18.6.19

Lapbooks de 1º

Hoxe repasamos os lapbooks feitos en cada trimestre: os seres vivos, o noso corpo aliméntase, materiais e máquinas.
Agora toca disfrutalos en familia e animarse a facer algún na casa con diferentes formas e materiais.

































17.6.19

Arte coas crebas

O mestre Josecho organizou a exposición "Arte coas crebas" e nela xa se recollen as nosas obras: non máis lixo no mar e a serea Leo.
Estades convidados a visitala o venres 21 de xuño co gallo da celebración do IV Día da Familia.



14.6.19

Saída FENAUCAM


Hoxe as aulas de 1º e 2º visitamos FENAUCAM (Feira Naútica de Camariñas), o faro Vilán e xantamos no Ariño, entre pinos á beira da ría de Camariñas.
Pasamos un día xenial!
Para ver as fotos da saída picade no seguinte enlace:

13.6.19

11.6.19

Experimentamos con auga

No laboratorio de cociña fixemos 3 experimentos con auga para completar o último lapbook do curso e elexir un deles para o II Día da Ciencia e a Tecnoloxía.
Eleximos...a ilusión óptica coa auga! Na aula de 1º faremos maxia coas letras grazas á auga.


Visita 6º E.I.

Hoxe, na hora de ler, visitáronnos os compañeiros/as de 5 anos porque o vindeiro curso inician Primaria.
Fixeron moitas preguntas: é difícil aprender a ler?, hai exames en 1º?, hai casiña no recuncho para xogar?; e estiveron moi atentos/as ao conto que lles lemos "Alex e o rato de corda"
Agasallámolos cun debuxo de Guille, o rato de corda e esperámolos o curso que vén en 1º, pois nós xa seremos un chisco máis maiores, estaremos en 2º!








4.6.19

Un mar de baleatos (green screen)

Coñecemos a Jaques Cousteau e aproveitando as nosas cabezas de baleatos do entroido puxemos en práctica a técnica croma ou green screen. Compartimos con todos vós as nosas horas de diversión e aprendizaxe: NON ENSUCIES OS MARES...COIDA O MEDIO AMBIENTE!


3.6.19

Un mar de crebas: Leo

Imaxinación e creatividade ao poder entre crebas! Creamos á mascota da nosa biblioteca: a serea Leo.















Leo cun libro e un xeado.