18.6.18

I Día da Ciencia e a Tecnoloxía

Hoxe celebramos o I Día da Ciencia e a Tecnoloxía no Milladoiro, os/as nenos/as pasaron a mañá realizando diferentes actividades en equipo, a mellor maneira de rematar o curso: aprendendo e cooperando.
Para ver as imaxes do día picade na seguinte foto.


6.6.18

Lecturas Pequechas 2º

Ao longo de todo o curso, cada luns na Hora de Ler o alumnado de 2º foi ler un conto, en galego, ao alumnado de Educación Infantil. Unha actividade moi enriquecedora e coa que disfrutaron moito. Todo un éxito, repetiremos!