3.12.18

Submarino lector

Rematamos os nosos submarinos lectores!
Unha maneira de facer un pouco máis entretida a adquisición da lectoescritura, agora a subir niveis lectores.



23.11.18

Arco da vella dobre

Hoxe o ceo brindounos un agasallo, un arco da vella dobre!
Todos/as pegados/as as ventás para ver a gran marabilla no ceo.








5.10.18

Biblio e radio escolar 1ºA

Este verán a nosa biblio e radio escolar estiveron en obras.
Visitamos os espazos renovados, encantáronnos!
A biblio pronto contará cun espazo para fedellar, un makerspace.
Esperamos ansiosos a súa inauguración!





18.6.18

I Día da Ciencia e a Tecnoloxía

Hoxe celebramos o I Día da Ciencia e a Tecnoloxía no Milladoiro, os/as nenos/as pasaron a mañá realizando diferentes actividades en equipo, a mellor maneira de rematar o curso: aprendendo e cooperando.
Para ver as imaxes do día picade na seguinte foto.


6.6.18

Lecturas Pequechas 2º

Ao longo de todo o curso, cada luns na Hora de Ler o alumnado de 2º foi ler un conto, en galego, ao alumnado de Educación Infantil. Unha actividade moi enriquecedora e coa que disfrutaron moito. Todo un éxito, repetiremos!

21.5.18

Mural Nadarín

Como todo o curso traballamos por equipos, seguindo o título do Plan de Formación do Profesorado "Aprendemos cooperando, convivimos dialogando", realizamos un gran mural con Nadarín. Non hai conto mellor para exemplificar a cooperación e o diálogo. Esperamos que vos guste!


24.4.18

Radio escolar: Radio Balea. 2º

No 2º trimestre estreamos Radio Balea con gran éxito, voltaremos ao longo deste último trimestre!

7.4.18

Recreos na biblio. 2º

O alumnado de 2º divírtese na biblio cos escornabots e xogos de construción, a seguir creando!











6.4.18

Visita de AENEA

Esta semana visitounos Lola de libraría AENEA para presentarnos interesantes libros e ata un xogo de construción para futuros grandes arquitectos.
Algúns deles pasarán a formar parte da nosa biblitoteca escolar.
Unha gozada de visita. Grazas Lola!








20.3.18

Visita de Antonio García Teijeiro

Imaxes do encontro que tiveron co insigne escritor os nenos e nenas de 1º e 2º.
Unha mañán chea de poesía!