30.9.21

2º EP - Que sabemos sobre Malpica?

Boas a todos e a todas!

O alumnado de 2º de Educación Primaria visitou esta semana Radio Balea para gravar un programa encadrado dentro do novo PDI, "Nós: Patrimonio In-Material". 

Despois de facer unha choiva de ideas na aula e ver que era o que sabía cada un de nós sobre Malpica, montamos este pequeno programa onde expoñemos a idea inicial que ten o alumnado sobre o tema.

Espero que vos guste este primeiro Podcast!


Pica na imaxe para ver máis fotografías.



29.9.21

Laboratorio de Cociña. 6º de Infantil/1º E.P

Na xornada de hoxe  visitamos o laboratorio de cociña acompañados dos nenos e nenas de 6º de Infantil. Eles/as foron os encargados/as de explicarnos todos os pasos para facer un ourizo con froitas de temporada, peras e uvas. Tamén tiñamos figos e mazás pero non os utilizamos desta vez.

Picando na imaxe poderedes ver máis fotos deste laboratorio que ademais de divertirnos repasamos e traballamos con conceptos matemáticos como a metade ou a decena.




 

28.9.21

Que sabemos sobre Malpica? 1º E.P/6º E.I

Ola a todos e a todas: 
Os nenos e nenas de 1º de Primaria, xunto cos compañeir@s de 6º de Infantil, visitamos Radio Balea para facer a nosa primeira gravación deste curso  e contarlle ao mundo que coñecemos do noso Concello, Malpica de Bergantiños, xa que no noso colexio estreamos un novo PDI que leva por nome: Nós, patrimonio in-MATERIAL  
Este é o podcast.