25.11.22

2ºEP - 25 N: Ás contra a violencia

Boas a todos e a todas!

Ao longo desta semana, viñemos traballando arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro).

Partindo do libro Artur e Clementina de Adela Turin vimos que a violencia non só queda reducida ao maltrato físico, se non que tamén existen outros tipos de violencia. A partires disto, fomos facendo unha choiva de palabras contrarias á violencia, as cales escribimos nunhas plumas para crear estas ás que simbolizan a liberdade de dereitos, de oportunidades …

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



24.11.22

1º e 2º EP - TEATRO: Iriña Bailarina

No día de hoxe, @s nen@s de E. Infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria acudiron ao Centro Cívico para desfrutar da actuación de Teatro Ghazafelhos con Iriña bailarina.

Unha obra baseada no libro, de mesmo título, de Cristina Justo e Paloma Rodríguez. Exemplar editado por Embora dentro da colección "A igualdade conta" para dar tratamento á igualdade de xénero e aos estereotipos sociais. Premendo na imaxe accederedes ao exemplar rexistrado no catálogo da nosa Biblio.

Agradecemos á ANPA Ventorrillo a xestión e organización dunha actividade complementaria que nos permite seguir dinamizando cultura, educando en valores de vida... porque seguimos querendo cambiar o conto.


Leo.

23.11.22

1º e 2º EP - Lúa quere viaxar a Marte.

Boas a todos e a todas!

Onte tivemos a visita de Celtia Figueiras (produtora, directora, actriz e escritora) de A Xanela do Maxín, quen nos trouxo un espectáculo de monicreques sobre o conto Lúa quere viaxar a Marte (neste enlace podedes volver a escoitar ou descargar o audio-conto). 

“Despois de dar a volta ao mundo, Lúa sorprende a familia e as amizades cunha gran nova: agora quere ir a Marte! Malia todos os atrancos e dificultades, Lúa non está disposta a renunciar ao seu soño de ser astronauta e fará todo o posible para logralo e poder viaxar ao planeta vermello”.

Unha gran historia e unha boa actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



2º EP - Nós... tamén escribimos!

Boas a todos e a todas!

A pasada semana, Leo deixounos un escrito para animarnos a que, de aula en aula, escribísemos unha historia arredor de Galicia onde a máquina de escribir fose a ferramenta empregada.

Sen medo a errar, como ela nos di, puxémonos mans á máquina para seguir a historia que xa comezaran os nosos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria…


Pica na imaxe se queres ver máis fotografías da actividade.


14.11.22

2ºEP - Emocionómetro

Boas a todos e a todas!

Ao longo deste trimestre, na área de Valores Sociais e Cívicos, viñemos traballando arredor das emocións. 

Para iso, empregamos o libro El emocionómetro del Inspector Drilo de Susanna Isern, onde fomos descubrindo cada unha das emocións a través dos casos deste inspector tan particular.

Pica na imaxe para ver máis fotografías da actividade.



10.11.22

MELGA_1º e 2º EP

Hoxe realizamos a primeira saída escolar do curso ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia), en Ponteceso. Tivemos unha visita guiada da man do seu fundador: Ricardo Pérez y Verdes, un home entusiasta que nos ensinou parte dos 4.000 xoguetes que alberga o museo e algún que outro xogo. 

Foi unha xornada que disfrutamos moito,  moi divertida e didáctica. 

Preme na imaxe para acceder a galería. 




 

7.11.22

EDUsaúde_1º e 2º de EP

Bo día, 

Na xornada de hoxe o 1º ciclo de primaria participou nun obradoiro sobre saúde e boas prácticas nutricionais enmarcado no Contrato Programa INNOVA_EDUsaúde

Deixámosvos algunhas imaxes do día. 

Pica para acceder á galería



4.11.22

1º e 2º EP - Magosto

Boas a todos e a todas!

No día de hoxe gozamos dunha xornada chea de xogos tradicionais, castañas e música en directo!

Pica na seguinte imaxe para ver as fotografías do Magosto.

3.11.22

1º e 2º EP - XANDOBELA: xogando co patrimonio

Boas a todos e a todas!

Na xornada de hoxe recibimos a visita de Nerea, pedagoga e educadora social de Xandobela, para levar a cabo unha actividade enmarcada dentro do proxecto "Xogando co Patrimonio": "Pegadas do noso".

Esta proposta xira ao redor do patrimonio cultural inmaterial galego (traxes, lendas, adiviñas, música...) desde unha perspectiva participativa e lúdica. Con este proxecto, buscan espallar o noso patrimonio inmaterial entre as xeracións máis novas, para coñecelo, difundilo, revalorizalo e facelo propio.

Pica na imaxe para ver máis fotografías.