17.11.12

Os contos da rata Luisa

Sei que eses contos gústanvos moito. Así que, hoxe encontreime con estes xogos e pensei que serían un excelente agasallo para xogar neste fin de semana de frío, frío e choiva, choivaaaaa.
Só hai que premer sobre a imaxe e xa estarás nos xogos.
Ah! Xa sabes que na biblio temos tódolos libros da rata Luisa.

25.10.12

Xogo do Samaín

Mirade que xogo tan entretido atopei para vos. Fixérono na EEI Monte da Guía de Vigo e a min paréceme que vos vai gustar moito, moito. A ver se é verdade! Para xogar hai que pinchar co rato sobre esa foto e... xa está! Podes atopar máis xogos no blog da biblio.

25.6.12

Festival fin de curso 2011/12

GRAZAS á ANPA polo bonito fondo de escenario que deseñaron, ao concello e a todo o profesorado.

Fin de Curso 2011/12

Os pícaros do Milladoiro queremos agradecer a todo o profesorado, á ANPA e ó concello o seu esforzo para que tivesemos un Fin de Curso tan redondo.
No seguinte enlace atópanse as fotos de todas as celebracións: Tómbola, Festa de Ciclo, Festival, Convivencia e ata a nosa revista.

"Un ano de conto"

Os pícar@s de 2ºA rematamos o curso coa encuadernación do noso propio libro-lupa "O frautista de Hamelín" de Kalandraka.
O vindeiro curso estará dispoñible na biblio, en producións propias.



5.5.12

Día da Nai




Picando nos seguintes enlaces poderedes ver os agasallos dos pícar@s de 2ºA  para o Día da Nai, así coma os debuxos do concurso "Deseña unha xoia para a túa nai".

28.4.12

Saída Museo de Belas Artes

O xoves visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña, TODO UN ÉXITO!!!
Os guías do Museo contáronnos os segredos que encerraba cada cadro, analizando un a un todos os personaxes: xogadores de cartas, seres mitólóxicos, raíñas e princesas.
E para finalizar a visita, un obradoiro para expresar todo o arte que levamos dentro completando un cadro de Isaac Díaz Pardo "Xentes que ollan".
A saída finalizou na estación de trens, onde xantamos coa chegada e saída de pasaxeiros.

14.4.12

"Cuentos para jugar"

Xa contamos con  "Cuentos para jugar" de Gianni Rodari entre os nosos recursos.
Na pestana superior "Contos" engadín o enlace para poder seguir gozando dos contos de Rodari.
Entre eles está "El flautista y los automóviles", o cal nos serviu de exemplo para realizar os nosos contos ao revés.
A seguir gozando dos contos do gran Rodari!!!



23.3.12

Máis recursos

O listado de recursos que podedes atopar picando na barra superior vai aumentando día a día.
Agradecemos a aportación de Leo: o diccionario visual interactivo, o cal xa está incluído nos recursos de 1º e 2º coma unha ferramenta moi útil para mellorar o noso vocabulario e polo tanto a nosa expresión oral e escrita.
Como novos recursos engadidos en Contos destacar:
  • Poemitas de Carmen Gil Martínez a autora dos poemas que xa vimos, e tanto nos gustaron, "David y el Madrid" e "Simona y el Barcelona"; así coma tamén escribiu o conto "A princesa que bocexaba a todas horas" da editorial OQO.
  • Mortadelo e Filemón. Unha tira semanal para partirse de risa!!!
  • "Cuentos y leyendas" ilustrados por nenos.
E moitos máis, para que aprendamos de maneira lúdica e motivadora.

22.3.12

Diccionario Visual Interactivo


Mirade que cousiña tan xeitosa! Trátase dun diccionario visual e interactivo galego-castelán-inglés. É de total confianza pois está feito desde a Consellería de Educación e, en principio, pensado para quenes veñen de fora para Galicia pero eu estou segura de que a nós tamén nos ven moi ben.

Na parte inferior ten un menú no que podes escoller como queres buscar ou que palabras queres aprender, ou xogar con el por ver cantas palabras sabes, como se pronuncian correctamente... A min pareceume útil e divertido.
¿Xogamos?
(Pincha sobre esas palabras que aparecen de outra cor)

3.3.12

Os nosos traballos I

Unha primeira entrega dos traballos que estamos a realizar ao longo do curso en torno ao conto popular "O frautista de Hamelín".
Contamos cunha pequena exposición dos nosos traballos a pé de aula, co fin de compartila con  tod@s @s compañeir@s do cole.
Neste traballo contamos coa axuda das nosas familias, que se esmeraron moito en que o frautista lucira así de guapo.


"Entroido de ratos"

O Entroido estivo cargado de contos populares e entre eles "O frautista de Hamelín".
Grazas a profe Sandra por guiar tan ben aos ratiños coa súa frauta. Non os levou ao río, non, levounos ata a praia Area Maior de Malpica onde queimaron o farruco.