10.22

2ºEP - O monstro das Sisargas

Boas a todos e a todas!

Este curso abrimos o blogue co Samaín e coa XIII Semana das Lecturas Terroríficas.

Ao longo destas semanas vimos preparando un Kamishibai dun conto de produción propia baseado no libro Onde viven os monstros de Maurice Sendak.

Despois de adaptar o texto, realizar as ilustracións e montar o Kamishibai, creamos a historia “Os monstros das Sisargas”, e hoxe, na hora de ler presentámolo diante de todos os nosos compañeiros e compañeiras da man de Martina e Rita.

Aquí tendes unhas imaxes.







O HOME DO SACO_1º de Primaria

Hoxe dou comezo a XIII semana das Lecturas Terroríficas na nosa Biblioteca Escolar e a aula de 1º de primaria presentou un video que vos amosamos a continuación. 

Fixemos unha adaptación do conto O home do saco de Enric Lluch. 

Preme na imaxe para acceder ao vídeo




7.10.22

Que me contas? 1º de Primaria

O pasado 3 de outubro a biblioteca escolar abríu un curso máis as súas portas. Era un día esperado por todo o alumnado do centro. 

Esta imaxe corresponde ao primeiro día no que os nenos e nenas de 1º elexían un conto para levar as súas casas e compartir coas súas familias durante unha semana. Esta actividade enmárcase dentro do programa de animación á lectura QUE ME CONTAS?

A cova na que se refuxian para ler é a estrutura de vimbio que fixemos o curso pasado entre todo o alumnado do centro, coa participación tamén das familias que poideron e quixeron achegarse.